As persoas con discapacidade intelectual atópanse na nosa sociedade, con múltiples barreiras (urbanísticas, arquitectónicas, cívicas, de comunicación...) que lles dificultan, ou lles privan dunha plena inclusión social.
A tarefa do noso Programa de Sensibilización é pór de manifesto estas barreiras e dificultades coas que se atopan as persoas con discapacidade intelectual, para fomentar a aplicación de medidas que eliminen estas trabas así como a instauración de novas prácticas nas formas de facer, pensar e planificar de modo que teñan en conta a diversidade da sociedade e que favorezan a accesibilidade de calquera persoa en todos os ámbitos sociais.
Paralelamente, realizamos diferentes actividades orientadas a fomentar o empoderamento das persoas con discapacidade intelectual: escoitar a súa voz, romper o seu silencio, darlles a coñecer os seus dereitos, formar ao colectivo en materias de liderazgo, portavocía e sensibilización...
Alimentar o seu poder para transformar a súa realidade tanto colectiva como singular é unha cuestión de compromiso ético pero tamén de dereito.