A exposición “CapacitARTE” leva o traballo de FADEMGA Plena inclusión Galicia e o das súas entidades á Xunta
A directora xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade, Fabiola García Martínez, inaugurou esta mañá a mostra de FADEMGA Plena inclusión Galicia e das súas entidades, no marco do proxecto “CapacitARTE. Así somos. Así o facemos’, que se poderá visitar no espazo da pirámide do edificio da Xunta de Galicia en San Caetano.
A exposición está formada por unha vintena de fotografías e texto explicativo que reflicte o día a día deste colectivo, así como das actividades e programas que levan a cabo as 40 entidades que compoñen a Federación.
Comparecemos ante o grupo e En Marea, para darlle a coñecer as demandas actuais do noso colectivo
O presidente de FADEMGA Plena inclusión Galicia, Eladio Fernandez, explicou esta mañá ante o grupo parlamentario de En Marea, as principais reivindicacións do colectivo de persoas con discapacidade intelectual e familias de Galicia.
Entre as principais demandas que o presidente recolleu na súa exposición destacou a necesidade de abordar a Carteira de Servizos, “é necesario definir un sistema de avaliación do novo modelo así como unha análise de posibles riscos da súa implantación xa que esta nova carteira de servizos non deixa de ser o paso dun modelo real contrastado e eficiente a un modelo moi complexo do cal non temos probada a súa eficacia nin eficiencia”
Ana e Adrián cóntannos o seu camiño cara á consecución dun emprego
Presentámosche #AMiñaOportunidade: a experiencia de Ana e Adrián na búsqueda dun posto de traballo digno, e o camiño que tiveron que andar da man dos técnicos de FADEMGA Plena inclusión Galicia para conseguir acceder a un emprego en igualdade de condicións ao resto de cidadáns.
Dentro Vídeos!
A Xunta activa a primeira bolsa de emprego temporal específica para persoas con discapacidade intelectual en Galicia
A Xunta de Galicia vai activar por primeira vez unha bolsa de emprego temporal reservada para persoas con discapacidade intelectual.
O prazo de inscrición comeza este xoves 28 de xuño e estará aberto ata o 15 de xullo. As persoas que se apunten nesta lista poderán traballar nas consellerías con contratos temporais.
A linguaxe accesible e a necesidade de derrubar barreiras, protagonizaron a xornada sobre acceso á Xustiza
A falta de tempo para explicarse, a linguaxe excesivamente técnica ou a falta dunha información clara e en termos que poidan comprender son algunhas das barreiras que se atopan as persoas con discapacidade intelectual cada vez que inician algún procedemento xudicial.
Este foi o punto de partida da xornada “Persoas con discapacidade intelectual e acceso á Xustiza” organizada por FADEMGA Plena inclusión Galicia co obxectivo de explicar as principais barreiras coas que conta o colectivo á hora de acceder á Xustiza e propoñer diferentes iniciativas que axudarían a facilitar este procedemento.
FADEMGA Plena inclusión Galicia celebra a súa Asemblea Xeral repasando un ano de actividades e poñendo a mirada no futuro
Como caracteriza a cada mes de xuño, FADEMGA Plena inclusión Galicia celebrou a súa Asemblea Xeral Ordinaria, na que se deron cita os directivos das entidades membro co fin de aprobar a Memoria e Balance de contas de 2017 así como o Plan de Acción 2018, e poñer a mirada na previsión de actividades que están por vir.
Curso: Planificación centrada na persoa
Poñemos en marcha unha nova xornada formativa sobre "Planificación centrada na persoa",que terá lugar o vindeiro 29 de setembro, e será impartida na sede da Asociación AS BURGAS, por Fausto García, psicólogo e director técnico do servizo de adultos da asociación BATA, así como membro da Rede de Consultoría de Plena Inclusión España.
O Hospital da Costa acolle unha nova xornada sobre Discapacidade intelectual e saúde mental
O Hospital da Costa de Burela acolle este venres a segunda xornada sobre "Saúde Mental e Discapacidade intelectual" organizada conxuntamente pola asociación ASPANANE e FADEMGA Plena inclusión Galicia.
