Máis Novas

Listen to this page using ReadSpeaker

Baixo a dirección de Rosa Margarita Cacheda e Moisés Lamigueiro, Andavira Editora publicou o libro A accesibilidade dos museos: visións e perspectivas. Unha proposta de intervención en Galicia.

Neste proxecto implicouse FADEMGA Plena inclusión Galicia, coa colaboración de varios profesionais e o grupo de autoxestores, así como outras moitas entidades e organizacións que apoian a persoas con discapacidade. Como sinalan os seus autores, o proxecto «é un exemplo de como podemos, desde diferentes organizacións (universidade, tecido asociativo e sector empresarial), traballar conxuntamente e posibilitar os cambios necesarios para que as contornas resulten máis inclusivos e respectuosos coas persoas, independentemente das súas circunstancias vitais e persoais (discapacidade, dependencia ou nivel cultural)».

 FADEMGA Plena inclusión Galicia traballa actualmente nas 4 provincias, formando a máis de 150 alumnos en toda Galicia de cara ás vindeiras convocatorias de oposicións.

Das 70 prazas convocadas, 6 delas irán a parar a Galicia (2 en Ourense, 2 en Pontevedra 1 en A Coruña e 1 en Lugo) Carballo, 2 de marzo.

Dende o pasado 1 de marzo, a asociación ASPABER de Carballo, acolle un novo curso de formación a persoas con discapacidade intelectual de cara a preparar as oposicións convocadas en exclusiva polo Estado, para o colectivo de persoas con discapacidade intelectual. Nesta ocasión o grupo está formado por 13 alumnos, que se unen aos máis de 150 que FADEMGA Plena inclusión Galicia está a preparar nas catro provincias galegas.

A federación encárgase de impartir estas xornadas formativas destinadas a preparar os exames e apoiar aos opositores en todo o proceso; desde a formalización da solicitude até a presentación de alegacións a listas ou a documentación referida á formación e experiencia de cada aspirante para o concurso ademais de acompañalos ao lugar onde se realizarán os exames.

Seguindo na nosa firme aposta pola difusión da lectura fácil, poñemos en marcha un novo curso, centrado na creación e dinamización dos clubs de lectura fácil.

Dita formación terá lugar o vindeiro 2 de abril na sede da federación, e nel abordaranse os beneficios deste tipo de lectura, as ferramentas e materiais necesarios para a súa dinamización, así como lograr que a lectura sexa unha clave de inclusión e accesibilidade para as persoas con discapacidade intelectual.

As solicitudes deberán de enviarse vía mail a Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. ou vía fax ao 981 51 96 51 á atención do Servizo de Fomación.

O prazo para enviar as solicitudes rematará o vindeiro 23 de marzo.

Podedes descargar tódala información así como a ficha de inscrición no seguinte enlace:  "Curso Dinamización e creación de Clubs Lectura Fácil"

A través do Boletín Oficial do Estado, o Ministerio de Facenda e Administracións Públicas acaba de publicar a lista de persoas admitidas e excluídas nas oposicións de emprego público para persoas con discapacidade intelectual na modalidade de Axudante de Xestión e Servizos Comúns (Ordenanza).

Estas oposicións convocáronse co fin de cubrir 70 prazas de persoal laboral fixo en organismos oficiais da Administración do Estado en toda España (salvo Cantabria) e están especialmente dirixidas a persoas con discapacidade intelectual (que teñen unha cota obrigada do 2% nas administracións públicas).

As listaxes publicadas agora no BOE aclaran cales son as persoas solicitantes que poderán facer o exame de oposicións, que se convoca para o día 11 de xuño de 2016, ás 11:00h no Edificio Príncipal da Facultade de Ciencias da Información da Universidade Complutense de Madrid (Avenida Complutense s/n. Madrid)

A recente publicación da norma ISO 9001 na súa edición de 2015 trae unha serie de cambios, tanto estruturais como de contido, que requiren coñecemento en profundidade para poder adaptar os sistemas de xestión de calidade actuais a nova edición.

Debido a isto, FADEMGA Plena inclusión Galicia pretende que as entidades federadas coñezan a nova norma e se preparen para mellorar os seus sistemas de xestión de calidade.

Por elo, informamos que terá lugar unha acción formativa nomeada CAMBIOS INTRODUCIDOS NA NORMA UNE EN ISO 9001:2015 na sede de FADEMGA Plena inclusión Galicia, o vindeiro xoves 17 de marzo en horario de 09.30h a 14.30h e de 16.00h a 18.00h.

FADEMGA Plena inclusión Galicia lanza unha nova convocatoria do curso básico de directivos da Escola de Dirixentes FEAPS EN FORMA, un programa formativo destinado a "aprender a liderar" as organizacións do movemento asociativo.

O curso terá unha duración de 40 horas, e desenvolverase entre os meses de Abril e Xuño de 2016, constando de 5 sesións formativas que se impartirán en diferentes sábados.

Os destinatarios son os membros das Xuntas Directivas das entidades federadas e o curso está deseñado para que polo menos 2 ou 3 directivos dunha mesma entidade participen como alumnos.

Esta convocatoria estará aberta tamén aos Xerentes, que poderán asistir sempre que acudan acompañados de mínimo dous directivos da súa entidade. Podería chegar a incorporarse aspirantes a membros da Xunta Directiva (neste caso, asistirán como alumnos sempre que teñan unha representación minoritaria do total de alumnos).

Xa podedes realizar a vosa inscrición na nova xornada organizada por FADEMGA Plena inclusión Galicia, esta vez centrada nos beneficios da lectura fácil para achegar todo tipo de información ás persoas con discapacidade intelectual ou do desenvolvemento.

O evento celebrarase o vindeiro 1 de abril, nas instalacións do Edificio Cersia (Santiago de Compostela), e está aberto a tódalas persoas con discapacidade intelectual, familiares, voluntarios, profesionais e cidadanía en xeral.

Tedes toda a información sobre a xornada así como a inscrición, dispoñible no seguinte enlace:

 

Profesionas de FADEMGA Plena inclusión Galicia, participan na semana educativa “Poñer corazón nas mans” que organiza a Compañía de María en Santiago de Compostela entre o 22 e o 26 de febreiro.

Alumnos de primaria, infantil, E.S.O e bacharelato asistirán a estas charlas e obradoiros que se celebran cada ano co obxectivo de sensibilizar aos máis pequenos da importancia e riqueza da diversidade. Nesta ocasión, un grupo de persoas con discapacidade intelectual traballará cos alumnos máis pequenos na creación de varios muráis sobre os dereitos das persoas con discapacidade recollidos na Convención da ONU, e explicarán a importancia da integración e de valorar a cada persoa polas súas capacidades, de cara a formar adultos implicados na diversidade e na aceptación das diferenzas de xeito natural.

