Dende FADEMGA Plena inclusión Galicia poñemos en marcha a campaña #AMiñaOportunidade, orientada ao fomento do emprego entre as persoas con discapacidade intelectual ou do desenvolvemeto.
Para nós o emprego é un obxectivo prioritario de cara a lograr a normalización, a inclusión e a mellora da calidade de vida das persoas con discapacidade intelectual ou do desenvolvemento, xa que o traballo:
- favorece a súa autonomía persoal
- favorece a súa participación na vida da comunidade
- redefine o seu rol no seo familiar
- mellora o seu nivel de autoestima e sobre todo
- porque elas queren traballar.
Por todo elo, desenvolvemos actuacións orientadas a fomentar o emprego e a dar apoio para mantelo a aquelas persoas que xa están a traballar, en todos os ámbitos posibles. Por unha banda, teñen servizos de intermediación laboral, que identifican demandas de traballo dentro e fóra do ámbito da nosa organización, e capacitan ás persoas para cubrir eses postos. Xunto a iso, tamén proporcionan apoios a aquelas persoas que traballan en empresas ordinarias.
Doutra banda, temos un importante proxecto de Emprego Público, facendo accesible o proceso de inscrición á convocatoria, así como a facilitación dos temarios, resolución de dúbidas e clases necesarias para a preparación dos temarios.
** Descarga AQUÍ o folleto da campaña**
:: OS NOSOS CENTROS
Santiago.
Rúa Neira de Mosquera, 1.
Teléfono: 981 56 66 76
Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
Vigo.
Rúa Oliva, 12. Centro Cívico Casco Vello
Teléfono: 986 37 36 12
Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
Lugo.
Avda. Infanta Elena, 11. Local Clara Campoamor.
Teléfono: 982 26 54 36
Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
Ourense.
Rúa da Granxa, 54. Baixo esquerda.
Teléfono: 988 39 13 52
Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.