Declarada de Interese Sanitario pola Consellería de Sanidade, a xornada supón un foro de reflexión e debate sobre a atención sanitaria das persoas con discapacidade intelectual ou do desenvolvemento, ao tempo que axuda a sensibilizar e informar sobre as implicacións de ter unha discapacidade intelectual con enfermidades mentais asociadas.
Persoas con discapacidade intelectual toman posesión dos seus novos destinos laboráis
O Conselleiro de Facenda, D. Valeriano Martínez, presidiu esta mañá o acto onde 6 persoas con discapacidade intelectual merecedoras dun posto na Administración tomaron posesión da súa praza.
Coa elección dos seus futuros destinos laboráis culmínase con éxito a primeira etapa dun camiño iniciado en marzo de 2015 coa aprobación da primeira oferta de emprego público con reserva de prazas para persoas con Discapacidade Intelectual. A federación aproveitou este acontecemento para amosar a súa satisfacción polo desenvolvemento do que foi o primeiro proceso selectivo de emprego público reservado a persoas con discapacidade intelectual.
Ler máis: Persoas con discapacidade intelectual toman posesión dos seus novos destinos laboráis
"ACTÍVATE!" nova xornada orientada a persoas con discapacidade intelectual en proceso de envellecemento
As persoas con discapacidade intelectual enfróntanse a un envellecemento prematuro en comparación co do resto de cidadáns xa que este proceso se inicia nalgúns casos a partir dos 45 anos ou mesmo antes.
Por iso, dende FADEMGA Plena inclusión queremos poñer o foco no ámbito da prevención e no da atención directa para mellorar a calidade de vida deste colectivo.
Xornada: o acceso á xustiza das persoas con discapacidade intelectual
Poñemos en marcha unha nova xornada sobre o acceso á xustiza das persoas con discapacidade intelectual, nesta ocasión, dirixida a xuíces, fiscais, letrados da administración de xustiza, médicos forenses, abogados, procuradores...
Existen datos que nos indican que as persoas con discapacidade intelectual ou do desenvolvemento atopan importantes barreiras no goce do seu dereito de acceso á xustiza. Estas barreiras poden estar relacionadas con dificultades de comunicación e comprensión da propia persoa; co noso modelo sociocultural do que derivan prexuízos e estereotipos sobre a discapacidade; coa falta de coñecemento dos profesionais sobre as persoas con discapacidade e os seus dereitos; ou coa complexidade do sistema de Administración de Xustiza.
Ler máis: Xornada: o acceso á xustiza das persoas con discapacidade intelectual
Un alumno de FADEMGA Plena inclusión Galicia obtén a praza de uxier interino reservada a persoas con discapacidade intelectual do Parlamento de Galicia
O Boletin Oficial do Parlamento de Galicia publicou no día de onte o nome do aspirante que superou o proceso selectivo para a praza de uxier en réxime de interino reservada en exclusiva para ser cuberta por persoas con discapacidade intelectual.
O aspirante que superou o proceso selectivo recibiu formación específica para este e outros procesos selectivos, así como apoios, asesoramento e información da Área de Emprego e Formación de FADEMGA Plena inclusión Galicia.
2ª Xornada sobre Saúde Mental e Discapacidade Intelectual
Xa estamos a traballar nunha nova edición da Xornada sobre Saúde Mental e Discapacidade Intelectual, que organizamos xunto coa asociación ASPANANE, e queremos contar coa túa participación!
A xornada celebrarase os días 8 e 9 de xuño. O día 8 de xuño será no Salón de actos do Hospital da Costa de Burela (Rafael Vior, s/n 27880 Burela (Lugo) e o 9 de xuño será no Conxunto histótico artístico de Sargadelos. Carretera río Cobo. San Ciprián Cervo).
Ler máis: 2ª Xornada sobre Saúde Mental e Discapacidade Intelectual
Curso Básico de Formación de Dirixentes: En Plena Forma
Un ano máis, dende FADEMGA Plena inclusión Galicia, poñemos en marcha o "Curso Básico de Formación de Dirixentes: En Plena Forma"!
