Curso de "Formación avanzada en Lectura Fácil"
Dende o Programa de Cidadanía Activa e Accesibilidade Cognitiva, convocamos un curso de Formación avanzada en Lectura Fácil, co obxectivo de crear unha bolsa de adaptadores que colaboren coa Federación na adaptación e creación de textos adaptados.
O curso centrarase na análise de diferentes tipos de texto e enfoques a aplicar para obter un texto en lectura fácil, na creación de textos orixinais ou en coñecer ferramentas para a edición e corrección de textos, e desenvolverase en modalidade online entre o 21 de outubro e o 3 de decembro.
Convivencia formativa de irmáns de persoas con discapacidade intelectual
Un ano máis, contra vento e marea, volve o noso encontro formativo de irmáns e cuñados de persoas con discapacidade intelectual.
Baixo o lema "A plena inclusión que queremos", volveremos ao enclave de Casa Antiga do Monte, en Padrón, para reflexionar en torno á nosa organización, e como nos imaxinamos a súa proxección no futuro.
Todo elo dun xeito lúdico e participativo!
Nos seguintes enlaces podedes descargar a información sobre este encontro, así como o programa e ficha de inscrición:
- Información Convivencia 2020: A plena inclusión que queremos
Estreo da curtametraxe LILITH
Estamos de estrea! O vindeiro 2 de outubro, poderedes asisitir á presentación da nosa nova curtametraxe: LILITH.
Dirixida por Rafael de Ramón Herrera, LILITH é unha achega á realidade das mulleres con discapacidade intelectual: unha antoloxía de relatos que abordan dende unha perspectiva poética as dificultades, intolerancia e a discriminación que sofren estas mulleres no seu día a día.
Sesión formativa online: "A importancia da prevención e atención precoz da saúde mental"
Dende FADEMGA Plena inclusión Galicia poñemos en marcha unha sesión formativa online sobre a importancia da prevención e da atención precoz da saúde mental das persoas con discapacidade intelectual.
O noso fin é achegar unha perspectiva xeral sobre a importancia da prevención e coñecer que se está a facer hoxe en día en materia de prevención e atención precoz da saúde mental en xeral, e máis concretamente no eido da atención das persoas con discapacidade intelectual ou do desenvolvemento.
Para formalizar a vosa participación, debedes cubrir e enviar debidamente asinada a FICHA DE INSCRICIÓN
Consulta aquí o PROGRAMA da xornada.
Os primeiros celadores con discapacidade intelectual chegan ao Servizo Galego de Saúde (SERGAS)
A Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde ven de publicar esta mañá a Resolución pola que se procede ao nomeamento como persoal estatutario fixo do Servizo Galego de Saúde e a adxudicación de destino definitivo aos/ás aspirantes con discapacidade intelectual para o ingreso na categoría de celador/a.
FADEMGA Plena inclusión Galicia aproba a creación da patronal galega da discapacidade intelectual
FADEMGA Plena inclusión Galicia ven de celebrar o pasado sábado a súa Asemblea Xeral de socios, onde quedou aprobada a constitución da patronal galega da discapacidade intelectual: un proxecto longamente perseguido pola Federación que agora verá a luz, e cuxo fin será a representación e defensa dos dereitos e intereses das entidades que traballan na atención ás persoas con discapacidade intelectual e ás súas familias.
Concurso fotográfico: "A ledicia en cada recuncho"
FADEMGA Plena inclusión Galicia pon en marcha o concurso fotográfico “A ledicia en cada recuncho” co fin de poñer en valor as cousas positivas que nos deixou este ano, máis aló da problemática sanitaria que estamos a vivir.
As 12 fotografías seleccionadas serán as que acompañen o calendario 2021 da Federación. O concurso está aberto a tódalas persoas con discapacidade intelectual -sexan ou non dunha entidade federada-, co apoio dunha persoa (voluntario, familiar, profesional...)
Ler máis: Concurso fotográfico: "A ledicia en cada recuncho"
Poñemos en marcha o encontro de mulleres con discapacidade intelectual
Do 24 ao 26 de setembro a Aldea do Mazo, en Lugo, acollerá un encontro entre mulleres con discapacidade intelectual, a través do cal a Federación pretende promover novos vínculos e alianzas entre mulleres, nun ambiente formativo e lúdico. O escenario tampouco é casual: unha contorna natural coa que queremos reivindicar a necesidade de visualizar ás mulleres do rural.
