
FADEMGA FEAPS GALICIA ven de soster a primeira xuntanza co titular da Consellería de Educación, Román Rodríguez, que sustituiu no mes de febreiro a Jesús Vázquez, actual rexedor da cidade de Ourense.
O presidente de FADEMGA FEAPS GALICIA fixo entrega dun dosier de documentación onde se recolle a presencia da federación no ámbito educativo, cun total de 40 entidades asociadas, das cales 14 teñen centros ou aulas concertadas de Educación Especial, dando soporte a 429 alumnos/as con discapacidade intelectual e/ou do desenvolvemento, e contando cun total de 257 profesionais en 84 unidades educativas.
Asimesno plantexáronse as diferentes liñas estratéxicas nas que FADEMGA está a traballar: FP adaptada, certificación dos alumnos/as con discapacidade intelectual, supervisión e alegacións ós diferentes desenrolos normativos , inclusión educativa e transformación de servizos.
Ler máis: FADEMGA reúnese co novo Conselleiro de Educación
Esta nova edición de "Letras para todos" -cuxo programa pode consultarse na web
www.letrasparatodos.org -, centrarase en prácticas relacionadas coa lectura fácil como ferramenta para facilitar o acceso á xustiza; e co apoio das novas tecnoloxías a esta metodoloxía de textos de fácil comprensión.
O encontro está aberto a todas aquelas persoas e organizacións interesadas na lectura fácil, que ademais de inscribirse poden enviar as súas propias propostas de boas prácticas aos organizadores ata o 23 de outubro.
Tras o éxito da pasada edición, FEAPS organiza de novo o Encontro Nacional de Boas Prácticas en Lectura Fácil "Letras para todos". Faino xunto a
Factoría de Arte e Desenvolvemento,
Altavoz Cooperativa e
Dilofácil e co apoio do Ministerio de Educación, Cultura e Deporte, e de Casa do Lector (Fundación Germán Sánchez Ruipérez).
O obxectivo deste 2º encontro é volver compartir experiencias relacionadas coas aplicacións e usos da lectura fácil, unha metodoloxía que fai os textos máis fáciles e comprensibles para persoas con dificultades de lecto-escritura. O encontro celebrarase en casa do Lector (Matadoiro Madrid), os días 20 e 21 de novembro de 2015.
Nesta nova edición centrarase en experiencias que relacionan a lectura fácil co acceso a un dereito fundamental como é a xustiza, e co apoio que poden dar as novas tecnoloxías da información e a comunicación á facilitación de textos. Neste sentido, mostraranse algunhas interesantes aplicacións que xa están a funcionar e que abren novas portas ao desenvolvemento desta técnica de redacción para todas as persoas.
Xunto a iso, a organización do encontro abriu un prazo para recibir propostas das boas prácticas que finalmente se mostrarán no mesmo. Esta recepción de propostas está aberta a todo o mundo e pode efectuarse desde hoxe até o próximo 23 de outubro, a través da páxina web do encontro.
Xunto a estas experiencias, en evento tamén celebrará talleres específicos onde os asistentes poderán practicar e experimentar diversas facetas da lectura fácil (teatro, textos novelados, validación de textos...) Como culminación, este ano o encontro pecharase con dúas conferencias especiais. Por unha banda, unha representante de Clarity International, unha organización que promove a linguaxe sinxela no dereito e a xustiza. Por outra, un membro da IFLA, a Federación Internacional de Bibliotecarios (a primeira organización que redactou unhas pautas sobre esta técnica inclusiva).
O falecemento dun ser querido é unha das perdas máis amargas que pode experimentarse, pero non é a única, hai outras perdas que tamén pode dar lugar o duelo, por exemplo o cambio forzoso de domicilio, perdas de saúde, cambio de persoas de referencia (coidadores, monitores), cambios de rutinas...
As persoas con discapacidade intelectual e do desenvolvemento non son alleas a estas situacións e lonxe de deixalos a marxe, debemos axudalas a superar estos momentos.
Para reflexionar sobre o duelo e os diferentes aspectos asociados ó mesmo, FADEMGA FEAPS GALICIA, organiza a Xornada O proceso de duelo en persoas con discapacidade intelectual, que terá lugar o vindeiro 1 de outubro, nas instalacións do Gran Hotel Los Abetos (San Lázaro s/n 15820 Santiago de Compostela).
Esta xornada está dirixida a persoas con discapacidade intelectual maiores de 45 anos ou en proceso de envellecemento acompañados por algún profesional das entidades de FADEMGA FEAPS GALICIA.
Aquelas persoas interesadas en participar deben enviar o boletín de inscrición debidamente cuberto e asinado (por correo ordinario ou escaneado por e-mail) a Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. antes do 24 de setembro.
Para máis información contacten a través do teléfono 981.519.650, ou correo electrónico Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.. (Persoa de contacto: Pilar Villaverde).

O pasado mes de agosto, o servizo de Respiro Familiar que ofrece periodicamente a Federación, cumpriu o seu vixésimo aniversario. 20 anos nos que os profesionais FADEMGA FEAPS GALICIA veñen ofrecendo prestacións ás persoas con discapacidade intelectual para que os seus coidadores habituais poidan descansar ou recibir asistencia para un problema de saúde ou doutro tipo que lles impida prestarlles nese período toda a atención que requiren.
Os períodos de respiro familiar concéntranse habitualmente en pontes e períodos vacacionais. Neste tempo, os monitores organizan una serie de actividades que responden ós intereses dos participantes e que na medida do posible se tratan de consensuar.
Ler máis: O Servizo de Respiro Familiar de FADEMGA cumpre 20 anos

O pasado xoves, o Presidente de FADEMGA FEAPS GALICIA, acompañado polo xerente da Federación e por un Técnico de Orientación Laboral do Servizo de Información e Orientación Laboral, reuníronse no Concello de Vigo coa Comisión de Seguimento da Convocatoria de Subvencións para o Fomento do Emprego de entidades sen ánimo de lucro do ano 2015.
Durante esta reunión, procedeuse á revisión e aprobación da candidatura presentada para a contratación dunha Preparadora Laboral-Formadora para a Delegación de FADEMGA na cidade de Vigo, cuxa contratación estará subvencionada a través desta convocatoria.