Como sabedes, o obxectivo desta formación é constituir unha comunidade de aprendizaxe que ofreza ós dirixentes a oportunidade de mellorar as competencias necesarias para liderar as organización de acordo á oferta de empleo en fademga vigo para preparador laboral formador.
Este curso é un dos requisitos para o acceso á etapa de despregamento e seguintes do Sistema de Calidade Plena inclusión e para a súa acreditación (Na 2ª etapa de Calidade Plena inclusión, se esixe que polo menos o 50% dos directivos da entidade teñan realizado esta formación).
Ler máis: Curso Básico de Formación de Dirixentes: En Plena Forma
II Convivencia Formativa de Irmáns de Galicia “Dinamizando o noso movemento asociativo”
Baixo o lema, “Dinamizando o noso movemento asociativo”, a Comisión de Irmáns e cuñados de FADEMGA organiza a 2ª Convivencia Formativa.
Dous días de confraternización co obxectivo de intercambiar experiencias, onde se abordarán diferentes aspectos de interese para os familiares como a importancia da participación na vida asociativa ou a necesidade de comunicar ben e estar presentes na vida dos nosos familiares con discapacidade.
Ler máis: II Convivencia Formativa de Irmáns de Galicia “Dinamizando o noso movemento asociativo”
2ª edición da xornada "Plena Saúde"
Xa está en marcha a segunda edición da Xornada Plena Saúde, que este ano terá lugar o vindeiro 25 de maio, na Casa das Asociacións do Edificio CABES (Rúa Manuel María, 6 15704 -Santiago de Compostela).
Nesta xornada diferentes profesionais ofrecerán ós asistentes estratexias e ferramentas para o coidado da saúde, promovendo asi a súa responsabilidade e autonomía.
O Sergas colaborará na promoción de actividades de sensibilización e mellora da comunicación coas persoas con discapacidade intelectual no sistema sanitario público galego
O conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña, e o presidente de FADEMGA Plena inclusión Galicia, Eladio Fernández Pérez, asinaron hoxe un convenio de colaboración para o desenvolvemento de actividades de sensibilización e a mellora da comunicación coas persoas con discapacidade intelectual no sistema sanitario público galego.
En base a este convenio, as actuacións a desenvolver son dunha banda, a difusión de vídeos entre os profesionais do Servizo Galego de Saúde (Sergas) e a colocación de carteis da campaña de sensibilización Prepárate para entenderme nos centros de saúde e hospitais da rede sanitaria pública galega. E, doutra banda, a realización do programa Aténdeme-Enténdeme, a través do cal persoas con discapacidade intelectual transmitirán aos equipos de Atención Primaria en visitas programadas as súas necesidades e características propias e proporán algunhas ferramentas para mellorar as habilidades dos profesionais na comunicación con este colectivo.
No Día Internacional do Traballo, reclamamos contornas laborais accesibles
Segundo os datos recolleitos no informe ODISMET 2017, o desemprego no colectivo de persoas con discapacidade intelectual alcanza o 44,7%: 80.000 persoas, das que máis da metade son desempregadas de longa duración.
O INE apunta outro dato preocupante: en 2016 un 89,6% destas persoas non cursaba ningún estudo, unha situación que dificulta aínda máis a súa empleabilidad e propicia postos de traballo peor pagos e menos cualificados.
Ler máis: No Día Internacional do Traballo, reclamamos contornas laborais accesibles
"Lemos Xuntos": clubs de lectura fácil de toda Galicia reivindican a accesibilidade cognitiva
Santiago acolleu este venres a celebración do 1º Encontro de clubs de lectura fácil, onde máis de 100 persoas se reuniron para reivindicar a importancia de eliminar as barreiras cognitivas, puidendo así garantir que as mensaxes e a información que ofrecemos sexan comprendidas polo conxunto da cidadanía.