Na iniciativa educativa colaboran diversas entidades do Terceiro Sector, entre elas FADEMGA Plena inclusión Galicia (Federación de Asociacións en Favor das Persoas con Discapacidade Intelectual de Galicia), ou a Asociación local de ASPAS.

Xa están dispoñibles, en lectura fácil, as Conclusións do Encontro de Autoxestores, que se celebraba o pasado mes de novembro en Santiago.  Dúas xornadas de traballo que tiñan lugar no Hotel Congreso de Montouto (Santiago) e que reuniron a persoas con discapacidade intelectual de toda Galicia para debatir sobre o seu papel na sociedade e reivindicar a súa valía como cidadáns de pleno dereito.

Nesta ocasión, o encontro xirou en torno á Participación, un tema sobre o que estiveron a reflexionar todo o ano, recollendo prácticas de participación dos autoxestores na familia, na asociación e na comunidade.

 As condutas desafiantes ou problemáticas son aquelas que poden implicar que a seguridade da persoa ou dos demais corra perigo ou limite as oportunidades de participación na comunidade.

O Grupo de traballo de trastornos e mentais e/ou alteracións de conduta, colaborou na realización desta guía co fin de dar coñecer a problemática entre profesionais e entidades.

As alteracións de conduta en persoas con discapacidade intelectual, protagonizan a nova guía editada por FADEMGA Plena inclusión Galicia, destinada a que os profesionais deste ámbito coñezan e podan identificar correctamente os diferentes problemas de conduta asociados á discapacidade intelectual ou do desenvolvemento.

Suplantación de identidade, cibercrimen, ciberacoso… son perigos que afrontamos consciente ou insconscientemente cando navegamos por Internet. Un 17% dos europeos é vítima cada ano de suplantacións de identidade, un problema que é especialmente grave no caso das persoas con discapacidade intelectual ou do desenvolvemento.

Aínda que o uso das ferramentas tecnolóxicas segue sendo un dos ámbitos da vida nos que as persoas con discapacidade intelectual están particularmente excluídas, nos últimos anos afortunadamente vimos incrementar o uso da tecnoloxía por parte deste colectivo, algo que facilita a súa vida independente e a súa inclusión social.


Xa podedes presentar as vosas Boas Prácticas ata o 31 de marzo

Plena inclusión dá un novo salto no desenvolvemento de boas prácticas co fin de captar tamén ideas innovadoras dende outros ámbitos da sociedade. Para iso, creouse un novo espazo en liña, o  Horto de ideas: onde calquera pode "plantar" a súa e vela crecer coas valoracións, achegas e desenvolvementos dos demais.

O horto das ideas (www.elhuertodeideas.org) é un lugar de encontro e desenvolvemento para quen teñan unha idea que compartir. Neste espazo online calquera persoa, organización, empresa, institución ou universidade poderá subir as súas ideas e experiencias para mellorar o benestar das persoas con discapacidade intelectual ou do desenvolvemento e as súas familias. Unha vez subidas, estas ideas poderán crecer coa achega dos seus propios autores, e coas valoracións, contribucións e comentarios dos demais, xa que neste horto as ideas crecen regadas por todos.

O alcalde de Carballiño, D. Francisco José Fumega, e a Concelleira de Benestar Social, Igualdade e Sanidade, Dna Marina Ortega, acompañaron este mércores ás 14 persoas con discapacidade intelectual que estiveron a participar no Programa de Promoción da Vida Independente, posto en marcha por FADEMGA Plena inclusión Galicia en colaboración coa asociación ASPADISI, e no que tamén colaborou activamente o Concello, a través da cesión dunha vivenda da súa propiedade, sita no Polígono A Uceira. Familias e membros da asociación ASPADISI participaron neste acto onde os usuarios amosaron o seu traballo e progresos durante as diferentes sesións do Programa, orientado a ofrecer os apoios necesarios ás persoas con discapacidade intelectual ou do desenvolvemento, para que sexan máis autodeterminadas e conten cunha maior independencia que lles permita gañar control sobre as súas vidas e na súa contorna habitual.

 Estes horizontes xurdiron do Foro Consultivo da organización.
 
Plena inclusión acaba de facer públicos os 9 horizontes de futuro xurdidos nos debates e relatorios do Foro Consultivo celebrado pola nosa organización en 2015, no que participaron máis de 5.000 persoas do noso movemento asociativo.

Dende FADEMGA Plena inclusión Galicia, queremos felicitar á asociación Aspnais, polos seus 50 anos de loita continua en favor dos dereitos das persoas con discapacidade intelectual ou do desenvolvemento. 

Importantes logros que neste medio século, conseguiron que se escoitara e se tivera en conta a voz das persoas, tanto as que forman parte de Aspnais como as de todo o movemento asociativo (persoas con discapacidade intelectual, pais, nais, irmáns, profesionais, directivos e voluntarios).

 Un ano máis e como exemplo do noso continuo apoio ás familias, abrimos unha nova convocatoria do programa de Respiro Familiar, unha iniciativa creada para axudar ás familias na súa atención ás persoas con discapacidade intelectual proporcionándolles un servizo que lles permite dispor de momentos de descanso, lecer e tempo libre.
Este sábado, o Colexio La Salle de Santiago acollerá unha nova edición do Encontro de Familias de persoas con discapacidade intelectual, que cada ano organiza FADEMGA Plena inclusión Galicia co obxectivo de traballar en propostas de mellora que axuden a fomentar a calidade de vida do colectivo e das familias.
 
Esta xornada supón cada ano un importante punto de encontro onde os familiares teñen a oportunidade de compartir as súas principais preocupacións e problemáticas do día a día, así como intercambiar experiencias e opinións en torno á súa relación coas persoas con discapacidade intelectual ou do desenvolvemento.
 
O tema condutor nesta ocasión será “Valores de cine” e profesionais do Movemento Asociativo encargaranse de dinamizar os obradoiros. Entre eles estarán Antonio Naya e Moisés Lamigueiro (Membros da Rede de Apoio á Ética de Plena inclusión España), Javier Perea (Director Técnico e de Calidade da Fundación Gil Gayarre, Madrid), Helio Gascueña (Presidente da Asociación APHISA, Alcalá de Henares) e Carmen Laucirica (Presidenta da Asociación APAELP, Gran Canaria).
 
O presidente de FADEMGA Plena inclusión Galicia, Eladio Fernández, inaugurará a xornada, dando paso aos diferentes relatorios e obradoiros onde se abordarán temas como “A importancia da mirada”, “Os novos valores do movemento asociativo” ou un obradoiro onde se debatirá sobre a e evolución dos valores. Durante o encontro proxectarase a curtametraxe “O circo das bolboretas” e ao finalizar terá lugar a entrega do “1º Premio Plena inclusión Galicia”, que nace co fin de recoñecer a loita de persoas e institucións pola plena inclusión das persoas con discapacidade intelectual e das súas familias en Galicia.
 Este luns, o Instituto Social da Mariña, na Coruña, acollía a un novo traballador moi especial.
Francisco Javier Gomila tomaba posesión da súa praza como Persoal laboral fixo da Administración Xeral do Estado, na categoría de Ordenanza (Axudante de Xestión e Servizos Comúns), despois de obter a maior puntuación de entre as 66 persoas con discapacidade intelectual que aspiraban ao posto no exame realizado o pasado 9 de maio en Madrid.
 
