FADEMGA - Plena inclusión - Galicia Transformación

  Transformación

Listen to this page using ReadSpeaker

O conxunto de redes, entidades e servizos a través dos que ofrecemos apoio a persoas con discapacidade intelectual e familias está, dende a súa creación, nun proceso permanente de reflexión e cambio.

Agora, estamos a asistir en gran parte do mundo a un momento de profunda reflexión e transformación.

Necesitamos transformar as nosas organizacións e servizos, que foron creados mirando só á discapacidade, cara a organizacións e servizos orientados e centrados en cada persoa, na súa calidade de vida e os seus dereitos.

O modelo de atención que perseguimos é un modelo centrado na persoa, na familia e no contexto natural (fogar, escola, comunidade...) que se desenvolva coa colaboración estreita e en igualdade entre persoas, familias e profesionais. 

Asimesmo, este modelo debe asentarse no uso de prácticas que conten con coñecemento e evidencia científicos sobre o funcionamento humano e sobre as claves para o seu benestar, tanto individual como familiar.

 

Un modelo que teña un compromiso irrenunciable cos dereitos de todas as persoas.