Durante o encontro, puidemos coñecer experiencias e boas prácticas sobre accesibilidade cognitiva, sobre lectura fácil e mesmo sobre os novos clubs de lectura que tanto se están a medrar nos últimos anos a través de entidades e bibliotecas da nosa contorna, grazas en parte ao traballo e colaboración que están a levar a cabo asociacións e editoriais como BATA e a editorial Kalandraka, Galaxia con Juan XXIII, ou a editorial SM coa edición da colección de Lectura Fácil de El Barco de Vapor.
FADEMGA aplaude os bos resultados obtidos nas oposicións destinadas a persoas con discapacidade intelectual
O Diario Oficial de Galicia ven de publicar esta mañá a adxudicación de prazas reservadas en exclusiva para persoas con discapacidade intelectual, na categoría de ordenanza.
Das 6 prazas ofertadas, 5 son adxudicatarias de persoas que recibiron formación específica para a superación dos procesos selectivos, así como apoios, asesoramento e información da Área de Emprego e Formación de FADEMGA Plena inclusión Galicia.
Estes resultados respaldan novamente o bo facer así como a calidade dos servizos ofertados pola nosa Área de Emprego, que dende hai máis de 10 anos traballa diariamente desenvolvendo actuacións orientadas a fomentar o emprego das persoas con discapacidade intelectual, así como o apoio a todas aquelas que xa o teñen e queren mantelo.
No Día do Libro, FADEMGA reivindica o acceso á lectura fácil
“Por que ti podes ler e eu non?” Esta é a pregunta que moitas persoas con discapacidade intelectual fanse ao non poder acceder á lectura.
A accesibilidade cognitiva é un termo descoñecido para a maioría da sociedade. Sen embargo, trátase dunha ferramenta fundamental para facer o mundo máis fácil de entender para todos e todas, de maneira que aquilo que nos rodea, ben sexa información, sinalización dun edificio, unha sentenza ou unha páxina web, sexa fácil de comprender para todas as persoas.
Ler máis: No Día do Libro, FADEMGA reivindica o acceso á lectura fácil
"Do tabú á tarefa": xornadas sobre sexualidade en Plena inclusión
Plena inclusión, organizará os próximos 6 e 7 de xuño, en Madrid, unhas xornadas sobre o dereito á sexualidade das persoas con discapacidade intelectual ou do desenvolvemento.
Baixo a lema, "Do tabú á tarefa", estas xornadas estatais servirán para compartir experiencias de persoas e organizacións, tanto de Plena inclusión como da contorna sobre a sexualidade neste colectivo de persoas.
Ler máis: "Do tabú á tarefa": xornadas sobre sexualidade en Plena inclusión
2 novos obradoiros seguen a completar a nosa oferta formativa
"Ferramentas para mellorar o benestar" e "Obradoiro de duelo" son as dúas novas ofertas formativas que lnzamos para o vindeiro mes, e nas que xa podedes solicitar a vosa praza.
Ler máis: 2 novos obradoiros seguen a completar a nosa oferta formativa
"Lemos Xuntos": 1ª Xornada de Clubs de Lectura Fácil
Dende FADEMGA Plena inclusión Galicia poñemos en marcha a 1ª Xornada de Clubs de Lectura Fácil, unha iniciativa coa que pretendemos visibilizar a importancia de adaptar a información e a cultura para que esta sexa accesible a todas as persoas.
Durante esta xornada -que terá lugar o próximo 27 de abril no Hotel Congreso- teremos a oportunidade de coñecer a importancia de eliminar as barreiras cognitivas para garantir que as mensaxes e a información que ofrecemos sexan comprendidas polo conxunto da cidadanía.
Ler máis: "Lemos Xuntos": 1ª Xornada de Clubs de Lectura Fácil
Ampla oferta de obradoiros para que as persoas con discapacidade intelectual reforcen as súas habilidades
As organizacións para persoas con discapacidade intelectual ou do desenvolvemento temos como obxectivo xerar oportunidades e apoios para que cada persoa poida gozar dunha vida plena e de calidade.
Para que as persoas con discapacidade intelectual podan perseguir os seus soños, debemos apoialos e axudalos a desenvolver competencias e habilidades necesarias.