Xunto a Francisco Javier, tamén obtiñan praza Almudena Sutil, (na Subdelegación do Goberno de Ourense) e a viguesa Xiana Cortegoso (no INSS da cidade olívica). Unha cuarta persoa, a viguesa Sira Vasco, (que tamén recibiu apoios na preparación deste proceso selectivo con FADEMGA) resultou adxudicataria dunha praza de persoal laboral fixo, neste caso na Dirección Provincial de Ceuta do Ministerio de Educación, Cultura e Deporte.
 
Na actualidade FADEMGA Plena inclusión Galicia está a preparar a novos grupos de persoas con discapacidade intelectual que aspiran a obter unha praza de emprego público en vindeiras convocatorias da Administración Xeral do Estado e da Xunta de Galicia.
 

Os próximos 11 e 12 de novembro, a asociación ACEESCA de O Porriño, acollerá un curso sobre Dereitos das persoas con discapacidade intelectual que será impatido por dúas docentes da Coperativa Altavoz: Esther Muñoz, xoven con discapacidade intelectual, e Susana de Frutos.
 
En total, 19 alumnos chegados dende as entidades de ASPANAEX, JUAN MARÍA, JUAN XXIII e da propia ACEESCA participarán nesta iniciativa onde as clases son impartidas por unha persoa con discapacidade intelectual formada previamente na Universidade Autónoma de Madrid, para ser docente en tema de dereitos.
 
O curso - organizado por FADEMGA Plena inclusión Galicia, en colaboración coa cooperativa Altavoz – puido facerse realidade grazas ao Programa de Cidadanía Activa (financiado polo Ministerio de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade, a través da casilla de interese social do IRPF), e permite que os alumnos poidan coñecer de primeira man cales son os seus dereitos e como deben reivindicalos, ao tempo que se fomenta o empoderamento das persoas con discapacidade intelectual, a autodefensa dos seus dereitos e a aprendizaxe sobre aspectos clave dos mesmos.
 
Este curso segue a liña doutras formacións organizadas en pasados anos e nos que xa participaron máis de 90 persoas con discapacidade de toda Galicia.
 
A cooperativa Altavoz
 
Altavoz é unha cooperativa de integración social, que traballa co obxectivo de lograr unha maior autonomía para tódalas persoas, sendo as propias persoas con discapacidade intelectual as que lideran a empresa, aplicando unha visión innovadora e mostrando como o mundo pode adecuarse a calquera persoa.
A Deputación de Pontevedra e o Concello de Vigo veñen de conceder novas subvencións ao Servizo de Información e Orientación laboral que FADEMGA Plena inclusión ten na cidade olívica. A primeira delas, concedida pola Deputación de Pontevedra, está dirixida a entidades de iniciativa social no marco de prestación de servizos sociais especializados para o ano 2015.
A segunda, concedida polo Concello de Vigo, corresponde á concesión de subvencións a entidades e asociacións de carácter social e sen ánimo de lucro para a realización de actividades na área de servizos sociais no ano 2015.
 
    
   
 
O II Encontro Nacional de Boas Prácticas en Lectura Fácil "Letras para todos", acaba de seleccionar "O efecto multiplicador da Lectura Fácil", de FADEMGA Plena inclusión Galicia, como Boa Práctica para o Encontro que terá lugar os próximos 20 e 21 de novembro na Casa do Lector (Madrid).
 
Xunto a esta Boa Práctica de FADEMGA, tamén foron seleccionados os traballos “Adaptación do curso prevención de abusos” do Cooperativa Altavoz (Madrid), “Guía Básica sobre Violencia contra as Mulleres” de ASPRODEMA (La Rioja), “A gran aventura de Miguel Strogoff” da Asociación Frei Serafín Madrid Soriano (Castilla la Mancha), “O amor complicado cóntocho fácil” da Fundación AMÁS Social (Madrid) e “Teresa de Ávila, a súa vida en Lectura Fácil” da Fundación San Cebrián (Castela e León).
 
Este recoñecemento supón un importante respaldo á firme aposta que FADEMGA Plena inclusión Galicia está a facer para promover o uso da lectura fácil entre as súas entidades, a través da organización de cursos, a elaboración de novos materiais adaptados e o apoio a novas iniciativas como a creación dunha Biblioteca con libros en lectura fácil e libros de pictogramas, (accesible a través da nosa web e á que poden acceder asociacións e persoas interesadas) ou a adaptación de documentos e convocatorias dirixidas a persoas con discapacidade, como a convocatoria de Viaxes do IMSERSO, a información do Servizo de Emprego, dípticos sobre drogas, materiais dos Talleres de Promoción de Vida Independente….
 

 Este ano estreamos nova denominación e imaxe, agora somos FADEMGA Plena inclusión Galicia, e para celebralo queremos presentar o 21Encontro de Familias como un Festival de Cine: o I Festival de cine pola Plena inclusión.
 
Non vos podedes perder esta festa que terá lugar en Santiago de Compostela, no colexio Lasalle, a mañá do sábado, 21 de novembro, onde celebraremos obradoiros - debate, relatorios.... e no que terá lugar a entrega da 1º edición do Premio "Plena inclusión Galicia", destinado a recoñecer a loita de persoas e/ou institucións pola plena inclusión das persoas con discapacidade intelectual ou do desenvolvemento.
 
 
Para aclarar calquera dúbida sobre o 21Encontro de Familias podedes poñervos en contacto con nós no teléfono 981519650.
 En FADEMGA Plena inclusión Galicia cambiamos de cor pero non de esencia, e continuamos traballando para garantir a mellora da calidade de vida das persoas con discapacidade intelectual e do desenvolvemento e das súas familias, por elo organizamos unha nova edición do Seminario sobre Discapacidade Intelectual e Saúde Mental.
 
A cita terá lugar o venres 20 de novembro, na Facultade de Psicoloxía (Mód. A, planta -1), Calle Xosé María Suárez Núñez, s/n. Campus Vida, en Santiago de Compostela, e volverá a contar coa Declaración de Interese Sanitario por parte da Consellería de Sanidade.
 
O Seminario está dirixido a técnicos e profesionais da administración pertencentes ao ámbito social, sanitario e educativo, profesionais do sector da discapacidade intelectual e do movemento asociativo, profesionais de outras organizacións que traballen nestes ámbitos e estudantes de diferentes disciplinas: traballo social, psicoloxía, terapia ocupacional, enfermería, etc.
 

