Máis Novas

Listen to this page using ReadSpeaker

FADEMGA Plena inclusión Galicia, e a empresa Applus+ Norcontrol, unha das sedes galegas da multinacional Applus+, iniciaron este ano unha colaboración que xa permitiu a catro persoas con discapacidade intelectual ter a oportunidade de prepararse para o mundo laboral nas instalacións desta empresa.

Durante un mes, e mediante a metodoloxía de emprego con apoio, este grupo puido desempeñar distintas tarefas de ordenanza, e coñecer en primeira persoa a contorna laboral da empresa ordinaria, máximo expoñente da inclusión laboral.

Tal e como asegura o presidente de FADEMGA Plena inclusión Galicia, Eladio Fernández, “o mercado laboral non terminou de descubrir o talento que poden achegar as persoas con discapacidade intelectual. Aínda queda moito por facer e en moitos casos, a pesar da valía destas persoas, as empresas non acaban de darlles a oportunidade de demostrar as súas capacidades”.

 

A asociación Juan XXIII acolleu a presentación do novo modelo de emprego e formación dual para persoas con discapacidade intelectual, un modelo que nace orientado a superar as grandes taxas de desemprego do colectivo, así como a baixa cualificación profesional.

En definitiva, trátase dun cambio na visión do centro ocupacional, flexibilizando o paso do centro ao emprego mediante a formación dual.

A colaboración e o traballo conxunto entre a Consellería de Economía, emprego e industria, a federación FADEMGA Plena inclusion Galicia, Juan XXIII e asociacións como ACEESCA, ou ASPABER entre outras, fan posible que se poña en marcha esta experiencia piloto que marque o camiño futuro para moitas outras entidades da discapacidade intelectual na nosa comunidade.

Que nos leva a transformarnos?

Onde nos atopamos?

Cara onde imos?

Dirixido a persoas directamente implicadas en microproxectos e pilotaxes en Galicia, pero tamén a calquera persoa interesada en coñecer o proxecto de transformación de Plena inclusión, poñemos en marcha esta iniciativa a través da cal reflexionaremos xuntos sobre a transformación cara servizos centrados nas persoas.

Actualmente xa se están a desenvolver 23 proxectos de microtransformación así como novas metodoloxías de traballo mediante pilotaxes en Apoio Activo, Apoio Condutual Positivo, Planificación Persoal por Adiantado, Asistencia Persoal ou Transición á vida Adulta. 

Dende FADEMGA Plena inclusión Galicia queremos animar e apoiar a tódalas entidades para que deseñedes e implantedes os vosos propios "plans de persoas Plena inclusión".

Este apoio impulsado pola federación consistirá en manter 3 sesións formativas de consultoría e seguimento sobre plans de persoas. Unhas sesións a través das cales poderedes adquirir coñecementos, desenvolver e implantar os vosos plans.

Ademais poderedes plantexar todas dúbidas e compartir as diferentes realidades e resultados de cada entidade.

COMO PARTICIPAR?

Moi sinxelo! Aquelas entidades interesadas en participar, deberedes comunicalo antes do luns 1 de xullo remitindo a ficha de inscrición e xustificante de pago de 20€ ao mail Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

Se queres ampliar a información, podes descargala AQUÍ.

Plena inclusión España está a elaborar un estudo sobre a situación da poboación con discapacidade intelectual reclusa (ou exreclusa) que cumpre medidas de privación de liberdade.

Este informe baséase nas respostas dadas por 367 persoas deste colectivo que están ou estiveron en centros penais de 14 comunidades autónomas e Ceuta a un cuestionario de 241 preguntas. O movemento asociativo que traballa con preto de 120.000 persoas con discapacidade intelectual ou do desenvolvemento, desenvolve desde hai 32 anos proxectos de apoio a estas persoas, na actualidade en 71 centros penais.

O Centro Obra Social Abanca de Santiago de Compostela acolleu este martes a xornada ‘As mulleres e nenas con discapacidade á luz da Convención Internacional dos Dereitos das Persoas con Discapacidade’, un tratado de obrigado cumprimento por parte de todos os países que o ratificaron, entre os que se atopa España.

O encontro, organizado polo Comité de Entidades Representantes de Persoas con Discapacidade de Galicia (CERMI Galicia) coa colaboración da Fundación CERMI Mulleres e da Secretaría Xeral de Igualdade da Xunta, pretende sentar as bases para profundar na situación das mulleres e nenas con discapacidade e para avanzar na defensa dos seus dereitos e a igualdade de oportunidades.

