Defínese a calidade FEAPS como un modelo configurado por tres aspectos esenciais, de modo que ningún deles pode faltar ou ter desenvolvementos significativamente diferentes dos outros dous.

O modelo de Calidade FEAPS está composto por:
• Calidade de vida (seguindo as 8 dimensións de Shalock e Verdugo e o modelo de calidade de vida familiar de Poston e colaboradores).
• Calidade na xestión (seguindo 8 principios da calidade total).
• Compromiso ético (segundo os 10 valores do código ético de FEAPS).
¿Cáles son os principios da calidade FEAPS?
En concreto, FEAPS asume, a modo de política global de calidade, os seguintes principios:
• unha concepción da discapacidade intelectual que afirma o valor de toda persoa por encima dos seus perfís de capacidade e limitación;
• calquera persoa pode permanentemente progresar si conta cos apoios axeitados;
• o papel do entorno é esencial;
• a familia é a base da inclusión social;
• a persoa debe ser un axente esencial na construción do seu destino e na planificación do seu futuro.
¿Cáles son as bases do Modelo de calidade FEAPS?
• A calidade é un compromiso ético, non só unha decisión da dirección.
• Toda persoa ten valor por riba dos seus perfís de capacidade e limitación .
• As entidades deben buscar a mellora continua porque as persoas sempre poden progresar si contan cos apoios axeitados.
• As entidades deben xestionar ben tódolos recursos , de xeito eficiente, transparente e orientada a producir calidade de vida nos seus clientes.
• O papel do entorno é esencial, a que a inclusión social é clave para calquera cidadán. Por iso é preciso realizar accións no entorno, alianzas.
Para poder avaliarse nos tres componentes da CALIDADE FEAPS, o movemento asociativo conta cun Sistema de Avaliación da Calidade propio que pon a disposición das suas entidades, a través da persoa Responsable de Calidade da Federación.
Modelo Calidade FEAPS