Os días 26 e 27 de outubro, a Federación acollerá un novo curso para promover a adaptación de textos a lectura fácil.

Froito deste traballo, a Lei de Accesibilidade de Galicia recoñece a Lectura Fácil como unha das fórmulas para facilitar a comprensión da información

11 persoas con discapacidade intelectual ou do desenvolvemento das asociacións ASPAS (Santiago) ASPADEZA (Lalín), JUAN XXIII (Pontevedra), ACEESCA (Ou Porrriño) e da propia Federación, participarán no curso de Lectura Fácil que pon en marcha FADEMGA Plena inclusión Galicia, co obxectivo de dar a coñecer os conceptos básicos da lectura fácil e proporcionar as competencias básicas para a elaboración de textos neste formato.

As persoas con discapacidade estarán acompañadas de 10 persoas de apoio, xunto ás que aprenderán as pautas e normativa europea que rexen este tipo de textos, a importancia de ofrecer material en lectura fácil para garantir o acceso á información das persoas con discapacidade intelectual ou mesmo desenvolver as competencias para elaborar e revisar materiais en lectura fácil.

O curso, que se desenvolverá os días 26 e 27 de outubro, forma parte da iniciativa posta en marcha por FADEMGA para fomentar o uso da lectura fácil nas 40 entidades federadas. Até agora, xa se organizaron 2 cursos nos que participaron 25 persoas con discapacidade intelectual e 16 profesionais, e que deron os seus primeiros froitos coa creación de 4 grupos de lectura fácil na asociación ASPAS de Santiago, onde tamén se iniciou un Club de Lectura Fácil en colaboración coa Biblioteca Nodal de Santiago.

En varias asociacións federadas tamén se comezou a adaptar material, por exemplo o "Proxecto Afectivo-Sexual" da Asociación CHAMORRO, de Narón, e o Plan de Voluntariado da asociación ACEESCA, de Porriño. Dende a propia federación tamén se comezan a tomar iniciativas, como a creación dunha Biblioteca con libros en lectura fácil e libros de pictogramas, (accesible a través da nosa web e á que poden acceder asociacións e persoas interesadas) ou a adaptación de documentos e convocatorias dirixidos a persoas con discapacidade, como a convocatoria de Viaxes do IMSERSO, a información do Servizo de Emprego, dípticos sobre drogas, materiais dos Talleres de Promoción de Vida Independente ou actas das reunións dos autoxestores.

Froito deste traballo, FADEMGA Plena inclusión Galicia colaborou no desenvolvemento da Lei de Accesibilidade de Galicia, LEI 10/2014, de 3 de decembro, de accesibilidade, que finalmente inclúe a Lectura Fácil como unha das fórmulas para facilitar a comprensión da información, (artigos 11, 14, 25 e 34)

FADEMGA Plena inclusión Galicia ven de participar na Xornada “As persoas con discapacidade ante os procedementos xudiciais. Os estándares da Convención sobre os Dereitos das Persoas con Discapacidade” organizada polo Ilustre Colexio de Avogados de Ferrol e pola Fundación Abogacía Española, coa colaboración de Plena inclusión, o CERMI e a Fundación ONCE.
 
A xornada plantexouse co obxectivo de que os profesionais coñecezan os aspectos clave da Convención Internacional sobre os Dereitos das persoas con discapacidade como instrumento xurídico directamente aplicable, así como a principal normativa de referencia.
Trátase de que se familiaricen coa igualdade e a non discriminación no trato cos seus clientes con discapacidade.
 
A través deste tipo de xornadas danse as ferramentas para que os profesionais coñezan en profundidade o que é a discapacidade intelectual e as súas implicacións, o primeiro paso para garantir ás persoas con discapacidade intelectual o exercicio efectivo dos seus dereitos á hora de acceder á xustiza.
 
Laura Sánchez Ibarra, responsable do programa de Atención a Persoas con discapacidade intelectual reclusas e exreclusas de Galicia, participou na Mesa “Acceso á Xustiza e Capacidade Xurídica: denunciando a morte civil” onde se afondou no caso concreto das persoas con discapacidade intelectual ou do desenvolvemento e a súa especial vulnerabilidade nos procesos xudiciais.
 
Xunto a ela estiveron presentes profesionais do ámbito xudicial e da discapacidade como Nieves Santomé Couto, Decana del Ilustre Colexio de Avogados de Ferrol, Carles McCragh, Vicepresidente da Fundación Abogacía Española, Jesús Acedo, formador en dereitos das persoas con discapacidade de Plena inclusión ou Rafael Armesto, avogado da Rede de Xuristas de Plena inclusión, entre outros.
 As persoas con discapacidade intelectual ou do desenvolvemento presentan un maior número de trastornos psiquiátricos e condutuais coexistentes, pero moitas veces a detección dos mesmos resulta complexa ou o tratamento non é eficaz, o que repercute na diminución da súa calidade de vida, ameaza a estabilidade da situación familiar e pon en perigo a súa permanencia nos centros de atención ós que acoden.
 
Para abordar estes casos, ós que é dificil ofrecer unha resposta efectiva, FADEMGA Plena inclusión Galicia organizou novamente esta xornada que este ano acada a súa 5º edición co obxectivo de mellorar a atención que reciben as persoas con discapacidade intelectual e trastornos mentais e/ou alteracións de conduta asociados.

 O programa de “Atención Integral a persoas reclusas e exreclusas con discapacidade intelectual” continúa co seu proxecto de saídas terapéuticas, destinadas a mellorar as condicións dun colectivo tan vulnerable como o das persoas con discapacidade intelectual que se atopan en diferentes centros penitenciarios galegos.
 
Nesta ocasión, usuarios do programa dos centros de Pereiro de Aguiar e A Lama, achegáronse ata Tui nunha saída conxunta que incluíu actividades deportivas no río Miño, onde os participantes puideron realizar un descenso en Kayak desde Caldelas a Tui.
 
Esta saída ten como obxectivo a posta en práctica, nun contexto normalizado, de distintas habilidades traballadas no programa como capacidades sociais, manexo do euro ou toma de decisións, ao tempo que se achegan novamente á sociedade e coñecen novas actividades de ocio saudable.
 

 Hoxe FEAPS, (representada en Galicia por FADEMGA FEAPS GALICIA) a ONG que representa ás persoas con discapacidade intelectual ou do desenvolvemento en España, deixa de ter esta denominación para converterse en Plena inclusión.
 
Esta noite, edificios representativos como a Torre de Hércules, a Cidade da Cultura e o Concello de Pontevedra, iluminaranse de verde en apoio ao colectivo da discapacidade.
 
Desde fai máis de medio século, FEAPS (Confederación española de organizacións en favor das persoas con discapacidade intelectual ou do desenvolvemento) traballa pola igualdade de oportunidades e a inclusión social deste colectivo e as súas familias.
 