A entidade de ASPADISI, o Concello de Carballiño e FADEMGA FEAPS GALICIA, presentaron o pasado venres o programa de Promoción da Vida Independente posto en marcha pola Federación.
Trátase dun programa que da as ferramentas e capacita ás persoas adultas con discapacidade intelectual para que tomen as súas propias decisións e conten cos coñecementos necesarios para poñelas en práctica de maneira autónoma.
O obxectivo final do programa de Promoción da Vida Independente é que estas persoas consigan unha maior autodeterminación, e gañen progresivamente un maior control sobre as súas vidas e na súa contorna habitual, o que lles aportará unha maior igualdade de oportunidades.
Ler máis: A entidade de ASPADISI acolle este ano o Programa de Promoción da Vida Independente

O vindeiro 30 e 31 de outubro, o Auditorio Príncipe Felipe, en Oviedo, acollerá a celebración do III Foro Consultivo FEAPS.
Persoas con discapacidade intelectual, familiares, profesionais, voluntarios... tódalas persoas do movemento asociativo estades chamadas a formar parte deste evento que se celebra cada catro anos e cuxa culminación e a elaboración do Plan Estratéxico que guiará o noso traballo diario en favor das persoas con discapacidade intelectual.
Dende hai varias semanas, todos podedes participar no deseño da estratexia futura da organización, a través do Foro
Conecta2, onde se ofrecen diferentes vías para que acheguedes as vosas inquietudes e esperanzas no que respecta ao noso movemento asociativo.
Ler máis: Queres asistir ao Foro de Oviedo? Participa no III Foro Consultivo de FEAPS
FADEMGA FEAPS GALICIA está a organizar unha xornada informativa sobre o modelo de emprego no que AEDIS (Asociación Empresarial da Discapacidade) está traballando.
A proposta de AEDIS apunta hacia un modelo de traballo flexible, vinculado ó sistema educativo, centrado na avaliación continua das circunstancias da persoa e con mecanismos de tránsito ou retorno entre servizos.
A xornada correrá a cargo de D. Fernando Rey-Maquieira Palmer, xerente de AMADIP-ESMENT (Illas Baleares) e membro da Xunta Directiva de AEDIS.
Entre outros principios, o modelo de emprego de AEDIS aposta por:
- Deseño de itinerarios por perfil: inserción en empresa ordinaria, centro especial de emprego, centro ocupacional.
- Calificación e profesionalización das persoas con discapacidade intelectual a través de sistemas mixtos de formación e emprego para obter un certificado de profesionalidade (formación dual).
- Dereito de retorno ó CEE desde a empresa ordinaria para aqueles traballadores con discapacidade afectados pola idade, o deterioro físico o u polo fracaso na súa transición laboral.
- Compatibilidade de servizos a través dun sistema mixto. Co obxecto de ofrecer información sobre esta cuestión, organízase unha xornada informativa no Salón de Actos de FADEMGA FEAPS GALICIA.
Está dirixida a profesionais das entidades federadas.
AFORO LIMITADO. INSCRICIÓN ATA LUNS 6 DE XULLO.

Un total de 174 persoas con discapacidade intelectual beneficiáronse do Programa de Vacacións do IMSERSO, que cada ano executa FADEMGA FEAPS GALICIA a través da súa Confederación FEAPS.
Este programa beneficia ás persoas con discapacidade intelectual contribuíndo á súa integración social, co obxectivo de que os usuarios participen social e persoalmente na comunidade. Deste xeito, poden realizar actividades de ocio de maneira integradora, tendo a oportunidade de desenvolver unha maior autonomía persoal. A Federación busca con elo favorecer as relacións interpersoais entre os participantes e inténtase dar cabida a todos aqueles solicitantes en situación de maior desvantaxe social, económica, familiar e persoal.
Ler máis: 174 persoas con discapacidade intelectual benefícianse do programa de vacacións do IMSERSO

Xa podedes consulta a través da sección Documentos, a Memoria de Actividades 2014 e o Plan de Acción 2015, despóis de ser ambas aprobadas pola Asemblea da Federación o pasado 20 de xuño.
Nos documentos atoparedes a información máis relevante das principais Áreas e Programas que desenvolve FADEMGA FEAPS GALICIA durante todo o ano, co fin de mellorar a calidade e vida das persoas con discapacidade intelectual e as súas familias.
Preme nos seguintes enlaces e accederás directamente á documentación:
Memoria de Actividades 2014
Plan de Acción 2015
Para continuar avanzado no proceso de mellora da nosa labor asociativa e para afrontar os retos dun ámbito cada vez máis cambiante, dende FADEMGA FEAPS GALICIA voltamos a relanzar o proxecto de FEAPS en FORMA.
FEAPS EN FORMA naceu como un espazo de aprendizaxe co obxectivo de ofrecernos aos dirixentes (directivos e xerentes) das entidades que integramos FEAPS, a oportunidade de adquirir e mellorar os coñecementos e capacidades que nos permitan liderar, gobernar, xestionar e facer progresar as nosas organizacións en consonancia coa misión, visión e valores do noso movemento asociativo.
Por todo elo, convocamos unha nova edición do curso básico de formación de directivos da Escola de Dirixentes FEAPS EN FORMA. Este curso é un dos requisitos para o acceso á etapa de despregamento e seguintes do Sistema de Calidade FEAPS e para a súa acreditación (Na 2ª etapa de Calidade FEAPS se esixe que polo menos o 50% dos directivos da entidade teñan realizado esta formación).
A convocatoria está dirixida aos membros das Xuntas Directivas das entidades federadas e estará aberta tamén aos Xerentes, que poderán asistir sempre que acudan acompañados, a lo menos, de dous directivos da súa entidade. Podería chegar a incorporarse aspirantes a membros da Xunta Directiva (neste caso, asistirán como alumnos sempre que teñan unha representación minoritaria do total de alumnos).
NOVIDADE!!!
O curso terá unha duración de 40 horas, constará de 5 sesións formativas que se impartirán na aula de FADEMGA FEAPS GALICIA en Santiago de Compostela, excepto no caso de que tódalas solicitudes cheguen dunha mesma provincia.
Oferta: preparador laboral - formador
Número de postos: 1
Localidade: Rúa Oliva, nº 12. Vigo.
Duración: 30 de setembro de 2015.
Titulación: FP en Integración Social ou Titulado de grao medio, nas especialidades de Educación Social, Traballo Social, Maxisterio en Educación Especial, ou outras titulación da rama social.
Valórase: Formación e coñecementos profesionais no sector da discapacidade intelectual e na área social, así como en formación e inserción laboral. Imprescindible carné de conducir e dispoñibilidade de coche.
Requisitos: Estar inscrito como demandante de emprego no Servizo Público de Emprego de Galicia e estar empadroado no Concello de Vigo cando menos desde o 1 de xaneiro de 2014.
Contacto: Enviar cv ata o 25 de xuño a Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.. Indicar no asunto “OFERTA DE PREPARADOR LABORAL- FORMADOR”. É imprescindible achegar copia dixitalizada da tarxeta de demandante de emprego e do volante de empadroamento.
A charla enmarcouse dentro dunha sesión informativa sobre xenética e farmacoxenética organizada por FADEMGA FEAPS GALICIA
O catedrático de Medicina Legal e director do Grupo de Medicina Xenómica da Universidade de Santiago,