Co obxecto de desenvolver actividades dirixidas á sensibilización dos profesionais do Sergas e á mellora da comunicación coas persoas con discapacidade intelectual no ámbito do sistema sanitario público, o conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña, e o presidente de FADEMGA Plena inclusión Galicia, Eladio Fernández Pérez, asinaron hoxe un convenio de colaboración.

Entre as actividades a desenvolver no marco deste convenio están o Programa Aténdeme-Enténdeme, consistente en visitas programadas aos centros de saúde de persoas con discapacidade intelectual acompañadas dun famiiar e un profesional da Federación. Durante as visitas transmitirán aos profesionais do Sergas as súas necesidades e características propias, así como algunhas ferramentas para mellorar as habilidades dos profesionais na comunicación coas persoas con discapacidade intelectual.

- Os datos solicitados por Plena inclusión revelan que os fogares onde viven persoas con discapacidade intelectual ou do desenvolvemento teñen rendas máis baixas (un 25% máis baixas), menor taxa de actividade (78% fronte ao 32%), dificultades no acceso a recursos básicos, un sobreesforzo económico de 24.237 € de media; abandono laboral e problemas de saúde derivados dos coidados destas persoas.

- O actual sistema de prestacións, axudas e incentivos fiscais non compensan esta desigualdade.

FADEMGA Plena inclusión Galicia cumpre 40 anos de traballo e dedicación ás persoas con discapacidade intelectual e ás súas familias

Pero... coñeces as nosas orixes?

Achégate a este pequeno adianto das conversas cos pais fundadores da federación e coas persoas que co seu esforzo, traballo e unión, lograron sacar a adiante o Movemento Asociativo.

Adiante!

Hoxe 23 de abril, Día do Libro, FADEMGA Plena inclusión Galicia reivindica a lectura fácil como forma de facer máis accesible a lectura ás persoas con dificultades de comprensión.

A lectura fácil é un método de redacción, deseño e maquetación de documentos que naceu en Suecia nos anos 60 e que fai que estes sexan máis fáciles de comprender. Dende esa época, especialmente no noso país, a lectura fácil viviu unha constante evolución e, a pesar diso, falta moito camiño por percorrer.

Plena inclusión pon en marcha a maquinaria organizativa do Encontro Estatal de irmáns, e tí podes formar parte del!

Este ano, o encontro terá lugar en Salamanca os días 8 e 9 de xuño (ver Preprograma).

En Galicia dispoñemos de 3 prazas e poden inscribirse irmáns e cuñad@ s (maiores de 18 anos) de persoas con discapacidade intelectual ou do desenvolvemento.

A Dirección Xeral da Función Pública ven de publicar a Resolución pola que se aproban as listas dos aspirantes que superaron o proceso selectivo, así como as listas de adxudicatarios de prazas por orde de puntuación no mesmo, para o ingreso como persoal laboral fixo coa categoría de axudante de xestión e servizos comúns, en prazas reservadas para ser cubertas por persoas que acrediten discapacidade intelectual ou do desenvolvemento.

Nesta ocasión, convocáronse 279 prazas en toda España baixo o sistema de concurso-oposición, das cales 23 corresponden a Galicia (8 prazas en A Coruña. 4 en Ferrol, 1 en Santiago de Compostela, 2 en Lugo, 2 en Ourense, 3 en Pontevedra, 2 en Vigo e 1 en Marín)

Onte publicouse no BOE a Resolución de 10 de abril de 2019, da Presidencia da Axencia Estatal de Administración Tributaria, pola que se publica a relación de aprobados do proceso selectivo para ingreso, polo sistema xeral de acceso libre, de persoal laboral fixo, na categoría de Ordenanza, en prazas reservadas para ser cubertas por persoas que acrediten discapacidade intelectual

Trátase do primeiro proceso selectivo reservado a persoas con Discapacidade Intelectual da Axencia Tributaria.

En total, a este encontro presentáronse máis de 200 experiencias nacionais e internacionais, pero só 12 optarán a ser valoradas como Prácticas Admirables e 3 optarán a Prácticas Excelentes.

Plena inclusión celebra os próximos 26 e 27 setembro o “2º Encontro de Prácticas Admirables”. Co lema “Ao contraxeito, construímos comunidades inclusivas” este encontro recollerá as prácticas mellor valoradas no traballo pola loita dos dereitos das persoas con discapacidade intelectual e as súas familias.