Con todo, até agora seguía conservando unha denominación que non se correspondía á actual misión e valores da organización, nin ao sentir de moitas persoas con discapacidade intelectual ou do desenvolvemento e as súas familias ás que representa.
 

 O día 2 de outubro España tinguirase de vede cun obxectivo común: a plena inclusión das persoas con discapacidade intelectual ou do desenvolvemento e das súas familias.
 
Desde fai máis de 50 estamos en FEAPS loitamos por unha misión: a cidadanía e a igualdade de oportunidades para todas as persoas con discapacidade intelectual ou do desenvolvemento e as súas familias. A partir do día 2 FEAPS transmitiremos esta idea da plena inclusión cunha nova identidade visual e unha nova denominación.
 
Durante esta semana, desde FEAPS, estamos a mobilizar as redes sociais para convidar a tódala sociedade a presenciar este importante cambio.
 
As nosas federacións cambiaron as súas fotos de perfil de Facebook e Twitter, e mediante o hashtag #Plenainclusión buscamos tinguir de verde o máximo de perfís, ademais de mostrar ao máximo de xente posible que moitas administracións, institucións e empresas súmanse á plena inclusión destas persoas iluminando de verde edificios emblemáticos de toda España.

 FADEMGA FEAPS GALICIA continua traballando na mellora da calidade de vida e na atención e apoios que dende o movemento asociativo se prestan ás persoas con discapacidade intelectual e do desenvolvemento, en situacións de especial vulnerabilidade e/ou maior risco de exclusión social, como é o caso das persoas con trastorno dual (persoas con discapacidade intelectual ou do desenvolvemento e enfermidade mental e/ou alteracións de conduta).
 
Proba delo é a celebración o día 19 de outubro da V Sesión Clínica. Esta quinta edición consistirá nunha xornada adicada ó análise de casos de difícil intervención presentados polos membros do Grupo de traballo sobre trastornos mentais e/ou alteracións de conduta da Federación; un grupo de profesionais de diferentes disciplinas que traballan para mellorar a atención que reciben as persoas con discapacidade intelectual e trastornos mentais e/ou alteracións de conduta asociados.

Dende FADEMGA FEAPS Galicia poñemos en macha o curso, "Dinámicas grupais e traballo en equipo. Métodos ou formas de motivación de persoas con discapacidade intelectual" destinado ao análise da importancia do traballo en equipo e da motivación das persoas con discapacidade.

O curso conta con 20 prazas e a data límite de inscrición é o 9 de outubro. Aqueles interesados deberedes remitir a seguinte documentación a Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

- Ficha de inscrición

- Autorización cesión datos alumno

- Carnet/compromiso/convenio que acredite ser voluntario de algunha entidade social.

 

Podedes descargar tódala información e documentación para realizar a vosa inscrición no seguinte enlace: "Curso Dinámicas grupáis "

A web do Ministerio de Facenda e Admnistracións Públicas ven de publicar a relación de aspirantes que superaron o proceso selectivo e aos que se lles adxudican as 15 prazas de persoal laboral fixo na categoría de Ordenanzas convocadas en turno específico para persoas con Discapacidade Intelectual.
 
Tres das 15 prazas convocadas no conxunto do Estado corresponden a postos de traballo en Galicia: Instituto Social da Marina en A Coruña, Subdelegación do Goberno en Ourense e no Instituto Nacional da Seguridade Social en Vigo.
Francisco Javier Martínez Gomila, -aspirante compostelán- obtivo a praza de A Coruña; Almudena Sutil, -veciña de Ourense- fíxose coa praza da Subdelegación do Goberno na súa cidade e a viguesa Xiana Cortegoso tomará posesión da súa praza no INSS da cidade olívica.
 
Unha cuarta persoa, a viguesa Sira Vasco, (que tamén recibiu apoios na preparación deste proceso selectivo con FADEMGA) resultou adxudicataria dunha praza de persoal laboral fixo, neste caso na Dirección Provincial de Ceuta do Ministerio de Educación, Cultura e Deporte.
 
:: Apoios integrais para facilitar a inserción laboral do colectivo
 
Esta terceira convocatoria de prazas de emprego público reservadas en exclusiva para persoas con discapacidade intelectual da Administracion Xeral do Estado, realizábase o pasado mes de decembro, para o cal FADEMGA FEAPS GALICIA habilitou un sistema integral de apoios que fixo máis doado para os aspirantes participar no proceso selectivo.
 
Os apoios prestados pola Federación incluiron dende formación específica e adaptada ou xestión de documentación, ata a organización do transporte e o aloxamento de aspirantes e acompañantes para o proceso selectivo que se celebrou o pasado 9 de maio en Madrid.
 
FADEMGA FEAPS GALICIA celebra estes resultados tan satisfactorios e felicita a estas catro persoas polos resultados obtidos e o esforzo realizado. Asimesmo, a Federación quere felicitar ás máis de 100 persoas con discapacidade intelectual que prepararon este proceso selectivo co apoio de FADEMGA polo seu esforzo e entusiasmo e anímaos a continuar coa súa preparación de cara a vindeiras convocatorias da Administración Xeral do Estado e da Xunta de Galicia, que neste ano 2015 reserva un 2% da súa Oferta de Emprego Público para prazas de persoal laboral fixo para persoas con Discapapacidade Intelectual.
Este martes, o Parlamento de Galicia acollía unha sesión plenaria onde se abordaba a modificación da Lei 13/2008 do 3 de decembro, de Servizos Sociais de Galicia, para a introducción e promoción dos concertos sociais.
 
Dita modificación foi presentada polo PSdeG e apoiada polo resto de grupos parlamentarios, pero resultou desestimada polo Partido Popular (con 32 votos a favor e 39 en contra). Non obstante, o Partido Popular deixou unha porta aberta á valoración desta situación, e asegurou que están a estudar unha nova proposta nun marco de colaboración específico.
 
Con relación a esta Proposta de Lei, FADEMGA FEAPS GALICIA, en conxunto coa Confederación Nacional FEAPS, e o CERMI, ven defendendo dende hai anos a necesidade de modificar o modelo de concerto social de contratacións que poden situar ás entidades sociais en condicións de manifesta inferioridade con respecto á competir con empresas con ánimo de lucro.
 
Trátase dunha reivindicación que ven de ser aprobada noutras comunidades como Baleares, País Vasco, Asturias e máis recentemente, Murcia.
 
O Parlamento Europeo aprobaba o 15 de xaneiro do presente ano, a nova Directiva de contratación pública que recoñece a especificade dos servizos sociais e o papel que estes desempeñan na vida dos colectivos en situación de vulnerabilidade, incluídas as persoas con discapacidade.
 