Ángel Carracedo, impartiu este luns unha charla sobre “
As probas xenéticas e a farmacoxenética na discapacidade intelectual e/ou do desenvolvemento”, dirixida a profesionais da discapacidade intelectual, que desenvolven actualmente o seu traballo en diferentes asociacións galegas membro de FADEMGA FEAPS GALICIA.
O vicepresidente da Federación galega, Elías Palacio, deu a benvida ao profesor Carracedo, agradecendo a súa implicación e destacando “que é de vital importancia para os profesionais do noso colectivo coñecer con maior profundidade a relación da xenética dentro do campo da discapacidade intelectual e non hai ninguén mellor que o profesor Carracedo, para arroxar luz sobre un área de investigación descoñecido para un gran número de profesionais.”
Ler máis: O catedrático Ángel Carracedo, imparte unha charla sobre xenética a profesionais da discapacidade...
Entidades da discapacidade intelectual galegas, acollerán durante o mes de xuño cursos sobre “Autodeterminación das persoas con discapacidade intelectual”, postos en marcha por FADEMGA FEAPS GALICIA.
A través destes cursos a Federación quere empoderar ás persoas con discapacidade intelectual mediante a formación sobre os seus dereitos, a autodeterminación e sobre a importancia de tomar decisións e a resolución de conflitos.
Os cursos levaranse a cabo nas entidades de ASPANAEX (Vigo, 9 de xuño), PRODEME (Monforte, 10 de xuño) e PAI MENNI (Betanzos, 11 de xuño) e en total participarán 54 persoas con discapacidade intelectual de 11 entidades de toda Galicia acompañadas de varias persoas de apoio. A formación correrá a cargo de dous docentes da Cooperativa Altavoz, un deles con discapacidade intelectual.
Ler máis: 11 entidades galegas participarán en cursos sobre Autodeterminación das persoas con discapacidade...
Mañá venres, 29 de maio, terá lugar no Hotel Los Abetos, en Santiago de Compostela, unha sesión informativa sobre diferentes aplicacións informáticas, enmarcada dentro das actividades desenvoltas pola Central de Compras da Diversidade posta en marcha pola federación.
As aplicacións que se introducirán nesta sesión serán:
CRM Socialia, un software de xestión para ONGs, fundacións, centros de día, servizos sociais e centros de rehabilitación; o programa NeronUP, unha plataforma web que pretende converterse nun apoio fundamental para os profesionais implicados nos procesos de rehabilitación e estimulación cognitiva, e finalmente o programa Ontimize + INTEGRA, unha solución verticalizada, baseada na tecnoloxía Ontimize que facilita a mellora da eficiencia organizativa e a orientación dos profesionais no apoio da mellora da calidade de vida das persoas con discapacidade.
A sesión terá lugar no Hotel Los Abetos (Rúa de San Lázaro s/n. Santiago de Compostela)
Aínda que está enmarcado dentro do Proxecto da Central de Compras, a sesión está aberta a tódolos interesados (independentemente de que esteades adheridos á Central ou non) .
A continuación facilitámosvos o programa e a folla de inscrición, que deberedes remitir cuberta a Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo..
Programa
Folleto de inscrición

O pasado 16 de maio, FADEMGA FEAPS GALICIA celebraba a terceira edición do Encontro de Irmáns de Persoas con Discapacidade Intelectual, cunha serie de contidos propostos polo Grupo de Irmáns e Cuñad@s da Federación, que este ano decidiron dar o protagonismo ás emocións pola súa influencia dentro das familias.
Froito deste Encontro, xurdiron unha serie de conclusións e compromisos que agora quedan recollidas neste documento que vos achegamos.
A constitución de novos grupos de irmáns nas entidades, participar asiduamente nas reunións de Grupo ou aplicar as dinámicas aprendidas na xornada durante a súa vida diaria, foron algúns dos compromisos e retos que os asistentes se fixaron para o vindeiro ano.
FADEMGA FEAPS GALICIA considera fundamental a participación dos irmáns e cuñados de persoas con discapacidade intelectual no ámbito da familia e do propio Movemento Asociativo, e organiza estes Encontros co obxectivo de servir como plataforma para o coñecemento mútuo, a reflexión, a implicación e a visibilidade do colectivo.
Conclusións 3º Encontro de Irmáns. Investigando as nosas emocións
O vindeiro sábado 20 de xuño, terá lugar na sede da Federación a Asemblea Xeral Ordinaria de FADEMGA FEAPS GALICIA, a partir das 15:30 horas en primeira convocatoria e 16:00 horas en segunda convocatoria.
A esta Asemblea están convocados tódolos Socios Numerarios e Adheridos da Federación de Asociacións a favor das Persoas con Discapacidade Intelectual de Galicia e nela procederase a aprobación, se procede, da Memoria de Actividades realizadas en 2014, o Plan de Acción de 2015, contas e orzamentos.
Igualmente, transcorrido o período de catro anos establecido no artigo 26 dos Estatutos da Federación, procéderase a apertura do proceso electoral e proclamación da totalidade dos membros da Xunta Directiva de FADEMGA FEAPS GALICIA.
Ler máis: Convocada a Asemblea Xeral de FADEMGA FEAPS GALICIA
O vindeiro luns, 8 de xuño, o salón de actos de FADEMGA FEAPS GALICIA (Federación de Asociacións en Favor das Persoas con Discapacidade Intelectual de Galicia) acollerá dúas sesión informativas onde se abordarán cuestión de interese e preocupación para o sector da discapacidade intelectual.
A primeira das sesións levará por título “As probas xenéticas e a farmacoxenética na discapacidade intelectual e/ou do desenvolvemento” e estará impartida por Ángel Carracedo, Catedrático da Facultade de Medicina da Universidade de Santiago de Compostela e Director da Fundación Pública Galega de Medicina Xenómica – Sergas.
A charla suporá unha achega ás probas xenéticas en persoas con discapacidade intelectual, e nela pretenderase arroxar luz sobre un área de investigación descoñecido para un gran número de profesionais. A outra das sesións centrarase nos “Aspectos médico-legáis da contención nos centros de Atención a persoas con discapacidade intelectual e/ou do desenvolvemento” e correrá a cargo de Fuencisla Ladrón de Cegama, Fiscal adscrita ó Xuzgado de primeira instancia de Santiago e por Benito López de Abajo, Xefe de servizo de clínica médico forense do Instituto de Medicina Legal de Galicia (IMELGA).
Ler máis: FADEMGA acollerá dúas sesións informativas sobre xenética, e aspectos médico legáis das persoas...