O encontro contará cunha mesa redonda sobre as mulleres con discapacidade intelectual no ámbito rural, obradoiros de expresión corporal e artística e novos retos que están por vir.
Ler máis: Poñemos en marcha o encontro de mulleres con discapacidade intelectual
Novos cursos: "Deseño en lectura fácil" e "Dinamización de clubs de lectura fácil"
Seguimos a ampliar a nosa oferta formativa en liña de cara aos vindeiros meses coa incorporación de dous novos cursos centrados na dinamización e na mellora das informacións en lectura fácil.
Ler máis: Novos cursos: "Deseño en lectura fácil" e "Dinamización de clubs de lectura fácil"
Curso online gratuito: "Formación de formadores"
Do 15 de outubro ó 2 de decembro, ímos poñer en marcha unha nova edción do curso de "Formador de formadores" en modalidade online e cunha duración de 70 horas.
A nova curtametraxe de FADEMGA Plena inclusión Galicia sensibilizará sobre as diferentes situacións de discriminación cara as mulleres con discapacidade intelectual
Varias mulleres con discapacidade intelectual están a rodar estos días a nova curtametraxe de FADEMGA Plena inclusión Galicia “Lilith”, a través da cal a Federación pretende concienciar sobre as diferentes situacións do colectivo na nosa sociedade.
A curtametraxe, dirixida por Rafael Ramón Herrera, estará composta por unha antoloxía de relatos que abordarán dende unha perspectiva poética as dificultades, intolerancia e o sufrimento destas mulleres Centrado no implícito por enriba do explícito, trataranse temas como a maternidade, a sexualidade, a culpa, a desconsideración, a infantilización ou o descoñecemento social que hai da discapacidade intelectual.
Curso de "Apoio condutual positivo". 2ª edición
Despois da boa acollida do curso de "Apoio condutual positivo" que realizabamos nos meses de maio e xuño, chega unha 2ª edición online desta formación, que nesta ocasión realizarase ente o 19 de outubro e o 30 de novembro de 2020.
O prazo para inscrivirvos permanecerá aberto ata o 31 de xullo de 2020
Buscamos actrices para unha nova curtametraxe... apúntaste?
Apúntate para gravar unha curtametraxe.
Buscamos mulleres con discapacidade intelectual
para participar como actrices nunha curtametraxe.
Ler máis: Buscamos actrices para unha nova curtametraxe... apúntaste?
“Collendo impulso” o programa de coaching de FADEMGA retoma a súa actividade despois do confinamento
Contaremos coa profesional Lara Arribas, coach especializada en discapacidade intelectual.
O programa, previsto inicialmente para os meses de maio e abril, retoma as súas actividades presenciais en Santiago, Lugo, Ourense e Vigo.
Coronavirus. Como cambiou a vida das persoas con discapacidade intelectual?
Como cambiou a vida das persoas con discapacidade intelectual e as súas familias co coronavirus?
E a súa educación?
Usan a tecnoloxía?
Que pasa coas que viven nas residencias?
Que ocorreu co seu emprego? Teletraballan?
Cal é a situación das mulleres con discapacidade?
E das persoas con discapacidade intelectual que están no cárcere?...
Ler máis: Coronavirus. Como cambiou a vida das persoas con discapacidade intelectual?
Novos materiais sobre as eleccións en Galicia
Xa podes descargar novos materiais
sobre as eleccións en Galicia.
Lembra que hai eleccións
o vindeiro domingo 12 de xullo.
Os materiais están en lectura fácil e galego.
Estes son os materiais:
- Guía sobre as eleccións galegas.
- Como votar no local electoral.
- Normas para votar e evitar o coronavirus.
Café con familias.
En vista da nova situación que nos toca vivir, dende FADEMGA Plena inclusión Galicia queremos ofrecervos unha nova forma de conectar con outras familias de persoas con discapacidade intelectual ou do desenvolvemento, e.... que mellor que facelo tomando un café??
QUE OFRECEMOS
Dúas modalidades de café: cafés informais e cafés con experto.
- Cafés informais: un anfitrión moderará e dinamizará a actividade, promovendo a participación dos asistentes.
- Cafés con experto: un experto presentará unha temática e contestará as dúbidas e preguntas dos asistentes.
DURACIÓN E HORARIO
- Cafés informais: entre 1 hora e 1 hora e media de duración.
- Cafés con experto: entre 1,5 e 2 horas.