A continuación preséntamosvos unha serie de obradoiros que permitirán ós participantes traballar e reforzar aquelas competencias e habilidades que os axudarán a ter unha vida plena.
Os máis pequenos aprenden esta semana as fortalezas da diversidade
A escola é un alicerce fundamental para formar cidadáns solidarios e comprometidos coa diversidade que os rodea. Co obxectivo de que os máis pequenos coñezan de preto as implicacións da discapacidade e edúquense na inclusión e a diversidade, persoas con discapacidade intelectual e profesionais de FADEMGA Plena inclusión Galicia imparten esta semana unha serie de charlas no colexio Compañía de María, dentro do marco das xornadas "Eu podo, o teu podes... podemos" que organiza o centro educativo e que este ano leva como lema "A diferenza crea a beleza".
Ler máis: Os máis pequenos aprenden esta semana as fortalezas da diversidade
FADEMGA e o Parlamento galego colaborarán na integración de persoas con discapacidade intelectual
O presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Angel Santalices Vieira, e o presidente da Federación Galega de Asociacións a favor das Persoas con Discapacidade Intelectual ou do Desenvolvemento (FADEMGA Plena inclusión Galicia), Eladio Fernández Pérez, asinaron hoxe un convenio de colaboración orientado ao desenvolvemento de actividades conxuntas para a integración das persoas con discapacidade intelectual na Cámara galega.
O emprego público reforza a súa aposta pola discapacidade intelectual
As dúas novas convocatorias publicadas hoxe polo Ministerio de Facenda a nivel estatal e polo SERGAS a nivel autonómico, supoñen novas oportunidades laboráis para un colectivo históricamente excluido do acceso ao mercado de traballo.
O Ministerio de Facenda e Función Pública publica hoxe no Boletín Oficial do Estado unha nova convocatoria de oposicións de emprego público na modalidade de reserva para persoas con discapacidade intelectual. En total convócanse 279 prazas para cubrir o posto de axudante de xestión e servizos comúns (ordenanza) da Administración do Estado en toda España, 23 delas en Galicia. En concreto: 8 en Coruña, 4 en Ferrol, 1 en Santiago de Compostela, 2 en Lugo, 2 en Ourense, 1 en Marín, 3 en Pontevedra e 2 en Vigo.
Ler máis: O emprego público reforza a súa aposta pola discapacidade intelectual
A discapacidade intelectual chega ao Parlamento galego
Máis de 200 persoas con discapacidade intelectual de toda Galicia presentáronse este sábado ao primeiro exame para o posto de uxier que o Parlamento de Galicia convocou en exclusiva para este colectivo.
En palabras de Eladio Fernández, presidente da Federación Galega de Asociacións de persoas con discapacidade intelectual "en FADEMGA Plena inclusión conseguimos un reto polo que levamos anos loitando: que as persoas con discapacidade intelectual poidan presentarse ás oposicións para funcionarios públicos. Logramos que se cren prazas en exclusiva para o colectivo e esperamos que se sigan producindo avances importantes, como a próxima convocatoria de prazas para o SERGAS".
Ler máis: A discapacidade intelectual chega ao Parlamento galego
As mulleres con discapacidade intelectual, presentes tamén o 8 de marzo
En España, as mulleres con discapacidade intelectual seguen sendo un colectivo invisible, que vive formas diversas de discriminación que se agravan respecto das do resto de mulleres: no fogar e a educación, no emprego, como vítimas de malos tratos e violencia de xénero, da esterilización forzada, da incomprensión e a falta de acceso aos mecanismos de denuncia e prevención… Ademais, sofren falta de oportunidades de participar en organizacións e actividades dirixidas a mulleres, tanto na comunidade, como nas súas propias asociacións.
Ler máis: As mulleres con discapacidade intelectual, presentes tamén o 8 de marzo
Presentamos a “Guía xurídica en lectura fácil”: unha nova ferramenta para facilitar o acceso á xustiza das persoas con discapacidade
O centro de A Banca en Santiago de Compostela, acolleu este martes a presentación da “Guía xurídica en lectura fácil. Titor e tutelado. Dereitos e obrigas” editada por FADEMGA Plena inclusión Galicia. A Guía convértese así nun importantísimo instrumento de información accesible para facilitar a plena participación das persoas con discapacidade intelectual e as súas familias na Xustiza, pois este é un dereito universal ao que todos debemos acceder en igualdade de condicións.