44 persoas con discapacidade intelectual das provincias de A Coruña e Pontevedra, examináronse das probas de Competencias Clave na sede da Federación de Asociacións en Favor das Persoas con Discapacidade Intelectual de Galicia (FADEMGA FEAPS GALICIA) Estas persoas son usuarios do servizo de Emprego de FADEMGA e das asociacións federadas ASPRONAGA (A Coruña), ASPABER (Carballo), ASPAVI (Pazos de Borbén) e VALLE MIÑOR (Nigrán). Acadar estas competencias permitiríalles poder realizar cursos para parados promovidos pola Consellería de Traballo e Benestar.
Trátase xa da cuarta convocatoria deste tipo de probas, na que o Departamento de Emprego e Formación da federación facilita formación aos alumnos con discapacidade intelectual, co fin de que estes podan afrontar a proba coa preparación necesaria. Os alumnos examinados recibirán apoio de funcionarios da Xunta, en cooperación co persoal de FADEMGA FEAPS GALICIA.
Ditas probas tamén estiveron adaptadas para garantir a igualdade de oportunidades do noso colectivo, como por exemplo: letra máis grande, ampliación de tempo, instrucións por escrito, texto redactado en lectura sinxela e como novidade este ano, tamén se realizará o exame en formato electrónico para aquelas persoas con maiores problemas á hora de escribir.
Ler máis: 44 Persoas con discapacidade intelectual examináronse das probas de competencias clave
Catorce entidades de FADEMGA xa forman parte de maneira definitiva do proxecto “Compras da Diversidade” impulsado polo movemento asociativo FEAPS Madrid co fin de que as entidades sociais poidan aforrar nos seus gastos recorrentes anuais en bens e servizos.
Esta iniciativa, que conta co apoio dos Fondos do Mecanismo Financeiro do Espazo Económico Europeo (EEA Grants) operados en España a través da Plataforma de ONG de Acción Social, xurdiu por mor da experiencia piloto de FEAPS Madrid onde máis de 30 entidades unificaron parte dos seus gastos recorrentes anuais en bens e servizos co fin de aforrar e poder destinar estes aforros á súa verdadeira misión: a atención a persoas con discapacidade intelectual.
Este mes contamos coa nova adhesión de ASPAVI (Vigo), e durante os próximos días pasará a formar parte do proxecto a entidade de ASPABER (Carballo). Estas asociacións únense así ao grupo inicial formado por Juan María (Nigrán), Aspadex (Cee), Bata (Vilagarcía), Amipa (Rois), Amicos (Ribeira), Chamorro (Narón), Aspanaex (Vigo), Aspas (Santiago), Aspas Emprego (Santiago), Juan XXIII (Pontevedra), Special Olympics Galicia (Santiago), Aspadisol (Oleiros) e a propia federación FADEMGA FEAPS GALICIA.
O movemento asociativo, pola igualdade das mulleres con discapacidade intelectual. Se non viches o tráiler de También Somos Mujeres, preme aquí

FADEMGA FEAPS GALICIA celebrou en Santiago o terceiro Encontro Autonómico de Irmáns de persoas con discapacidade intelectual, onde participaron un total de 40 persoas procedentes de 10 entidades de toda Galicia (ACEESCA, ASPADISI, ASPANAEX, ASPAS, ASPNAIS, ASPRONAGA, Asociación Fonte da Virxe, JUAN XXIII, PAI MENNI e PRODEME). Todos eles reuníronse para reflexionar sobre o seu papel na familia e na vida asociativa.
O presidente da Federación, Eladio Fernández Pérez, acompañado de Carmela González Lagarón (vocal de FADEMGA e membro da UDS de Familias) agradeceron aos asistentes a boa acollida deste proxecto, e afirmaron que “o futuro do movemento asociativo está nos irmáns e nas familias xóvenes”.
Este ano as protagonistas do Encontro foron as emocións, a influencia que estas teñen nas nosas vidas e a importancia da comunicación familiar. Para elo celebráronse varios relatorios como “Que son as emocións e como inflúen nas nosas vidas” a cargo de Alejandro Bello (experto en emocións do centro de terapias “estouche ben”) e “Un pequeno experimento emocional (a dinámica das emocións). Durante a tarde, os relatorios deron paso a obradoiros onde os irmáns debatiron sobre o seu papel na familia e no movemento asociativo, poñendo en común opinións e compartindo experiencias.
Ler máis: As emocións protagonizaron o III Encontro Autonómico de Irmáns de persoas con discapacidade...
Este luns ábrese o prazo de preinscrición para a 4ª Edición do Título Propio de Máster UAM-FEAPS "Apoios a persoas con discapacidade intelectual ou do desenvolvemento e as súas familias: Procesos psicolóxicos e calidade de vida persoal e familiar".
A actual edición (setembro 2015 - setembro 2017) outorgará 90 créditos e será de carácter semipresencial. Dirixido pola profesora Mercedes Belinchón (Universidade Autónoma de Madrid) e por Javier Tamarit (FEAPS), este máster conta coa colaboración da Fundación ONCE, o Centro de Psicoloxía Aplicada da UAM e a Facultade de Psicoloxía do UAM.
Para FEAPS, o obxectivo da edición deste Master é pór a disposición do conxunto do movemento asociativo, un grupo de profesionais altamente cualificado nos modelos e paradigmas de discapacidade intelectual, procesos neurocognitivos e psicosociais, calidade de vida persoal e familiar e práctica centrada en familia, e que tras este período de formación se integren na Rede de Calidade de vida de FEAPS.
Por iso, FEAPS reservou 7 prazas para profesionais de entidades pertencentes ao seu movemento asociativo, e becará o 75% da matrícula dos mesmos. Aqueles profesionais interesados nestas bolsas deberán comunicalo a
FEAPS (Confederación) antes do 11 de xuño.

FEAPS Madrid e Fundación Wolters Kluver, presentaron esta semana a Guía do Dereito ao Voto, dirixida a persoas con discapacidade intelectual ou do desenvolvemento e elaborada mediante a técnica de Lectura Fácil.
A Guía, é a primeira publicación dun proxecto desenvolvido entre ambas as organizacións con apoio da consellería de Presidencia, Xustiza e Portavocía da Comunidade de Madrid, que persegue cubrir o baleiro existente en canto a publicacións destinadas ao colectivo en contidos e linguaxe comprensibles relacionadas co exercicio dos seus dereitos.
Segundo os últimos datos da Xunta Electoral Central recollidos polo CERMI, 80.000 persoas carecen deste dereito por razón da súa discapacidade intelectual, enfermidade mental ou deterioración cognitiva, unha situación que é preciso reverter se de verdade queremos avanzar cara á efectiva participación e inclusión das persoas con discapacidade intelectual.
Ler máis: Presentada a Guía do Dereito ao Voto en Lectura Fácil para persoas con discapacidade intelectual
O pasado domingo 10 de maio faleceu en San Sebastián aos 85 anos de idade Alberto Arbide, presidente de FEAPS de 1995 a 2001, e que tamén presidiu o CERMI estatal.
Alberto foi unha referencia para tódalas persoas que, dunha ou outra forma, tivesen ou teñan que ver co ámbito da discapacidade intelectual. Para quen coñecese a este home bo que contribuíu de modo decisivo a impulsar o proxecto de FEAPS, no seguinte enlace podedes ler varios semblantes da súa persoa a cargo de Paulino Azúa (Ex director de FEAPS9, Juan José Lacasta (Director de Estratexia e Desenvolvemento Organizacional) e Javier López Iglesias (Director do diario VOCES).
O pasado sábado, preto de 500 persoas con discapacidade intelectual concorrían ás probas para acceder a unha praza como ordenanza do Estado, das cales 90 foron preparadas por FADEMGA FEAPS GALICIA a través de diferentes grupos formativos nas cidades de A Coruña, Lugo, Ourense, Vigo e Santiago de Compostela.
En total convocávanse 15 prazas no conxunto do Estado Español das cales 3 delas corresponden ao ámbito autonómico galego (A Coruña, Vigo e Ourense).
Agora o Ministerio de Facenda e Administracións Públicas ven de facer público o exame e a plantilla de respostas, que xa podedes consultar ben a través da
páxina web do Ministerio de Facenda, ou ben a través dos seguintes enlaces:
Exame Oposicións Ordenanza 2015
Plantilla de respostas