Preto de 500 persoas con discapacidade intelectual galegas, participarán o vindeiro venres 5 de abril nun simulacro electoral, organizado por FADEMGA Plena inclusion Galicia e dirixido a este colectivo, que poderá votar na súa totalidade por primeira vez nos próximos comicios do 28 de abril e o 26 de maio.

Este simulacro únese a moitos outros celebrados en comunidades como Madrid, Asturias, Castela León, Valencia… co triple obxectivo de celebrar este cambio histórico pero tamén de reclamar a necesidade de material adaptado a lectura fácil para poder exercer este dereito en igualdade de condicións ao resto de cidadáns, e tamén para analizar e avaliar as dificultades que poidan ter as persoas con discapacidade intelectual á hora de exercer este dereito, así como poder anticiparnos a posibles apoios que necesiten nos próximos chamamentos electorais.

Os próximos días 26 e 27 de setembro, baixo o lema, “Ao contraxeito: construímos comunidades inclusivas”, Plena inclusión e Plena inclusión Aragón organizan en Zaragoza o 2º Encontro de Prácticas Admirables (Auditorio do World Trade Center, WTC, Avda. María Zambrano 31, 50018 ZARAGOZA).

Nos últimos anos, Plena inclusión está a realizar unha aposta importante pola innovación, o coñecemento e a transformación dos seus modelos de apoio, os seus centros e os seus servizos.

En España hai 63.610 persoas con discapacidade intelectual ou do desenvolvemento que teñen grandes necesidades de apoio.

Son persoas con trastornos de saúde mental ou conduta, problemas de mobilidade, dificultades de comunicación ou outras discapacidades asociadas á súa discapacidade intelectual. Persoas invisibles das que apenas se fala nin se teñen datos, e que se caracterizan por necesitar apoios intensos nunha gran parte de actividades que supoñen o benestar de calquera persoa: o coidado persoal, a vida no fogar e na comunidade, as relacións sociais, a educación, o lecer, o emprego…

Plena inclusión España, a confederación que agrupa a 900 entidades de persoas con discapacidade intelectual ou do desenvolvemento, denuncia por discriminatoria a directriz da Xunta Electoral Central (JEC) que se coñeceu esta mañá e que afecta as persoas con discapacidade.

De acordo co publicado en varios medios de comunicación, a JEC permitirá a interventores e apoderados dos partidos apuntar, no momento do voto, o DNI de persoas con discapacidade que entendan que non están a exercer o seu dereito ao sufraxio de forma consciente, libre e voluntaria.

Silleda acolle este sábado o primeiro proceso selectivo do SERGAS convocado en exclusiva para persoas con discapacidade intelectual.

Un total de 219 persoas con discapacidade intelectual, concorren a esta quenda específica do SERGAS, das cales 153 (o que supón un 69,86% do total) recibiron apoios de FADEMGA Plena inclusión Galicia. Concretamente, a nosa federación habilitou apoios para 70 persoas con discapacidade intelectual da provincia da Coruña, 21 de Lugo, 20 de Ourense e 42 de Pontevedra.

Co obxectivo de sensibilizar e loitar contra os prexuízos e a discriminación á que se enfrentan moita persoas con discapacidade intelectual e para promover actitudes positivas, Plena inclusión pon en marcha o proxecto “Traballando polo bo trato”

Esta iniciativa (na que contamos coa alianza de PROTEDIS, (entidade asociada á UNED - Universidade Nacional de Educación a Distancia), nace coa misión de protexer ás persoas con discapacidade intelectual de calquera forma de abuso e erradicar calquera forma de malos tratos cara a este colectivo.

Co obxectivo de visibilizar o talento das persoas con discapacidade intelectual e de promover a cultura e a elaboración de información accesible, FADEMGA Plena inclusión Galicia convoca o Primeiro Certame de relato curto en lectura fácil.

Despois da aprobación definitiva da Lei Electoral (LOREG) o pasado mes de decembro, FADEMGA Plena inclusión Galicia quere animar a tódalas persoas que ata agora se atopaban privadas do seu dereito a voto, a comprobar que efectivamente, se encontran rexistradas no censo electoral, pois, no caso de non aparecer, non se podería reclamar en mesa electoral.