Sesión formativa online. "Ferramentas para afrontar a volta á nova normalidade"
O vindeiro xoves 18 de xuño, organizaremos unha sesión formativa online onde daremos unha serie de ferramentas esenciais para afrontar a volta á nova normalidade.
Contaremos para elo coa profesional Angels Ponce, terapeuta familiar e instructora en mindfulness, quen nos dará algunhas claves para adaptarnos a esta nova situación, e, por suposto, poderemos facer tódalas preguntas e comentarios que precisemos, pois trátase de que sexa unha sesión o máis participativa posible.
Ler máis: Sesión formativa online. "Ferramentas para afrontar a volta á nova normalidade"
Seminario sobre o emprego público das persoas con discapacidade intelectual
O vindeiro venres 17 de xuño, ás 12 horas, participaremos no Seminario sobre o emprego público das persoas con discapacidade intelectual, onde falaremos sobre as necesidades de apoio das persoas con discapacidade intelectual nos procesos selectivos, emprego público nas zonas rurais e cidades, e ademais, presentarase en formato de debate un novo documento de Plena inclusión España.
Ler máis: Seminario sobre o emprego público das persoas con discapacidade intelectual
Convocatoria: encontros entre mulleres
Dende o programa de mulleres con discapacidade intelectual de FADEMGA Plena inclusión Galicia estamos a poñer en marcha diferentes grupos de mulleres, onde falaremos de diferentes temas que preocupan as mulleres na actualidade.
Para participar nestes grupos tes que mandarnos unha ficha de inscrición cos teus datos e o teu certificado de discapacidade ao correo: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
O último día para mandar a ficha é o día 12 de xuño.
Este verán... apúntate a un respiro familiar!

Nesta pandemia, colabora connosco! Axúdanos a conseguir equipos de protección e adaptar os centros frente ao COVID-19
FADEMGA Plena inclusión Galicia é a Federación Galega de Asociacións en favor das Persoas con Discapacidade Intelectual ou do Desenvolvemento. Na actualidade contamos con 40 entidades galegas federadas que prestan servizo a 6.384 persoas con discapacidade intelectual (4.425 das entidades federadas + 1.959 de Bolsa propia).
Durante esta crise do COVID-19, as nosas entidades están a precisar de equipos de protección e prevención da pandemia, como máscaras cirúrxicas, luvas ou xel hidroalcohólico, e tamén debemos afrontar as adaptacións necesarias para facer fronte ás novas fases decretadas polo Goberno, como colocación de biombos, sinaléctica e información accesible, etc
Familias! No voso día... sacamos dúas convocatorias de actividades para vós
FADEMGA Plena inclusión celebra o Día Internacional das Familias lanzando dúas convocatorias especialmente dirixidas a elas: “Tómate un respiro” e “Ferramentas para afrontar a volta”.
A través da convocatoria “Tómate un respiro” poñeremos en marcha sesións online de apoio para familiares de persoas con discapacidade intelectual. Son sesións para que as familias se sintan mellor e teñan menos estrés e ansiedade por toda a situación que estamos vivindo.
Ler máis: Familias! No voso día... sacamos dúas convocatorias de actividades para vós
A Asociación de Comerciantes e Hosteleiros Zona Náutico de Vigo e FADEMGA, únense para fomentar o emprego das persoas con discapacidade intelectual
O presidente da Asociación de Comerciantes e Hosteleiros Zona Náutico de Vigo, Rubén Pérez e o Presidente de FADEMGA Plena inclusión Galicia, Eladio Fernández, veñen de asinar un Convenio destinado á formación prelaboral de persoas con discapacidade intelectual en empresas asociadas á Zona Náutico.
Trátase de promover o emprego de persoas con discapacidade intelectual que actualmente son beneficiarias das diferentes acción de apoio á formación e á inclusión laboral que ven realizando a Federación na provincia de Pontevedra.
Oferta de emprego
Posto: PREPARADOR/A LABORAL – FORMADOR/A
Nº de Postos: 1
Empresa: FADEMGA Plena inclusión Galicia
Localidade: R/ Oliva 12, Vigo
Titulación: FP en Integración Social ou Titulado de grao medio, nas especialidades de Educación Social, Traballo Social, Maxisterio en Educación Especial, ou outras titulacións da rama social.
Valórase: Formación e coñecementos profesionais no sector da discapacidade intelectual e na área social, así como en formación e inserción laboral. Imprescindible carné de conducir e dispoñibilidade de coche.