O pasado martes FADEMGA FEAPS GALICIA acolleu a primeira charla de aproximación ao proxecto de Dinamización Asociativa promovido por FEAPS, que este ano se desenvolverá en Galicia.
14 entidades da discapacidade intelectual galegas interesáronse neste proxecto que foi presentado por Carlos Pereyra - Técnico de Formación de FEAPS Confederación - e que nace para promover nas asociacións un ambiente de participación e intercambio de experiencias que favorezan a implicación de cada un dos integrantes do movemento asociativo.
Segundo palabras de Carlos Pereyra, a Dinamización Asociativa pretende "aumentar a participación e o sentido de pertenza dos socios. Debemos traballar para crear unhas entidades máis vivas e activas, que coñezan mellor aos seus socios, cales son os seus intereses e como poden colaborar coa súa asociación". A presenza social das asociacións será outro dos puntos fortes do programa de Dinamización "as entidades teñen que darse a coñecer na súa contorna, ser máis abertas e estar menos centradas en si mesmas".
Ler máis: O proxecto de Dinamización Asociativa comeza en Galicia coa participación de 14 asociacións
Un total de 442 persoas con discapacidade intelectual, prepáranse estes días para participar nas oposicións a Ordenanza convocadas polo Estado que terán lugar o sábado 9 de maio en Madrid.
Entre todas elas, 157 optarán ás prazas convocadas en Galicia, nas cidades de A Coruña, Ourense e Vigo, das cales 123 (o que representa un 78.34% do total) estiveron a recibir apoios da Área de Emprego e Formación de FADEMGA FEAPS GALICIA en materia de orientación, información, asesoramento, titorías, documentación……
A través destes apoios FADEMGA FEAPS GALICIA continúa coa súa aposta en firme polo emprego de calidade como factor clave para a integración sociolaboral das persoas con discapacidade intelectual, prestando tódala información e axuda necesaria durante todo o proceso de preparación.
A Federación organizará o desprazamento e aloxamento de 85 aspirantes que sairán este venres cara a Madrid acompañados de 25 familiares e 6 técnicos que prestarán o seu apoio no proceso.
Ler máis: Preto de 500 persoas con discapacidade intelectual, optan a 15 prazas de ordenanza convocadas polo...

Durante o mes de maio, o Programa de Exclusión Social de FADEMGA FEAPS GALICIA iniciará a distribución de exemplares do libro “Sexualidades diversas”, editado por FEAPS Canarias, e que se presenta como un manual para a atención da diversidade sexual nas persoas con discapacidade intelectual ou do desenvolvemento.
As vidas das persoas con discapacidade intelectual desenvólvense en contornas onde as principais interrelacións son coa familia e profesionais. Por iso, o tratamento de temas como a afectividade e a sexualidade das persoas con discapacidade, resulta para moitas familias e profesionais un campo difícil de abordar.
O obxectivo de manuais como este - que será distribuído a todas aquelas entidades interesadas - é o de presentar a sexualidade como un elemento máis dentro da atención a estas persoas, ao tempo que axudamos á sua normalización e defendemos os dereitos da persoa con discapacidade intelectual a tomar decisións que afectan á súa propia vida.