Dende FADEMGA FEAPS GALICIA sumámonos á petición do CERMI, pedindo que se garantan os dereitos das persoas con discapacidade intelectual na organización e financiación dos servizos sociais, dado que as autoridades públicas teñen a posibilidade de establecer formas de cooperación á marxe da contratación pública.
 
Estas modalidades de relación alternativas, moitas veces, resultan mais axeitadas para organizar servizos sociais encamiñados á garantir apoios ás persoas con discapacidade intelectual ó longo do seu ciclo vital e centrados en proxectos persoais. Solicitamos que, en todo caso, os procedementos de contratación garantan a continuidade e sostenibilidade destes servizos (que vimos ofrecendo dende fai 50 anos), así como unha rede de apoio sostida no tempo para as persoas con discapacidade intelectual e as súas familias.
 
Pedimos que este plantexamento se aborde o antes posible, pois consideramos que con vontade política o cambio pode ser factible a curto prazo.
FADEMGA FEAPS GALICIA lanza a segunda sesión sobre a elaboración de Plans de Persoas FEAPS (Proxecto LIDER), que terá lugar a xornada do xoves, 24 de setembro (de 10.00 a 14.00 horas) e na que o experto consultor Santos Hernánndez explicará o proceso de elaboración de plans de persoas FEAPS, así como os compromisos que esta implica.
 
As entidades que teñades interese en asistir a esta sesión inicial, deberedes comunicalo antes do Luns 21 de setembro remitindo un mail a Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
 
:: Os Plans de Persoas FEAPS
 
Un Plan de persoas FEAPS é un documento que contén unha reflexión sistemática e completa da situación da entidade, das liñas estratéxicas e pautas a seguir, dos obxectivos a alcanzar e das actuacións a desenvolver en materia de dirección, xestión e administración de persoas e relacións laborais. O Plan de Persoas inclúe tamen nuha estimación de medios necesarios e dos custos, así como de indicadores de seguimento e avaliación.


Unha Política de Persoas orientará a planificación da xestión de Persoas, é dicir, que de acordo coas prioridades e coa limitación de recursos, de tempo e de dispoñibilidade, farase a planificación anual de xestión de persoas.

En consecuencia preténdense lograr os seguintes obxectivos:

1. Conseguir unha visión compartida de tódolos membros do equipo.

2. Ser un marco no que se deixe claro, da maneira máis equilibrada posible, que é o que pide a organización aos seus profesionais, máis aló das tarefas propias da súa función, e que é o que lles ofrece, sempre nun marco de mellora continua.

3. Lograr a corresponsabilidade de todos para o correcto funcionamento do equipo. Iso é responsabilidade da dirección, pero tamén de todos e cada un dos membros.

4. Facilitar a mellora individual e profesional dos membros do equipo a través da xestión das competencias, entendidas estas como un "Conxunto de coñecementos, aptitudes e actitudes que se deben achegar a un posto de traballo para realizalo co máis alto grao de eficiencia".

5. Promover a satisfacción laboral e a procura da máxima competencia profesional.

Os días 14 e 15 de setembro, FADEMGA FEAPS GALICIA acollerá o curso “Quen dixo medo? Adestramento teatral para falar en público”, realizado a través do Programa de Cidadanía Activa, e que xa contou cunha primeira edición moi exitosa no mes de xuño.
 
O curso, impartido por membros de “O Falcón Branco”, -entidade dedicada ao desenvolvemento de proxectos de educación non formal e de divulgación- pretende dar resposta á demanda dun gran número de autoxestores, que participan na asociación e na comunidade a través de coloquios, obradoiros e xornadas, nas que teñen que falar en público.
 
Actividades formativas como esta ofrécenlles a posibilidade de mellorar as súas habilidades sociais, comunicativas e de expresión a través de diferentes técnicas teatrais. O curso contribúe igualmente a mellorar a autoestima e o empoderamento individual e colectivo dos participantes, que teñen a posibilidade de poñer en práctica na súa vida diaria as técnicas ensinadas durante as clases.
 FADEMGA FEAPS GALICIA ven de soster a primeira xuntanza co titular da Consellería de Educación, Román Rodríguez, que sustituiu no mes de febreiro a Jesús Vázquez, actual rexedor da cidade de Ourense.
 
O presidente de FADEMGA FEAPS GALICIA fixo entrega dun dosier de documentación onde se recolle a presencia da federación no ámbito educativo, cun total de 40 entidades asociadas, das cales 14 teñen centros ou aulas concertadas de Educación Especial, dando soporte a 429 alumnos/as con discapacidade intelectual e/ou do desenvolvemento, e contando cun total de 257 profesionais en 84 unidades educativas.
 
Asimesno plantexáronse as diferentes liñas estratéxicas nas que FADEMGA está a traballar: FP adaptada, certificación dos alumnos/as con discapacidade intelectual, supervisión e alegacións ós diferentes desenrolos normativos , inclusión educativa e transformación de servizos.
 

Esta nova edición de "Letras para todos" -cuxo programa pode consultarse na web www.letrasparatodos.org -, centrarase en prácticas relacionadas coa lectura fácil como ferramenta para facilitar o acceso á xustiza; e co apoio das novas tecnoloxías a esta metodoloxía de textos de fácil comprensión.
 
O encontro está aberto a todas aquelas persoas e organizacións interesadas na lectura fácil, que ademais de inscribirse poden enviar as súas propias propostas de boas prácticas aos organizadores ata o 23 de outubro.
 
Tras o éxito da pasada edición, FEAPS organiza de novo o Encontro Nacional de Boas Prácticas en Lectura Fácil "Letras para todos". Faino xunto a Factoría de Arte e Desenvolvemento, Altavoz Cooperativa e Dilofácil e co apoio do Ministerio de Educación, Cultura e Deporte, e de Casa do Lector (Fundación Germán Sánchez Ruipérez).
 
O obxectivo deste 2º encontro é volver compartir experiencias relacionadas coas aplicacións e usos da lectura fácil, unha metodoloxía que fai os textos máis fáciles e comprensibles para persoas con dificultades de lecto-escritura. O encontro celebrarase en casa do Lector (Matadoiro Madrid), os días 20 e 21 de novembro de 2015.
 
Nesta nova edición centrarase en experiencias que relacionan a lectura fácil co acceso a un dereito fundamental como é a xustiza, e co apoio que poden dar as novas tecnoloxías da información e a comunicación á facilitación de textos. Neste sentido, mostraranse algunhas interesantes aplicacións que xa están a funcionar e que abren novas portas ao desenvolvemento desta técnica de redacción para todas as persoas.
 
Xunto a iso, a organización do encontro abriu un prazo para recibir propostas das boas prácticas que finalmente se mostrarán no mesmo. Esta recepción de propostas está aberta a todo o mundo e pode efectuarse desde hoxe até o próximo 23 de outubro, a través da páxina web do encontro.
 