A presentación desta nova Guía correu a cargo de Manuel Costa Carneiro, Asesor de Programas Educativos da Consellería de Educación, de Concha Fernández Fernández, Concelleira de Politica Social Diversidade Saúde e Centros cívicos do Concello de Santiago, así como de Eladio Fernández Pérez, presidente de FADEMGA Plena inclusión Galicia.
Convocatoria PIR - 2018
Achegamos información sobre a convocatoria do PIR FUNDACION ONCE- Plena inclusión para este ano 2018, cuxo prazo de presentación estará aberto ata o 9 de marzo.
A cantidade para Galicia son 288.691,43 € (a mesma que no 2017).
159 persoas con discapacidade intelectual preparan con FADEMGA as primeiras oposicións ao Parlamento de Galicia
O Parlamento de Galicia ven de publicar o primeiro proceso selectivo para a provisión dunha praza de uxier en Réxime interino, reservada para ser cuberta por persoas que acrediten unha discapacidade intelectual.
O primeiro exercicio terá lugar o vindeiro 10 de marzo na propia sede do Parlamento.
Convocatoria de participación en procesos de pilotaxe
Durante o 2018, a través do "Programa de Investigación aplicada á implementación de servizos centrados na persoa e na súa familia" (programa financiado polo Ministerio de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade) e no marco de acción conxunta con Plena Inclusión, FADEMGA Plena inclusión Galicia promoverá a posta en marcha de varias pilotaxes, nos diferentes servizos das súas entidades.
As pilotaxes son proxectos de micro transformación dirixidos.
As pilotaxes que imos levar a cabo son:
- Apoio Activo (AA): 4 pilotaxes
- Planificación Persoal por Adiantado (PPA):3 pilotaxes
Ler máis: Convocatoria de participación en procesos de pilotaxe
Xa podes inscribirte na bolsa de auditores de FADEMGA Plena inclusión Galicia
A bolsa de auditores é unha rede de contactos de auditores internos de calidade das entidades federadas. Inscribíndose, os auditores póñense a disposición para auditar internamente outra entidade e solicitar ser auditados por alguén da bolsa.
O obxectivo é xerar un intercambio do coñecemento entre as entidades federadas. Aprender o que se fai noutras organizacións e identificar melloras para a propia asociación. Ensinar o que facemos na entidade e aportar posibles solucións...
Asimesmo, supérase a rutina e costume que podería supor a realización de auditorías na propia entidade, facilitando que se identifiquen oportunidades de mellora ante outros métodos de traballo e fortalecendo a independencia e obxectividade da auditoría.
Ler máis: Xa podes inscribirte na bolsa de auditores de FADEMGA Plena inclusión Galicia
A exposición CapacitArte continúa a amosar o traballo das entidades do CERMI Galicia
O conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, inaugurou esta semana a exposición que a ONCE realiza no marco de CapacitARTE, unha iniciativa promovida por CERMI Galicia e grazas á cal, ao longo deste ano, irán pasando polo edificio de San Caetano cada unha das entidades que agrupan e defenden ás persoas con discapacidade física e intelectual, entre elas FADEMGA Plena inclusión Galicia.
Ler máis: A exposición CapacitArte continúa a amosar o traballo das entidades do CERMI Galicia
FADEMGA Plena inclusión Galicia presenta a “Guía xurídica en lectura fácil”
O vindeiro 27 de febreiro, o centro de A Banca en Santiago de Compostela, acollerá a presentación da “Guía xurídica en lectura fácil. Titor e tutelado. Dereitos e obrigas” editada por FADEMGA Plena inclusión Galicia. A Guía convértese así nun importantísimo instrumento de información xurídica accesible para as persoas con discapacidade intelectual e familias.