Según a información facilitada polo INE á nosa federación, para comprobar que efectivamente se encontran censadas, basta con chamar á Oficina do censo electoral da provincia correspondente. No caso de que a persoa non aparecese censada, hai un prazo para reclamar a subsanación, que estará aberto do 11 ao 18 de marzo.

Poñemos en marcha unha nova convocatoria de cursos do Plan de Formación Prelaboral para persoas con discapacidade intelectual ou do desenvolvemento, co obxectivo de dotar ao colectivo da información e das ferramentas necesarias para unha busca activa de emprego así como de facilitar o seu acceso ao mercado laboral.

Entre as accións a desenvolver dentro deste Plan de Formación, cabe detacar a realización de cursos de formación prelaboral específicos, con diferentes contidos de interese como habilidades sociolaboráis, dereitos e deberes dos traballadores, informática, educación vial, resolución de conflitos, manexo do euro... así como outra serie de talleres específicos centrados en adquirir habilidades de cara a elaborar curriculums, facer entrevistas de traballo, manexo do euro ou resolución de conflitos laboráis entre outros.

O pasado mes de marzo de 2018, o Ministerio de Facenda e Función Pública publicaba unha nova convocatoria de oposicións de emprego público na modalidade de reserva para persoas con discapacidade intelectual.

En total convocábanse 279 prazas para cubrir o posto de axudante de xestión e servizos comúns (ordenanza) da Administración do Estado en toda España, 23 delas en Galicia. En concreto: 8 en Coruña, 4 en Ferrol, 1 en Santiago de Compostela, 2 en Lugo, 2 en Ourense, 1 en Marín, 3 en Pontevedra e 2 en Vigo.

Hoxe vimos de coñecer o resultado provisional deste exame, ao que concorrían 328 persoas con discapacidade intelectual de Galicia, das cales 244 tiñan recibido apoios de FADEMGA Plena inclusión Galicia.

Dende FADEMGA Plena inclusión Galicia amosamos a nosa satisfacción por estes resultados, pois das 23 prazas ofertadas na nosa Comunidade Autónoma, 20 irán a parar a alumnos que recibiron apoios da nosa federación e entidades, que superaron esta proba selectiva cunha nota media de 97,72.

Coincidindo co Día Internacional da Xustiza Social, tivemos a oportunidade de participar na Xornada organizada pola USC en Lugo, "Xustiza Social e emprego" onde falamos da nosa experiencia no eido do emprego con apoio, un servizo fundamental e imprescindible para poder acadar a inserción sociolaboral das persoas con discapacidade intelectual no mercado de traballo actual.

Alumnos do Curso de capacitación laboral (P.A.R) na provincia de Lugo, tamén se achegaron ata esta xornada para coñecer de preto as implicacións desta metodoloxía de emprego, así como para coñecer o traballo de outras entidades do ámbito social membros da Rede Til.

ACTUALIZACIÓN: Consulta aquí o listado de admitidos/as

Xa estamos a argallar unha nova edición do noso curso de dirixentes "En Plena forma", e queremos contar contigo!

A través desta serie de formacións, queremos ofrecer aos dirixentes das entidades a oportunidade de mellorar as competencias necesarias para liderar as organizacións.

Todo elo, de acordo á Misión, Visión e Valores do Movemento Asociativo.

O curso poñerase en marcha unha vez acadada a cota de 15 alumnos e a praza confirmarase na web, unha vez finalizado o prazo de inscrición. 

Tras o recente cambio da Lei Xeral de Réxime Electoral (LOREG), todas as persoas con discapacidade intelectual ou do desenvolvemento, poderán exercer o seu dereito ao voto.

Por iso, desde o movemento asociativo consideramos que é unha boa oportunidade para explicar como se exerce o dereito ao voto, e para elo levaremos a cabo un simulacro electoral vencellado a unha actividade de formación e información, na que poderán participar todas as persoas con discapacidade intelectual ou do desenvolvemento que o desexen.

A través desta formación, explicaremos os diferentes tipos de eleccións, os tipos de voto, as distintas maneiras de votar, os materiais necesarios para votar e os pasos para poder exercer o dereito ao voto.

Un ano máis, poñemos en marcha a convocatoria da bolsa de auditores/as de FADEMGA Plena inclusión Galicia

Qué é?

A bolsa de auditores/as e unha rede de contactos de auditores internos de calidade das entidades federadas.

As persoas auditoras que se inscriben, póñense a disposición para auditar internamente outra entidade e solicitar ser auditados por alguén da bolsa.

