O servizo de apoios para o emprego é un servizo fundamental e imprescindible para poder acadar a inserción sociolaboral das persoas con discapacidade intelectual no mercado de traballo actual.
Dadas as características e necesidades especiais das persoas so noso colectivo, a figura de apoio do preparador laboral é primrodial.
A través deste servizo ofrécense os apoios necesarios para unha correcta inserción sociolaboral das persoas con discapacidade intelectual na empresa ordinaria, mediante accións de formación e acompañamento a estas persoas no posto de traballo. Estes apoios serán diferentes en intensidade en función da modalidade de inserción laboral da que se trate:
- Contratación directa: con apoio puntual dos profesionais do servizo.
- Contratación directa ao abeiro do RD 870/2007 polo que se regula o programa de emprego con apoio como medida de fomento do emprego de persoas con discapacidade no mercado de traballo ordinario: apoio intenso no posto de traballo durante un período máximo de 2 anos.
- Formación práctica na empresa previa ao emprego con apoio: a parte do apoio prestado e necesario en cada proceso de inserción, proporciónase formación teórica e práctica antes da contratación.
As accións que se desenvolven dende este servizo son:
• Prospección de empresas.
• Información a empresas sobre os incentivos e bonificacións nas cotas da seguridade social que leva a contratación de persoas con discapacidade intelectual.
• Análise e avaliación do posto de traballo.
• Selección de candidatos (xunto co SIOL).
• Formación teórica:
- Información da empresa colaboradora. - Formación en habilidades sociais. - Formación en relación a cuestións laborais. - Información sobre o posto de traballo a desempeñar.
• Formación práctica (no propio posto de traballo).
• Acompañamento e seguimento durante e despois da inserción laboral.