A entidade de ASPANANE (Viveiro), acollerá durante o 2015 o “Programa de Envellecemento Activo de Persoas con Discapacidade Intelectual ou do Desenvolvemento” que cada ano pon en marcha a Federación de Asociacións de Persoas con Discapacidade Intelectual de Galicia (FADEMGA FEAPS GALICIA) nunha entidade galega, e que beneficiará a 20 usuarios da entidade (11 homes e 9 mulleres).
Profesionais da federación presentaron este programa de actividades na sede da entidade viveirense, un programa que se desenrola sempre de maneira complementaria ás actividades existentes nos servizos de atención directa que atenden a este colectivo e ás súas familias. Ata hoxe xa se beneficiaron deste programa 94 persoas con discapacidade intelectual en proceso de envellecemento e 96 familiares pertencentes a 7 entidades galegas (ASPAS de Santiago, ACEESCA de Porriño, ASPRONAGA de A Coruña, AMICOS de Ribeira, JUAN XXIII de Pontevedra, LAS ESPERANZA DE VALLE MIÑOR de Nigrán e ASPNAIS de Lugo).
Ler máis: Aspanane acollerá o Programa de Envellecemento Activo de persoas con discapacidade intelectual
FADEMGA FEAPS GALICIA está a preparar unha nova edición do Encontro de Irmáns e Cuñados de persoas con discapacidade intelectual, un espazo de reflexión conxunta que este ano abordará temas como a dinámica das emocións, ou a influencia que estas teñen nas nosas vidas.
A continuación podedes consultar tódala información sobre a xornada:
FICHA DE INSCRICIÓN. Cada asistente cubrirá e asinará a súa ficha. Non se admitirán as inscricións presentadas noutros formatos. A inscrición enviarase a FADEMGA a través da asociación, só as persoas que non pertenzan a ningunha asociación de FADEMGA, poderán remitila de forma particular. Unha vez confirmada a praza, haberá que pagar a cota de inscrición.
Ler máis: Xa podes inscribirte e participar no III Encontro de Irmáns e Cuñados "Investigando as emocións"
Segundo datos das listaxes de admitidos definitivos ás oposicións de ordenanza do Estado 2015 para persoas con discapacidade intelectual, as prazas de Galicia son unha vez máis (xunto con Valladolid e Zaragoza) as máis disputadas de España.
En concreto, a praza de A Coruña foi a máis solicitada con case un 15% dos admitidos e a de Vigo a segunda (empatada con Zaragoza). A cuarta sería Ourense, por detrás de Valladolid. Como xa acontecera nas oposicións de 2012, as prazas menos demandadas son as de Euskadi e Girona.
Actualmente 90 persoas con discapacidade intelectual estánse a preparar para ditas oposición grazas aos apoios que ofrece FADEMGA FEAPS GALICIA nas cidades de Santiago, Lugo, Coruña, Vigo e Ourense.
A Federación ofrece formación onde se facilitan os temarios adaptados a lectura fácil, así como diferentes exercicios, resolución de dúbidas e documentación relacionada, tal e como fixo na convocatoria do ano 2012, onde 3 persoas con discapacidade intelectual formadas polo Servizo de Emprego Público de FADEMGA conseguiron un posto fixo como ordenanza.
Ler máis: Galicia, a comunidade máis solicitada nas oposicións destinadas a persoas con discapacidade...
O pasado 10 de marzo, o Comité de Acreditación de Calidade FEAPS, composto por representantes da Xunta Directiva, do Equipo de Xerentes, da Rede de Calidade e de expertos en calidade externos, acordou por unanimidade conceder a Acreditación de CALIDADE FEAPS na etapa de “Calidade” á entidade JUAN XXIII de Pontevedra.
A acreditación será válida ata o 10 de marzo de 2018, data na que JUAN XXIII deberá realizar unha nova autoavaliación e un novo Plan de Mellora, xa sexa para manterse na 3ª etapa de Calidade FEAPS ou para acceder a seguinte etapa (Excelencia).
A Calidade FEAPS defínese como un modelo configurado por tres aspectos esenciais, de xeito que ningún de eles pode faltar ó ter desenrolos significativamente diferentes dos outros dous: a calidade na xestión, a calidade de vida (seguindo o modelo de Shalock e Verdugo) e o compromiso ético.
Un percorrido composto por catro etapas:
Compromiso coa Calidade FEAPS
Despregamento da Calidade FEAPS
Calidade FEAPS
Calidade FEAPS Excelente
Este sistema de acreditación pretende impulsar a Calidade entre tódalas entidades pertencentes ao noso movemento asociativo, sendo necesarios unha serie de requisitos e criterios de acceso en cada unha das etapas.
JUAN XXIII foi a primeira entidade en acreditarse en calidade FEAPS a nivel nacional e é a cuarta entidade do movemento asociativo en acadar a acreditación na terceira etapa de Calidade FEAPS.
A Federación de Organizacións a favor de persoas con discapacidade intelectual (FEAPS) solicitou aos partidos políticos que adapten os seus programas electorais ao sistema de lectura fácil co obxectivo de que este colectivo poida lelos con atención e exercer o seu dereito ao voto de forma informada e responsable en igualdade de condicións que o resto dos cidadáns.
Con motivo da expedición este martes dos decretos de convocatoria de eleccións autonómicas e municipais, a organización reclama este dereito e apunta, ademais, a conveniencia de que eses documentos accesibles estean a disposición das persoas con discapacidade intelectual ao mesmo tempo que os programas electorais sen adaptar.
As persoas con discapacidade intelectual lembran que os artigos 9 e 29 da Convención Internacional das Nacións Unidas sobre os Dereitos das Persoas con Discapacidade obrigan aos estados a garantir a este colectivo o seu acceso e participación na vida política e pública.
No Boletín Oficial do Estado de hoxe 23 de marzo, publícase o Real Decreto 196/2015, polo que se publica a oferta de emprego público para ao ano 2015. Realízase unha reserva dun 7 por cento das prazas totais para persoas con discapacidade, de maneira que o 2 por cento se destinan a persoas con discapacidade intelectual e o 5 por cento restante a persoas que acrediten calquera outro tipo de discapacidade.
As 70 prazas ofertadas polo sistema de acceso libre concentraranse na categoría de Persoal Laboral, (da mesma maneira que se realizou nas ofertas de emprego público desde o ano 2009).
Dende o ano 2009, todas as ofertas de emprego público da administración xeral do Estado, concentran a reserva para a discapacidade intelectual mediante o acceso libre a prazas de Persoal Laboral, ata o de agora, na categoría de Ordenanza.
Como ven sendo habitual nas reservas para persoas con discapacidade intelectual, as convocatorias realizaranse de maneira independente, excepto as de promoción interna que se convocarán conxuntamente co resto. Destas 70 prazas de persoal laboral, non se coñecerá cantas serán en Galicia ata a publicación da Resolución que as convoque, normalmente no último trimestre do ano. Por outro lado, tamén se reservan 54 prazas por promoción interna.
Neste caso empregados públicos con discapacidade intelectual poden aspirar a unha destas prazas no corpo Auxiliar da Administración do Estado (Grupo C2).
FADEMGA FEAPS GALICIA, como ven facendo dende 2011, seguirá a prestar ás persoas con discapacidade intelectual de Galicia todos os apoios necesarios para o acceso ás prazas de emprego público que se convoquen na nosa Comunidade Autónoma.
Xunto a este tipo de convocatorias, FADEMGA FEAPS GALICIA defende dende hai anos a adopción doutro tipo de medidas, como a adaptación de probas nas convocatorias de oposicións, a través de probas prácticas reais (onde se demostren que se posúen os coñecementos básicos para a execución do posto de traballo ofertado), así como a reserva dunha parte da contratación pública aos Centros Especiais de Emprego, o que favorecería a integración destes traballadores. FADEMGA FEAPS GALICIA, Federación de asociacións a favor das persoas con discapacidade intelectual, conta na actualidade con 41 entidades galegas federadas que prestan servizo a 4.696 persoas con discapacidade intelectual, e 7.434 socios
FADEMGA FEAPS GALICIA lanza unha nova convocatoria do curso básico de directivos da Escola de Dirixentes FEAPS EN FORMA, un programa formativo destinado a "aprender a liderar" as organizacións do movemento asociativo. O curso, que terá unha duración de 56 horas, desenvolverase entre os meses de Abril a Xuño de 2015 e constará de 7 sesións formativas que se impartirán en diferentes sábados.
*Non haberá clase:
2 maio - Ponte da Festa do Traballo
6 Xuño - Xornada de Familias
Os destinatarios son os membros das Xuntas Directivas das entidades federadas e o curso está deseñado para que polo menos 2 ou 3 directivos dunha mesma entidade participen como alumnos.
A convocatoria estará aberta tamén aos Xerentes, que poderán asistir sempre que acudan acompañados de mínimo dous directivos da súa entidade.
Lembramos que este curso é un dos requisitos para o acceso ás etapas de despregamento e excelencia do Sistema de Calidade FEAPS e a súa acreditación (A 2ª fase de Calidade FEAPS esixe que polo menos o 50% directivos da entidade estean formados).
O prazo de inscrición rematará o 8 de abril de 2015.
Podedes atopar a ficha de inscrición e máis información nos seguintes links:
Para calquera dúbida ou cuestión sobre os cursos, os interesados deberán poñerse en contacto co responsable de formación de FADEMGA FEAPS GALICIA en Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
Este martes FADEMGA FEAPS GALICIA estivo presente no Consello Asesor para a Integración da Discapacidade na Función Pública Galega como representante do grupo de Discapacidade Intelectual do CERMI GALICIA Nesta xuntanza o Conselleiro de Facenda, Don Valeriano Martínez e o Director Xeral de Función Pública, Don José María Barreiro anunciaron a reserva dun 2% das prazas da Oferta Pública de Emprego de 2015 en exclusiva para persoas con discapacidade intelectual.
A reserva de prazas para persoas con discapacidade intelectual realizarase de maneira independente a través dunha única convocatoria para unha escala determinada.
FADEMGA FEAPS GALICIA considera que a reserva de prazas en exclusiva non garante o acceso ás persoas con discapacidade intelectual ao emprego público se non vai acompañada dun tratamento diferenciado mediante a plena adaptación de todo o proceso. En concreto, a Federación (que representa ás persoas con discapacidade intelectual de Galicia propón a adaptación de temarios e probas selectivas, a utilización da metodoloxía de Emprego con Apoio, o deseño de procesos formativos adaptados para os empregados públicos con discapacidade intelectual e o establecemento de postos de traballo prioritarios para este colectivo. Neste sentido, o Conselleiro de Facenda comprometeuse a realizar todas as adaptacións precisas para garantir o éxito desta convocatoria e facilitar o acceso das persoas con discapacidade intelectual á función pública galega.