Nesta publicación abórdanse diferentes asuntos de interese para o noso colectivo, como son a tutela, a modificación xudicial da capacidade de obrar, o dereito ao voto, o dereito á imaxe, o internamento involuntario, a responsabilidade civil e penal, etc.
Ler máis: FADEMGA Plena inclusión Galicia presenta a “Guía xurídica en lectura fácil”
O Conselleiro de Política Social protagoniza este luns o Forum Europa
O vindeiro luns, 5 de febreiro, o Parador dos Reis Católicos en Santiago de Compostela, acollerá o almorzo informativo do Forum Europa co Conselleiro de Política Social José Manuel Rey Varela, e presentado polo Presidente do CERMI Galicia Iker Sertucha.
A través este encontro abordaranse as actuais políticas sociais do Goberno Galego ao tempo que se avanzarán as liñas de actuación de cara aos vindeiros anos. Dende FADEMGA Plena inclusión Galicia facemos extensiva esta invitación a tódalas nosas entidades, co fin de que dito acto poda contar cunha ampla representación das entidades galegas da discapacidade intelectual.Ao finalizar a intervención, o Conselleiro responderá as preguntas que desexedes formular dende cada asociación.
Ler máis: O Conselleiro de Política Social protagoniza este luns o Forum Europa
Asistimos ao V Seminario sobre Xestión Policial da Diversidade
Este 25 de xaneiro, asistimos en Fuenlabrada (Madrid), ao V Seminario Nacional sobre Xestión Policial da Diversidade. Este Seminario está organizado pola Plataforma pola Xestión Policial da Diversidade e diríxese á multiplicidade de profesionais públicos e do Terceiro Sector, interesados na mellora da xestión da diversidade social polos Servizos Policiais e as Administracións con competencia en materia de Seguridade Pública.
Ler máis: Asistimos ao V Seminario sobre Xestión Policial da Diversidade
"Familias en forma", un novo programa formativo disposto a dinamizar e animar á participación
As familias son parte fundamental de FADEMGA Plena inclusión Galicia, e co obxetivo de dinamizar e animar á súa participación na vida asociativa, poñemos en marcha o Programa formativo "Familias en Forma", dirixido a familiares de persoas con discapacidade intelectual ou do desenvolvemento.
Publicamos as datas do noso Servizo Xurídico para 2018
Dende FADEMGA Plena inclusión Galicia poñemos en marcha novamente o noso Servizo Xurídico, orientado a informar e aconsellar ás persoas con discapacidade intelectual ou do desenvolvemento e ás súas familias naquelas dúbidas de carácter legal e xurídico que podan ter. Habitualmente trátanse temas como as tutelas, as herdanzas, o patrimonio protexido, o dereito ao voto etc.
Ler máis: Publicamos as datas do noso Servizo Xurídico para 2018
Novas quendas do noso programa de Respiro Familiar en 2018
Xa tedes dispoñible a documentación necesaria para solicitar o Programa de respiro familiar 2018 destinado a proporcionar medios facilitadores para que as familias de persoas con discapacidade intelectual podan afrontar o seu día a día, ofrecéndolles unhas xornadas de reposo e tranquilidade.
Entre os beneficios que aporta este tipo de servizo, cabe destacar o feito de que facilita a permanencia no entorno familiar da persoa con discapacidade intelectual, evitando así a súa inclusión en programas de maior custe económico e social.
Ler máis: Novas quendas do noso programa de Respiro Familiar en 2018
Nova subvención do Concello de Lugo a FADEMGA Plena inclusión Galicia
O Concello de Lugo vén de conceder á nosa Federación unha nova subvención pola contía de 2.000 euros, para continuar co desenvolvemento do noso Servizo de Información e Orientación Laboral (SIOL) e o Servizo de Apoios para o Emprego (SAE) para as persoas con discapacidade intelectual ou do desenvolvemento na provincia de Lugo.
Grazas a estes apoios, FADEMGA Plena inclusión Galicia continuará a desenvolver estes servizos orientados á mellorar a empregabilidade do noso colectivo.
