Dende a Federación damos apoio ás nosas entidades....
REPRESENTÁNDOAS
ante entidades públicas e privadas dos seus representados (persoas con discapacidade intelectual ou do desenvolvemento e familias), velando polo ben común das mesmas.
INFORMÁNDOAS E ASESORÁNDOAS
en todas aquelas cuestións a nivel lexislativo e administrativo que precisen, sexan cuestións internas das propias entidades, ou sexan externas, en relación á administración ou outro tipo de posibles financiadores/colaboradores (trámites a seguir para formar parte da federación, tarxeta de transporte, exención do IVA, información sobre creación de centros e servizos, adquisición de vehículos, cuestións laboráis, aspectos legáis referidos á accesibilidade, adaptación de estatutos, convenios, contratos, solicitudes de subvencións autonómicas e estatais...)
FORMÁNDOAS
dando resposta ás necesidades formativas dos diferentes colectivos que integran ás entidades, co fin de facilitar e potenciar así como manter e desenvolver a cualificación de directivos, profesionais e persoas voluntarias... xa que sabemos que isto revertirá nunha mellora da xestión, e polo tanto, promoverá a excelencia na prestación dos apoios ás persoas con discapacidade intelectual e as súas familias. Igualmente promovemos e xestionamos accións de formación para persoas con discapacidade intelectual ou do desenvolvemento e familias en coordinación coas área correspondentes.
COORDINÁNDONOS
con e entre as entidades federadas, co fin de establecer as demandas a presentar ante a administración e o establecemento dos dereitos e deberes que a todos nos atinxen.
XESTIONANDO INFRAESTRUTURAS, EQUIPAMENTOS E SERVIZOS.
Detectamos as necesidades que as entidades poidan ter en relación a consecución ou mellora de infraestruturas, equipamentos ou servizos, así como a posterior tramitación das mesmas ou a negociación conxunta ante os organismos públicos pertinentes.
O obxectivo é dotalas de medios estruturais, materiais e persoais suficientes que faciliten o desenvolvemento e consecuentemente revirtan nunha mellora da calidade de vida das persoas con discapacidade intelectual ás que prestan apoios e/ou servizos.
Este apoio préstase a través das coñecidas como áreas transversáis: Administración e contabilidade, Calidade, Comunicación e Formación.
En Fademga damos apoio ás asociacións
en moitas actividades que melloran a vida
das persoas con discapacidade intelectual.
Representamos ás asociacións ante as administracións,
porque xuntos temos máis posibilidades
de conseguir avances para o colectivo.
Tamén damos información a aquelas asociacións
que necesitan saber máis sobre algunha lei
ou sobre como conseguir axudas
para mellorar a súa atención.
Damos formación a directivos e profesionais
para que podan prestar a mellor atención
e axudamos ás entidades a que fagan cursos
nos seus centros.
Tamén axudamos ás entidades a conseguir recursos
para mellorar os seus centros e o equipamento
co que prestan atención ás persoas con discapacidade intelectual.