Xunto a estas experiencias, en evento tamén celebrará talleres específicos onde os asistentes poderán practicar e experimentar diversas facetas da lectura fácil (teatro, textos novelados, validación de textos...) Como culminación, este ano o encontro pecharase con dúas conferencias especiais. Por unha banda, unha representante de Clarity International, unha organización que promove a linguaxe sinxela no dereito e a xustiza. Por outra, un membro da IFLA, a Federación Internacional de Bibliotecarios (a primeira organización que redactou unhas pautas sobre esta técnica inclusiva).
 
As persoas interesadas en asistir, xa poden inscribirse en www.letrasparatodos.org
O falecemento dun ser querido é unha das perdas máis amargas que pode experimentarse, pero non é a única, hai outras perdas que tamén pode dar lugar o duelo, por exemplo o cambio forzoso de domicilio, perdas de saúde, cambio de persoas de referencia (coidadores, monitores), cambios de rutinas...
 
As persoas con discapacidade intelectual e do desenvolvemento non son alleas a estas situacións e lonxe de deixalos a marxe, debemos axudalas a superar estos momentos.
 
Para reflexionar sobre o duelo e os diferentes aspectos asociados ó mesmo, FADEMGA FEAPS GALICIA, organiza a Xornada O proceso de duelo en persoas con discapacidade intelectual, que terá lugar o vindeiro 1 de outubro, nas instalacións do Gran Hotel Los Abetos (San Lázaro s/n 15820 Santiago de Compostela).
 
Esta xornada está dirixida a persoas con discapacidade intelectual maiores de 45 anos ou en proceso de envellecemento acompañados por algún profesional das entidades de FADEMGA FEAPS GALICIA.
 
Aquelas persoas interesadas en participar deben enviar o boletín de inscrición debidamente cuberto e asinado (por correo ordinario ou escaneado por e-mail) a Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. antes do 24 de setembro.
Para máis información contacten a través do teléfono 981.519.650, ou correo electrónico Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.. (Persoa de contacto: Pilar Villaverde).
 
 O pasado mes de agosto, o servizo de Respiro Familiar que ofrece periodicamente a Federación, cumpriu o seu vixésimo aniversario. 20 anos nos que os profesionais FADEMGA FEAPS GALICIA veñen ofrecendo prestacións ás persoas con discapacidade intelectual para que os seus coidadores habituais poidan descansar ou recibir asistencia para un problema de saúde ou doutro tipo que lles impida prestarlles nese período toda a atención que requiren.
 
Os períodos de respiro familiar concéntranse habitualmente en pontes e períodos vacacionais. Neste tempo, os monitores organizan una serie de actividades que responden ós intereses dos participantes e que na medida do posible se tratan de consensuar.

 O pasado xoves, o Presidente de FADEMGA FEAPS GALICIA, acompañado polo xerente da Federación e por un Técnico de Orientación Laboral do Servizo de Información e Orientación Laboral, reuníronse no Concello de Vigo coa Comisión de Seguimento da Convocatoria de Subvencións para o Fomento do Emprego de entidades sen ánimo de lucro do ano 2015.
 
Durante esta reunión, procedeuse á revisión e aprobación da candidatura presentada para a contratación dunha Preparadora Laboral-Formadora para a Delegación de FADEMGA na cidade de Vigo, cuxa contratación estará subvencionada a través desta convocatoria.
 
 
 A entidade de ASPADISI, o Concello de Carballiño e FADEMGA FEAPS GALICIA, presentaron o pasado venres o programa de Promoción da Vida Independente posto en marcha pola Federación. 
 
Trátase dun programa que da as ferramentas e capacita ás persoas adultas con discapacidade intelectual para que tomen as súas propias decisións e conten cos coñecementos necesarios para poñelas en práctica de maneira autónoma.
 
O obxectivo final do programa de Promoción da Vida Independente é que estas persoas consigan unha maior autodeterminación, e gañen progresivamente un maior control sobre as súas vidas e na súa contorna habitual, o que lles aportará unha maior igualdade de oportunidades.
 

 O vindeiro 30 e 31 de outubro, o Auditorio Príncipe Felipe, en Oviedo, acollerá a celebración do III Foro Consultivo FEAPS.
 
Persoas con discapacidade intelectual, familiares, profesionais, voluntarios... tódalas persoas do movemento asociativo estades chamadas a formar parte deste evento que se celebra cada catro anos e cuxa culminación e a elaboración do Plan Estratéxico que guiará o noso traballo diario en favor das persoas con discapacidade intelectual.
 
Dende hai varias semanas, todos podedes participar no deseño da estratexia futura da organización, a través do Foro Conecta2, onde se ofrecen diferentes vías para que acheguedes as vosas inquietudes e esperanzas no que respecta ao noso movemento asociativo.
 

FADEMGA FEAPS GALICIA está a organizar unha xornada informativa sobre o modelo de emprego no que AEDIS (Asociación Empresarial da Discapacidade) está traballando.
 
A proposta de AEDIS apunta hacia un modelo de traballo flexible, vinculado ó sistema educativo, centrado na avaliación continua das circunstancias da persoa e con mecanismos de tránsito ou retorno entre servizos.
 
A xornada correrá a cargo de D. Fernando Rey-Maquieira Palmer, xerente de AMADIP-ESMENT (Illas Baleares) e membro da Xunta Directiva de AEDIS.
 
Entre outros principios, o modelo de emprego de AEDIS aposta por:
 
- Deseño de itinerarios por perfil: inserción en empresa ordinaria, centro especial de emprego, centro ocupacional.
- Calificación e profesionalización das persoas con discapacidade intelectual a través de sistemas mixtos de formación e emprego para obter un certificado de profesionalidade (formación dual).
- Dereito de retorno ó CEE desde a empresa ordinaria para aqueles traballadores con discapacidade afectados pola idade, o deterioro físico o u polo fracaso na súa transición laboral.
- Compatibilidade de servizos a través dun sistema mixto. Co obxecto de ofrecer información sobre esta cuestión, organízase unha xornada informativa no Salón de Actos de FADEMGA FEAPS GALICIA.
 
Está dirixida a profesionais das entidades federadas.
AFORO LIMITADO. INSCRICIÓN ATA LUNS 6 DE XULLO.
 
 Un total de 174 persoas con discapacidade intelectual beneficiáronse do Programa de Vacacións do IMSERSO, que cada ano executa FADEMGA FEAPS GALICIA a través da súa Confederación FEAPS.
 
Este programa beneficia ás persoas con discapacidade intelectual contribuíndo á súa integración social, co obxectivo de que os usuarios participen social e persoalmente na comunidade. Deste xeito, poden realizar actividades de ocio de maneira integradora, tendo a oportunidade de desenvolver unha maior autonomía persoal. A Federación busca con elo favorecer as relacións interpersoais entre os participantes e inténtase dar cabida a todos aqueles solicitantes en situación de maior desvantaxe social, económica, familiar e persoal.