FADEMGA FEAPS GALICIA ven de iniciar unha serie de charlas formativas en institutos galegos, co fin de que os alumnos que se están a formar actualmente como Técnicos de Integración Social, coñezan de preto a realidade das persoas con discapacidade intelectual que se encontran nos centros penitenciarios e as condicións que afrontan no seu día a día.
Técnicos do programa de Atención a persoas con discapacidade intelectual ou do desenvolvemento reclusas e exclusas, participaron en charlas no centros de formación profesional Tomas Barros (na cidade da Coruña) e no centro San José de la Guía, (na cidade de Vigo) onde explicaron os diferentes programas que leva a cabo a Federación e, mais polo miúdo, o traballo que realiza FADEMGA FEAPS GALICIA nos centros penitenciarios galegos dende o ano 2002, facendo fincapé na situación que viven as persoas con discapacidade intelectual que están cumprindo condena, as dificultades de adaptación que presentan nun medio tan hostil, e a falta de comprensión do delito cometido.
Como parte destas charlas, os alumnos tamén puideron visionar o documental “A cado lado” editado por FEAPS, e no que se pode visibilizar a situación de catro persoas que están cumprindo penas ou medidas alternativas.
O obxectivo é continuar con esta iniciativa ao longo do ano para concienciar e sensibilizar aos futuros profesionais do ámbito e ao alumnado en xeral.

O pasado 25 de febreiro, responsables do Proxecto da Central de Compras da Diversidade achegáronse a Galicia para impartir unha xornada de formación ás entidades membro do proxecto e aclarar as posibles dúbidas. Luis Pastor, Javier de Miguel e Esther Quintanilla, fixeron un resumo a través dos pasos dados para iniciar a Central de Compras, e explicaron o funcionamento da aplicación para compra de productos e servizos.
Seguidamente, celebrouse unha reunión en cada unha das entidades, onde se analizou a documentación de cada asociación, co fin de explicar e ofrecer un asesoramento pormenorizado e personalizado a cada unha delas. O inicio deste programa está contando cunha boa acollida na nosa comunidade, e dúas entidades máis acaban de amosar o seu interese en unirse ao proxecto.
Ler máis: A Central de Compras da Diversidade cobra forma en Galicia

A federación, mediante a promoción deste proxecto de política de persoas FEAPS, busca apoiar ás entidades na mellora da xestión de persoas.
Esta mellora impúlsase dende unha visión compartida, clarificando que pide a organización aos seus profesionais, perfeccionando o funcionamento dos equipos e promovendo a satisfacción laboral.
FADEMGA FEAPS GALICIA ante a detección de interese na súa comunidade facilitou a participación ás entidades galegas achegando o proxecto a Galicia. Dito proxecto consta de 3 sesións espaciadas no tempo impartidas por Santos Hernández (responsable de política de persoas en FEAPS), que están a ser aproveitadas para solventar tódalas dúbidas do proceso. Desta maneira, as entidades da federación galega Aspanaex, Ntra. Sra. de Chamorro, Aceesca, San Xerome Emiliani, Aspromor e Valle Miñor, decidiron involucrarse neste modelo FEAPS de Política de Persoas.
Con este proxecto conseguiremos que o traballo das persoas (profesionais e voluntarios) se adapte á misión, visión, valores e estratexias de FEAPS fidelizando a profesionais e voluntarios mellorando a súa calidade de vida laboral e sendo máis competitivos. Desde a Federación impulsamos que este proceso se realice de forma conxunta entre as entidades participantes xerando procesos de apoio mutuo e de compartir as aprendizaxes.

Unha vez realizado o estudo das entidades participantes neste proxecto, serán 12 entidades - incluída a propia Federación - as primeiras en adherirse á Central de “Compras Diversidade”.
Finalmente, o grupo queda composto polas asociacións de ASPADEX, AMICOS, AMIPA, ASPAS, ASPAS Emprego, CHAMORRO, ASPADISOL, BATA, JUAN MARÍA, ASPANAEX, SPECIAL OLYMPICS GALICIA e FADEMGA FEAPS GALICIA.
A entidade de Juan XXIII atópase actualmente en fase de estudo para formar parte do proxecto.
Ler máis: 12 entidades galegas adhírense á Central de Compras da Diversidade
O pasado venres, representantes de FADEMGA FEAPS GALICIA (Federación de Asociacións en Favor das Persoas con Discapacidade Intelectual) foron recibidos polo Director Xeral de Función Pública, Don José María Barreiro Díaz, así como por técnicos da Xunta de Galicia.
A través desta xuntanza, (celebrada con motivo do anuncio do Consello da Xunta da reserva de prazas específicas para persoas con discapacidade intelectual na Oferta de Emprego Público para 2015), a federación ofreceuse a colaborar coa Administración en tódolos aspectos relacionados con esta convocatoria, e a ofrecer a súa experiencia froito de anos de traballo pola integración laboral das persoas con discapacidade intelectual no emprego público e no sector privado en Galicia.
O responsable de Función Pública, Don José Barreiro Díaz, agradeceu o ofrecemento de colaboración de FADEMGA FEAPS GALICIA para a planificación e execución da convocatoria específica de emprego, e comprometeuse a colaborar coa federación en tódolos aspectos relacionados con esta convocatoria.
Entre os principais aspectos nos que a Federación ofrecerá o seu apoio á Xunta de Galicia cabe destacar a elaboración da convocatoria, a adaptación dos temarios e das probas selectivas ou a redacción de documentos e instruccións baixo a metodoloxía de Lectura Facil, para faciliar o proceso a todas aquelas persoas con discapacidade intelectual interesadas.
A Deputación de Pontevedra ven de conceder unha nova subvención por unha cuantía de 3.000 euros ao Servizo de Información e Orientación Laboral (SIOL) a través da convocatoria de subvencións dirixidas ás entidades sen fins se lucro para actuacións no ámbito dos servizos sociais.