Requisitos: Persoa desempregada inscrita como demandante de emprego no Servizo Público de Emprego de Galicia e empadroada no Concello de Vigo antes do 01 de xaneiro de 2019.
Contacto: Enviar cv ata o 31 de maio a Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. Indicar no asunto “OFERTA DE PREPARADOR/A LABORAL- FORMADOR/A”. É imprescindible achegar copia dixitalizada da tarxeta de demandante de emprego e do volante de empadroamento.
2º Concurso de relato curto
Co obxectivo de visibilizar o talento das persoas con discapacidade intelectual e de promover a cultura e a elaboración de información accesible, FADEMGA Plena inclusión Galicia convoca a segunda edición do concurso de relato curto.
Convocatoria: "Quedamos? Que temos moita leria!"
Dende FADEMGA Plena inclusión Galicia coa colaboración de Special Olympics Galicia, continuamos a traballar dando apoio a tódalas nosas entidades, persoas con discapacidade intelectual e familias durante a crise do COVID-19.
Con este fin a nosa bolsa de voluntariado continúa a crecer con novas alternativas que podan dar resposta ás recentes necesidades que están a xurdir derivadas desta situación excepcional.
Poñemos en marcha a rede de asesoramento para persoas que presentan problemas de conduta e/ou saúde mental e as súas familias durante a crise do COVID-19
Na situación de crise xerada polo COVID-19, sabemos que moitas persoas con discapacidade intelectual ou do desenvolvemento con dificultades na regulación da súa conduta van a ter momentos de desregulación. Pensando nestas situacións poñemos en marcha unha rede de asesoramento psicolóxico, de maneira telemática.
"Ideas para facer na casa mentres dure a corentena"
Os días de corentena poden facerse interminables, pois a as actividades novidosas que podemos facer, vanse reducindo.
Por elo, co obxectivo de axudarvos a facer un pouquiño máis amenos estos días que temos que pasar na casa, achegámosvos o primeiro volume da guía "Ideas para facer na casa mentres dure a corentena"
Nel atoparedes diferentes actividades de todo tipo: dende lecturas, cine e teatro ata formación, visitas online a museos e incluso turismo dixital!
Podedes descargalo neste enlace:
Ler máis: "Ideas para facer na casa mentres dure a corentena"
A bolsa de voluntariado de FADEMGA Plena inclusión Galicia segue a crecer para facer fronte ao COVID-19
Dende FADEMGA Plena inclusión Galicia coa colaboración de Special Olympics Galicia, continuamos a traballar dando apoio a tódalas nosas entidades, persoas con discapacidade intelectual e familias durante a crise do COVID-19. Con este fin a nosa bolsa de voluntariado continúa a crecer con novas alternativas que podan dar resposta ás recentes necesidades que están a xurdir derivadas desta situación excepcional.
Novos cursos: apoio activo e apoio condutual positivo
Dende FADEMGA Plena inclusión Galicia, e a través do Programa 0,7% IRPF Estatal, abrimos a convocatoria para as seguintes accións formativas:
Ler máis: Novos cursos: apoio activo e apoio condutual positivo
Apoio para familias de persoas con discapacidade intelectual durante a crise do COVID-19
FADEMGA Plena inclusión Galicia pon ao sevizo daquelas familias que o precisen un servizo de apoios puntuais a través do que ofrecemos diferentes soportes tales como apoio nas tarefas de compra, saídas terapéuticas e mesmo atención no propio fogar.
Na seguinte documentación que achegamos podes descargar a información sobre como solicitar este novo servizo e a ficha de solicitude.
Apoio para familias de persoas con discapacidade intelectual durante a crise do COVID-19
FADEMGA Plena inclusión Galicia pon ao sevizo daquelas familias que o precisen un servizo de apoios puntuais a través do que ofrecemos diferentes soportes tales como apoio nas tarefas de compra, saídas terapéuticas e mesmo atención no propio fogar.
Na seguinte documentación que achegamos podes descargar a información sobre como solicitar este novo servizo e a ficha de solicitude.
Conversación sobre o duelo en tempo de pandemia: “O coronavirus rouba a despedida dos seres queridos que falecen”
Plena inclusión España celebrou unha nova conversa en liña sobre un tema de gran interese vinculado á crise xerada polo confinamento e a crise sanitaria do COVID19 ao que asistiron máis de 800 persoas.