Xa podedes consulta a través da sección Documentos, a Memoria de Actividades 2014 e o Plan de Acción 2015, despóis de ser ambas aprobadas pola Asemblea da Federación o pasado 20 de xuño.
 
Nos documentos atoparedes a información máis relevante das principais Áreas e Programas que desenvolve FADEMGA FEAPS GALICIA durante todo o ano, co fin de mellorar a calidade e vida das persoas con discapacidade intelectual e as súas familias.
 
Preme nos seguintes enlaces e accederás directamente á documentación:
 

Memoria de Actividades 2014

Plan de Acción 2015

Para continuar avanzado no proceso de mellora da nosa labor asociativa e para afrontar os retos dun ámbito cada vez máis cambiante, dende FADEMGA FEAPS GALICIA voltamos a relanzar o proxecto de FEAPS en FORMA.
 
FEAPS EN FORMA naceu como un espazo de aprendizaxe co obxectivo de ofrecernos aos dirixentes (directivos e xerentes) das entidades que integramos FEAPS, a oportunidade de adquirir e mellorar os coñecementos e capacidades que nos permitan liderar, gobernar, xestionar e facer progresar as nosas organizacións en consonancia coa misión, visión e valores do noso movemento asociativo.
 
Por todo elo, convocamos unha nova edición do curso básico de formación de directivos da Escola de Dirixentes FEAPS EN FORMA. Este curso é un dos requisitos para o acceso á etapa de despregamento e seguintes do Sistema de Calidade FEAPS e para a súa acreditación (Na 2ª etapa de Calidade FEAPS se esixe que polo menos o 50% dos directivos da entidade teñan realizado esta formación).
 
A convocatoria está dirixida aos membros das Xuntas Directivas das entidades federadas e estará aberta tamén aos Xerentes, que poderán asistir sempre que acudan acompañados, a lo menos, de dous directivos da súa entidade. Podería chegar a incorporarse aspirantes a membros da Xunta Directiva (neste caso, asistirán como alumnos sempre que teñan unha representación minoritaria do total de alumnos).
 
NOVIDADE!!!
 
O curso terá unha duración de 40 horas, constará de 5 sesións formativas que se impartirán na aula de FADEMGA FEAPS GALICIA en Santiago de Compostela, excepto no caso de que tódalas solicitudes cheguen dunha mesma provincia.
 
O prazo de inscrición finalizará o 10 DE SETEMBRO DE 2015. No seguinte enlace pode descargar a FICHA TÉCNICA, FORMULARIO DE INSCRICIÓN, e FOLLETO DA ESCOLA DE DIRIXENTES.
 
Oferta: preparador laboral - formador
 
Número de postos: 1
 
Localidade: Rúa Oliva, nº 12. Vigo.
 
Duración: 30 de setembro de 2015.
 
Titulación: FP en Integración Social ou Titulado de grao medio, nas especialidades de Educación Social, Traballo Social, Maxisterio en Educación Especial, ou outras titulación da rama social. 
 
Valórase: Formación e coñecementos profesionais no sector da discapacidade intelectual e na área social, así como en formación e inserción laboral. Imprescindible carné de conducir e dispoñibilidade de coche.
 
Requisitos: Estar inscrito como demandante de emprego no Servizo Público de Emprego de Galicia e estar empadroado no Concello de Vigo cando menos desde o 1 de xaneiro de 2014.
 
Contacto: Enviar cv ata o 25 de xuño a Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.. Indicar no asunto “OFERTA DE PREPARADOR LABORAL- FORMADOR”. É imprescindible achegar copia dixitalizada da tarxeta de demandante de emprego e do volante de empadroamento.
A charla enmarcouse dentro dunha sesión informativa sobre xenética e farmacoxenética organizada por FADEMGA FEAPS GALICIA
 
O catedrático de Medicina Legal e director do Grupo de Medicina Xenómica da Universidade de Santiago,  Ángel Carracedo, impartiu este luns unha charla sobre “As probas xenéticas e a farmacoxenética na discapacidade intelectual e/ou do desenvolvemento”, dirixida a profesionais da discapacidade intelectual, que desenvolven actualmente o seu traballo en diferentes asociacións galegas membro de FADEMGA FEAPS GALICIA. 
 
O vicepresidente da Federación galega, Elías Palacio, deu a benvida ao profesor Carracedo, agradecendo a súa implicación e destacando “que é de vital importancia para os profesionais do noso colectivo coñecer con maior profundidade a relación da xenética dentro do campo da discapacidade intelectual e non hai ninguén mellor que o profesor Carracedo, para arroxar luz sobre un área de investigación descoñecido para un gran número de profesionais.”
 

Entidades da discapacidade intelectual galegas, acollerán durante o mes de xuño cursos sobre “Autodeterminación das persoas con discapacidade intelectual”, postos en marcha por FADEMGA FEAPS GALICIA.
 
A través destes cursos a Federación quere empoderar ás persoas con discapacidade intelectual mediante a formación sobre os seus dereitos, a autodeterminación e sobre a importancia de tomar decisións e a resolución de conflitos.
 
Os cursos levaranse a cabo nas entidades de ASPANAEX (Vigo, 9 de xuño), PRODEME (Monforte, 10 de xuño) e PAI MENNI (Betanzos, 11 de xuño) e en total participarán 54 persoas con discapacidade intelectual de 11 entidades de toda Galicia acompañadas de varias persoas de apoio. A formación correrá a cargo de dous docentes da Cooperativa Altavoz, un deles con discapacidade intelectual.
 

Mañá venres, 29 de maio, terá lugar no Hotel Los Abetos, en Santiago de Compostela, unha sesión informativa sobre diferentes aplicacións informáticas, enmarcada dentro das actividades desenvoltas pola Central de Compras da Diversidade posta en marcha pola federación. 

As aplicacións que se introducirán nesta sesión serán:

CRM Socialia, un software de xestión para ONGs, fundacións, centros de día, servizos sociais e centros de rehabilitación; o programa NeronUP, unha plataforma web que pretende converterse nun apoio fundamental para os profesionais implicados nos procesos de rehabilitación e estimulación cognitiva, e finalmente o programa Ontimize + INTEGRA, unha solución verticalizada, baseada na tecnoloxía Ontimize que facilita a mellora da eficiencia organizativa e a orientación dos profesionais no apoio da mellora da calidade de vida das persoas con discapacidade. 

A sesión terá lugar no Hotel Los Abetos (Rúa de San Lázaro s/n. Santiago de Compostela)

Aínda que está enmarcado dentro do Proxecto da Central de Compras, a sesión está aberta a tódolos interesados (independentemente de que esteades adheridos á Central ou non) .

A continuación facilitámosvos o programa e a folla de inscrición, que deberedes remitir cuberta a Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo..

Programa

Folleto de inscrición