Dende a federación asumimos como propio o reto da PARTICIPACIÓN.  Participación das familias, das persoas con discapacidade intelectual, dos profesionais e voluntarios...

Neste vídeo déixannos ben clariño todo o que nos queda aínda por traballar!

Dende a federación seguimos a promover a calidade de vida das persoas con discapacidade intelectual e as súas familias, ao tempo que queremos apoiar ás entidades para a posta en marcha de proxectos de transformación que aporten novas e proveitosas metodoloxías de traballo.

O noso proxecto de "Pensamento libre" non deixa de medrar.

Despois dunha primeira edición exitosa en Santiago, poñemos en marcha unha nova convocatoria, que se extende este ano á cidade de A Coruña e Pontevedra.

"Pensamento Libre" é un proxecto alternativo, onde pensamos en liberdade, e que está orientado a empoderar ás persoas con discapacidade intelectual.

As sesións de pensamento libre están orientadas a persoas con discapacidade intelectual, familias, profesionais e voluntarios, co obexctivo de ofrecer un espazo para o pensamento e o diálogo con outros membros da sociedade, considerando que o pensamento exercido en liberdade, é unha das dimensións que nos constrúen como persoas.

 
Xa tedes dispoñible a documentación necesaria para solicitar o Programa de respiro familiar 2019 destinado a proporcionar medios facilitadores para que as familias de persoas con discapacidade intelectual podan afrontar o seu día a día, ofrecéndolles unhas xornadas de reposo e tranquilidade.

Entre os beneficios que aporta este tipo de servizo, cabe destacar o feito de que facilita a permanencia no entorno familiar da persoa con discapacidade intelectual, evitando así a súa inclusión en programas de maior custe económico e social.

Cumprimos 40 anos, e desde FADEMGA Plena inclusión Galicia estamos a traballar para mellorar a nosa comunicación, sempre co obxecto de contribuír a ser mellores no noso labor: promover accións e servizos a través das nosas entidades, para que as persoas con discapacidade intelectual e as súas familias poidan desenvolver o seu proxecto de vida e sexan cidadáns de pleno dereito nunha sociedade xusta e solidaria.

É un gran reto para o que te necesitamos, e como primeiro paso, queremos saber a túa opinión. Dásnola? En total son 8 preguntas. Levarache ao redor de 7 minutos responder á enquisa íntegra.

Moitas grazas polo teu tempo, sabemos que é un ben escaso e valoramos moito que atopases un espazo para construír en común.

Un saúdo cordial de todo o equipo de FADEMGA Plena inclusión Galicia.

ACCEDE Á ENQUISA

Iniciamos o ano con forza, poñendo en marcha unha nova convocatoria de pilotaxes.

Pero... que son as "pilotaxes"? 

As pilotaxes enmárcanse no proxecto de transformación de servizos de Plena inclusión. Mediante as pilotaxes, créanse pequenos equipos de traballo que poñen en marcha novos modelos de atención naquelas entidades que, voluntariamente, se animan a participar.

Durante 2019, dende a federación ímos potenciar 7 pilotaxes: 

- 2 de Apoio Activo.

- 2 de Apoio Conductual Positivo.

- 1 de Asistencia Persoal para a Vida Independente.

- 2 de Transición á Vida Adulta. “ O meu plan de futuro”.

** ACTUALIZACIÓN: consulta aquí a relación de admitidos/as.

Interesado en formarte sobre como orientar o teu traballo cara ás persoas con discapacidade intelectual e como mellorar a súa calidade de vida? 

A través deste novo curso, ofrecémosche os coñecementos básicos sobre o "Enfoque centrado na persoa" e as súas implicacións a nivel individual. 

Ademáis de estar dirixido a profesionais, o curso oriéntase tamén a familias e outras persoas que podan estar implicadas no día a día da persoa con discapacidade.

Os próximos días 26 e 27 de setembro, baixo o lema, “Ao contraxeito: construímos comunidades inclusivas”, Plena inclusión e Plena inclusión Aragón celebrarán en Zaragoza o 2º Encontro de Prácticas Admirables (Auditorio do World Trade Center, WTC, Avda. María Zambrano 31, 50018 Zaragoza).