Autoxestores de toda Galicia celebran o Día da Discapacidade co seu Encontro Autonómico
A concelleira de Servizos Sociais do Concello de Santiago, Dona Concha Fernández, o Asesor de Programas educativos da Consellería de Educación D. Manuel Costa, e o presidente de FADEMGA Plena inclusión Galicia D. Eladio Fernández, inauguraron o 17 Encontro Autonómico de Autoxestores, onde 130 autoxestores e representantes da Comisión de Irmáns da Federación puideron compartir a celebración do Día Internacional da Discapacidade, que se conmemora cada ano o 3 de decembro.
Ler máis: Autoxestores de toda Galicia celebran o Día da Discapacidade co seu Encontro Autonómico
A patronal AEDIS presenta en Galicia o seu novo modelo de ocupación-emprego e formación dual
Representantes de 27 entidades da discapacidade intelectual galegas asistiron esta mañá a presentación do novo "Modelo de ocupación - emprego e formación dual da patronal AEDIS", unha metodoloxía que propón un cambio na visión do centro ocupacional, flexibilizando o paso do centro ao emprego mediante a formación dual (formación e práctica).
Participamos no encontro “Construimos Mundo” para falar sobre a participación social das persoas con discapacidade intelectual
Autoxestores das entidades Juan XXIII e ACEESCA, participarán dende mañá no encontro “Construimos Mundo”, ao que acudirán acompañados de 2 persoas de apoio. Este encontro é a resposta de Plena inclusión ás peticións que naceron no ano 2012 co Manifesto pola Plena Cidadanía e despois, no 2013, co Manifesto pola participación. En ambos, persoas con discapacidade intelectual ou do desenvolvemento de toda España instaban á sociedade e ao Movemento Asociativo Plena inclusión a que se lles dese a oportunidade de participar na toma de decisións das súas entidades.
FADEMGA Plena inclusión Galicia felicita a ASPRONAGA e AMICOS polos seus recentes logros en materia de inclusión
O pasado venres, a Asociación Pro Persoas con Discapacidade Intelectual de Galicia (Aspronaga) poñía en marcha o primeiro "Comité de Ética Asistencial para persoas con Discapacidade Intelectual" de Galicia. Este Comité estará presidido polo director do Centro Ricardo Baró, Antonio Naya, membro -á súa vez- da Rede de Apoio á Ética e do Comité de Ética de Plena inclusión. Por parte de FADEMGA Plena inclusión Galicia participará Moisés Lamigueiro, responsable técnico da área Social e de Familias da federación, quen asegurou "se trata dun proxecto moi importante e ilusionante que permitirá dar impulso ao desenvolvemento ético nas nosas organizacións".
Aberta unha nova edición do Programa de Vacacións IMSERSO

Podedes acceder a tódala información da convocatoria 2017/2018 no seguinte enlace: VACACIÓNS IMSERSO.
FADEMGA Plena inclusión Galicia móstrase satisfeita de que o Congreso apoie eliminar a restricción ao voto das persoas con discapacidade intelectual
Dende FADEMGA Plena inclusión Galicia sumámonos á satisfacción expresada polo CERMI, despois de que os Grupos políticos do Congreso teñan decidido apoiar de maneira unánime a Proposición de reforma da Lei del Réxime Electoral Xeral, cuxo debate de toma en consideración se produciu durante a tarde de onte.
Iníciase así o camiño para poñer fin á privación do dereito de sufraxio que soportan 100.000 persoas por razón de discapacidade intelectual, enfermidade mental ou deterioración cognitiva.
Sobre a polémica polo uso do galego nas comunicacións de FADEMGA Plena inclusión Galicia
Onte 30 de outubro de 2017 comezou a difundirse a través das redes sociais unha fotografía dun documento elaborado pola nosa Federación, con instrucións para cumplimentar un exame. Trátase dunha fotografía manipulada, na que se recolle unicamente parte do contido total da comunicación.
A raíz deste documento, difundíronse comentarios ofensivos infundados cara a nosa organización, e sobre os cales nos gustaría realizar algunhas aclaracións.
Ler máis: Sobre a polémica polo uso do galego nas comunicacións de FADEMGA Plena inclusión Galicia