Dende FADEMGA FEAPS GALICIA, unímonos á campaña contra o copago confiscatorio impulsada por FEAPS e na que participan entidades sociais de todo o país membros do CERMI.
"Afirma os teus dereitos, firma contra o copago confiscatorio", é o lema principal desta campaña para a captación de firmas de impulso da iniciativa lexislativa popular de reforma da lei de Autonomía Persoal e Atención á Dependencia.
Con esta mensaxe, as entidades sociais membros do CERMI pretendemos chegar ás persoas con discapacidade e á súa contorna familiar, así como aos profesionais dos servizos sociais, aos voluntarios e á cidadanía en xeral, para que consignen a súa firma de apoio á iniciativa lexislativa popular que persegue a modificación da lei de autonomía persoal para establecer uns criterios xustos de copago que non expulsen ás persoas en situación de dependencia da protección social.
Ler máis: FADEMGA FEAPS GALICIA únese á campaña contra o copago confiscatorio
Este xoves, o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, anunciaba unha nova Oferta de Emprego público (OPE), a maior dende o ano 2009, e que multiplicará por catro as prazas do ano pasado.
Dende FADEMGA FEAPS GALICIA celebramos esta importante iniciativa tomada polo Goberno, así como a reserva dun porcentaxe non inferior ao 7% das prazas convocadas a persoas con discapacidade, das cales un 2% desa reserva esperamos se destine a persoas que acrediten discapacidade intelectual.
A Federación leva tempo traballando e asesorando sobre os criterios que deben rexir nas convocatorias específicas de emprego público destinadas a persoas con discapacidade intelectual, para facilitar o desenvolvemento e organización dos procesos selectivos e garantir a cobertura dos mesmos.
Igualmente, ofrécese a colaborar coa Xunta na adaptación dos temarios ás características e necesidades das persoas con discapacidade intelectual, así como asesorala na adaptación de todo o proceso selectivo.
Ler máis: FADEMGA aplaude a nova convocatoria de emprego público, e espera que se cumpra a reserva do cupo...
6 persoas con discapacidade intelectual participaron esta semana nas xornadas educativas que se están a levar a cabo no colexio compostelano Compañía de María ata o vindeiro venres día 6.

Alumnos de primaria, infantil, E.S.O e bacharelato asisten a estas charlas e obradoiros que se organizan cada ano co obxectivo de sensibilizar aos máis pequenos da importancia e riqueza da diversidade. Nesta ocasión, un grupo de persoas con discapacidade intelectual traballou cos alumnos na creación de varios muráis sobre os dereitos das persoas con discapacidade recollidos na Convención da ONU, e explicaron a importancia da inclusión e de valorar a cada persoa polas súas capacidades.
Na iniciativa educativa colaboran diversas entidades do Terceiro Sector, entre elas FADEMGA FEAPS GALICIA (Federación de Asociacións en Favor das Persoas con Discapacidade Intelectual de Galicia), a ONCE ou a Asociación ASPAS de Santiago entre outras.
Ler máis: Persoas con discapacidade intelectual participan nas XIV Xornadas escolares “Eu podo, ti podes…...
14 persoas con discapacidade intelectual, alumnos do curso de Operacións Auxiliares de Tratamento e Gravación de Datos máis os tres Técnicos da oficina de Vigo, asistiron a unha visita guiada no Concello de Vigo.

A visita enmárcase dentro das actividades do curso que está a impartir o Centro Colaborador do Servizo Público de Emprego de FADEMGA FEAPS GALICIA en Vigo, nun aula cedida polo propio Concello.
Os alumnos foron recibidos na Lonxa do Concello e dende alí realizaron un percorrido polas instalacións como o Salón de Plenos, o Paseo do Príncipe, a Sala de Audiencias ou o Arquivo Municipal, onde puideron ver algún dos documentos máis antigos da cidade.

A asociación BATA, de Vilagarcía, acolleu esta semana unha
charla xurídica a cargo da avogada Mª José Fernández Matías, a través da cal as familias que participaron puideron exponer as súas dúbidas no referente a patrimonio protexido.
Tratouse dunha xornada dinámica e participativa, onde tamén se plantexou a posibilidade de crear unha Fundación Tutelar vinculada á entidade, unha opción que daría maior tranquilidade ás familias, ao saber que unha institución destas características podería seguir apoiando aos seus fillos cando elas falten.
Dende hoxe, e ata o vindeiro 17 de febreiro, as entidades membro de FADEMGA FEAPS GALICIA podedes solicitar a vosa participación no Programa de Envellecemento Activo de Persoas con Discapacidade Intelectual ou do Desenvolvemento. 
Este programa ten un carácter complementario ás actividades e programas existentes nos servizos de atención directa que atenden ás persoas con discapacidade intelectual e do desenvolvemento (PCDID) en proceso de envellecemento e ás súas familias.
Entre os seus obxectivos cabe destacar a mellora da calidade de vida das persoas con discapacidade intelectual ou do desenvolvemento en proceso de envellecemento e das súas familias, a través de diferentes tipos de actuacións (actividades de estimulación cognitiva, actividades de motricidade ou mobilidade, sesións de participación na comunidade a través do uso dos seus recursos, apoio e asesoramento as familias, etc.) ao tempo que se lle facilita ás entidades de ferramentas e recursos para dar resposta ás necesidades e demandas deste colectivo, do que forman parte un amplo e crecente número das PCDID.
Ler máis: O Programa de Envellecemento Activo abre unha nova convocatoria
FADEMGA FEAPS GALICIA está a organizar varios cursos de formación para axudar a todas aquelas persoas con discapacidade intelectual inscritas para as oposicións para o posto de Ordenanza da Administración Xeral do Estado convocadas por RESOLUCION de 10 de diciembre de 2014 da Dirección Xeral da Función Pública (BOE do 19/12/2014).

Os cursos van a desenvolverse nas localidades de A Coruña, Santiago, Lugo, Vigo e Ourense. A duración das clases será de 4 horas semanais desde o mes de febreiro ata a data do exame (previsión: finais de maio ou principios de xuño)
Para inscribirse ou realizar calquera consulta, poden contactar con calquera dos técnicos de Orientación da Federación nos seguintes teléfonos:
• SIOL Santiago: 981 56 66 76 (Manel Fernández ou Paula Álvarez)
• SIOL Lugo: 982 26 54 36 (Manel Fernández ou Paula Álvarez)
• SIOL Vigo: 986 37 36 12 (María Teira ou Daniel Caeiro)
• SIOL Ourense: 988 39 13 52 (Ivanka Piñón)