Este encontro citará ás mellores prácticas relacionadas co cumprimento da nosa Misión e a nosa estratexia nestes anos. Para iso, foi habilitado un sistema de presentación de boas prácticas a través do Horto de Ideas de Plena inclusión. Todas elas serán valoradas por un equipo de expertos de diversas redes da nosa organización e poderán consultarse na citada web do Horto de Ideas.

Dentro da colección “Cadernos de Boas Prácticas”, Plena inclusión España acaba de publicar unha nova guía sobre Emprego Público.Titúlase "As persoas con discapacidade intelectual na función pública: informe sobre situación, recomendacións e apoios tecnolóxicos".

O obxectivo desta guía é promover estratexias que contribúan a que as persoas con discapacidade intelectual ou do desenvolvemento teñan acceso ao emprego público, como unha opción de emprego de calidade e segura entre as persoas interesadas e as súas familias, así como entre as entidades que as apoian.

Iniciamos o ano cargadiños de actividades formativas, como este novo curso orientado a profundizar no modelo centrado na familia, onde analizaremos a realidade das familias das organizacións e os apoios que lles prestamos.

Dende a Federación consideramos importante facer unha revisión constante das nosas prácticas profesionais e, a través dun espazo de intercambio de experiencias e reflexión, compartir unha visión sobre as familias e como apoialas.

O prazo para que vos anotedes, estará aberto ata o vindeiro 24 de xaneiro, e a formación desenvolverase entre o 1 de febreiro e o 1 de marzo a través da plataforma de Plena inclusión: http://www.formacionplenainclusion.org

** A partir do 25 de xaneiro, poderedes consultar o listado de admitidos a través da web **

RELACIÓN DE ALUMNOS ADMITIDOS

 

Fai 40 anos, varias familias soñaron cunha sociedade unida, inclusiva e tolerante.
Froito dese soño, naceu a nosa Federación.

A nosa historia é unha historia de loita e de unión
que nos levou a conseguir metas incribles.
Pero quédanos moito por conquistar,
e queremos logralo xuntos:
as persoas con discapacidade intelectual,
as familias,
os profesionais
os voluntarios…

TODOS XUNTOS:
Somos apoio,
Somos accesibilidade
Somos emprego
Somos cidadanía
SOMOS MOVEMENTO.

FADEMGA Plena inclusión GALICIA.
40 anos de traballo polas persoas.

O Vicepresidente e Conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, D Alfonso Rueda, o Presidente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) D. Miguel Ángel Cadenas, o Director Xeral de Xustiza da Xunta de Galicia D. Juan José Martín Álvarez e o Presidente de FADEMGA Plena inclusión Galicia, D. Eladio Fernández, asinaron este venres un Convenio para poñer en marcha o proxecto pioneiro na nosa comunidade, mediante o cal se adaptarán as sentenzas que afectan a personas con discapacidade intelectual e persoas con maiores problemas de comprensión a lectura fácil.

Baixo o lema "Cada familia importa", Plena inclusión está a celebrar en 2018 o seu Ano das Familias, un ano no que quere mostrar diferentes situacións que viven as familias de persoas con discapacidade intelectual ou do desenvolvemento no noso país.

Como parte desta iniciativa, e con motivo do Día Internacional das Persoas con Discapacidade, varios familiares de persoas con discapacidade intelectual amosan algunhas realidades non moi coñecidas de como é o seu día a día: casos como o de Teresa, Tomás e Rafael, un matrimonio de Valencia e o seu fillo con grandes necesidades de apoio, que tratan de vivir unha vida normalizada. Tamén a de Pilar, unha aragonesa con discapacidade intelectual que é nai e avoa; ou a de Marisa, que trata de que a súa irmá Raquel leve unha vida o máis autónoma posible…

A Facultade de Psicoloxía de Santiago, acolleu este venres o “12º Seminario sobre discapacidade intelectual e saúde mental”, organizado por FADEMGA Plena inclusión Galicia, coa colaboración do Grupo de Traballo de Trastornos Mentais e/ou alteracións de conduta.

A Concelleira de Benestar Social de Santiago, Dna Concha Fernández, e o director xeral de Mariores e Discapacidade da Xunta de Galicia D. Ildefonso de la Campa, apoiaron a inauguración deste escontro, acompañados da vicepresidenta de FADEMGA Plena inclusión Galicia Dna Carmela Gonzalez, quen fixo fincapé no “importante momento de cambios e de transformación que está a vivir o noso sector, cambios orientados a novos modelos de atención que poñen o acento nas necesidades e nas características de cada persoa con discapacidade intelectual e a súa familia”.

O Concello de Ourense ven de conceder unha nova axuda á nosa Federación, para os Servizos de emprego para persoas con disapacidade intelectual ou do desenvolvemento en Ourense.

Trátase dun importe de 4.589,20 euros, que contribuirán a fomentar a inclusión laboral do noso colectivo na provincia.

O pasado 26 de novembro, o noso grupo de alumnos da provincia de Pontevedra  visitou a Delegación Territorial da Xunta de Galicia en Vigo, para coñecer de preto as funcións que implicará o posto para o que se están a formar connosco.

Trátase de alumnos que están a preparar o proceso selectivo para o ingreso na agrupación profesional de personal funcionario subalterno da Administración Xeral de Galicia a través do “ Plan de Apoio e Reforzo á formación para mellorar o acceso aos procesos selectivs de emprego público específicos para persoas con discapacidade intelectual de Galicia Sur".

A Valedora do Pobo, Dna Milagros Otero Parga, e a vicepresidenta de FADEMGA Plena inclusión Galicia, Dna Carmela González Lagarón, inauguraron a Xornada “Míranos, escóitanos, apóianos” un espazo dedicado a falar e pensar sobre a muller con discapacidade intelectual e o seu papel na sociedade, no mercado laboral, na educación e mesmo na familia.

A Valedora do Pobo destacou na súa intervención “a necesidade de xornadas como esta. As mulleres con discapacidade intelectual tedes que ser valentes e estar orgullosas de ser tal e como sodes. Quero pedirvos dende aquí, que traballedes polo que queredes e que vos atrevades a soñar e a chegar todo o lonxe que poidades. Aos homes, pedirvos, respecto, compañerismo, afecto… non se trata de protexer, trátase e comprender e de remar todos xuntos nunha mesma dirección”

 

Dende FADEMGA Plena inclusión Galicia queremos dar a coñecer entre as persoas con discapacidade intelectual e as súas familias o noso Servizo Xurídico, orientado a informalas e aconsellalas no referido ás dúbidas de carácter legal e xurídico que podan ter en temas como:

As tutelas,

As herdanzas,

O manexo do diñeiro,

O patrimonio protexido…

10 entidades galegas da discapacidade intelectual participan a partir de mañá na Feira da Transformación organizada por Plena inclusión, unha cita que reunirá en Logroño a persoas con discapacidade intelectual, familias, profesionais, representantes de entidades, persoas expertas en Transformación de centros e servizos, persoal das Administracións Públicas e outras persoas interesadas, co obxectivo de visibilizar os avances e resultados do Proxecto de Transformación de Plena inclusión, a través das experiencias que xa están a levar a cabo por parte de máis de 200 entidades do noso movemento asociativo.

A concelleira de Políticas Sociais, Diversidade e Saúde do Concello de Santiago, Dna Concha Fernández así como o novo Director Xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade D. Ildefonso de la Campa, acompañáronnos o pasado fin de semana en Teo, para celebrar o 3º Foro de Familias de FADEMGA Plena inclusión Galicia.

A través do intercambio de experiencias e boas prácticas, máis de 100 familiares de persoas con discapacidade intelectual reuníronse novamente para apoiar este encontro, co que a nosa Federación busca inculcar unha maior cultura participativa no Movemento de Familias ao tempo que ofrecemos un espazo para reflexionar conxuntamente sobre os retos do futuro que están por vir.

Interésache coñecer con máis profundidade os beneficios da lectura fácil e dos clubes de lectura?

A través deste novo curso coñecerás diferentes pautas, ferramentas e materiais para dinamizar con éxito Clubs de Lectura Fácil especialmente enfocados a persoas con discapacidade intelectual e como poñelos en marcha e aplicalos na realidade da túa entidade.

A maioría das persoas con discapacidade intelectual ou do desenvolvemento envellecen antes e máis rápido que o resto da poboación. Moitas persoas con discapacidade a partir dos 45 anos presentan procesos de envellecemento que a poboación xeral soe ter cara ós 65 ou 70 anos.

Dende a Federación cada vez somos máis conscientes desta realidade, máis evidente se cabe nunha pobación tan envellecida como a da nosa comunidade, e por elo poñemos en marcha esta sesión de traballo sobre o proceso de envellecemento en persoas con discapacidade intelectual ou do desenvolvemento: "Xuntos medramos nos apoios que prestamos".