Este ‘venres de dores’, no calendario pascual católico, falouse sobre o duelo ‘Acompañamento fronte ao duelo’, grazas á participación de expertas do Centro San Camilo, o proxecto Intecum (Fundación San Cebrián de Plena inclusión CyL) e da Fundación Gil Gayarre (Plena Inclusión Madrid). Neste último caso, contouse co testemuño de Esther Arévalo, irmá de Ana (unha muller con discapacidade intelectual).
Plena inclusión denuncia ante o Defensor do Pobo os ataques verbais contra persoas con discapacidade intelectual que practican paseos terapéuticos
Plena inclusión, como outras organizacións que traballan con persoas con discapacidade, leva días levantando a voz para denunciar un feito incívico e intolerante inhumano: berros e insultos a persoas con discapacidade e especiais dificultades para soportar a situación de confinamento que saen das súas casas, acompañadas, para dar breves paseos terapéuticos. Como estes feitos execrables non deixaron de producirse, decidiu dar un paso máis e denuncialo ante o Defensor do Pobo.
Ler máis: Plena inclusión denuncia ante o Defensor do Pobo os ataques verbais contra persoas con...
Entidades da discapacidade intelectual e Federación continuamos coa actividade esencial de atención ás persoas con discapacidade intelectual
Despois do anuncio feito esta fin de semana polo presidente do Goberno sobre o endurecemento das medidas de confinamento asociadas ao estado de alarma, tanto a Federación FADEMGA Plena inclusión Galicia como as entidades federadas continuamos prestando atención ás persoas con discapacidade intelectual e ás súas familias dado que se trata dun servizo considerando como esencial no apartado 9 do anexo da Real Decreto-lei 10/2020, do 29 de marzo.
Tódalas entidades con servizo de vivendas e residencias continúan traballando a pleno rendemento a pesar das situacións de dificultade que afrontan como a falta de material, e tanto o resto de entidades como a propia Federación tamén continuamos prestando os apoios e servizos máis esenciais para o colectivo (cambiando a modalidade de prestación de servizos dada a limitación de actividades).
Comunicado de FADEMGA Plena inclusión Galicia ante a crise do coronavirus
Dende FADEMGA Plena inclusión Galicia queremos comunicarvos que seguimos traballando co fin de informar, axudar e prestar tódolo apoio que nestes momentos tanto as entidades federadas como as familias necesitades, e con este fin estamos a adaptar os nosos servizos ás circunstancias extraordinarias que vivimos.
Tódolo noso persoal continúa traballando en horario de 8 a 15:00 horas, e os nosos teléfonos de contacto tanto da sede, como das oficinas de emprego que temos nas 4 provincias seguen estando operativos para atender as vosas consultas, así como os correos electrónicos de tódalas áreas.
Igualmente, o noso servizo de asesoría xurídica de familias segue operativo por vía telefónica, (por se fose necesario resolver algunha consulta urxente) e a asesoría xurídica Taibo e Paz segue a disposición dos socios para as dúbidas que poidades ter e que necesiten ser resoltas con urxencia.
O procedemento para elo seguirá os cauces habituais: enviades a consulta a Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. e nos remitirémoslla á asesoría.
FORZA E MOITO ÁNIMO!
Actividades pospostas por mor da alerta sanitaria
Como consecuencia da alerta sanitaria, comunicámosvos o cese daquelas actividades de carácter presencial, dende hoxe ata o vindeiro 30 de marzo.
Dende a Federación continuaremos á vosa disposición durante estes 14 días, a través de vía telefónica, correo electrónico e por suposto, a través das nosas redes.
A continuación ofrecemos o listado completo das actividades afectadas:
Novo curso de asistente persoal
Poñemos en marcha a inscrición apra un novo curso sobre "Asistente persoal" que se celebrará do 13 de abril ó 15 de xuño.
O prazo para realizar a inscrición é o 31 de marzo
Infografía en lectura fácil sobre o coronavirus
Unha infografía é un documento que explica un tema con imaxes.
A loita das mulleres con discapacidade intelectual chega a Galicia
Santiago de Compostela acolle a inauguración desta exposición sobre mulleres con discapacidade intelectual empoderadas
Ler máis: A loita das mulleres con discapacidade intelectual chega a Galicia
FADEMGA Plena inclusión Galicia crea a rede de accesibilidade cognitiva
A federación consolida a súa aposta pola accesibilidade e pola formación dos profesionais na elaboración deste tipo de materiais
Ler máis: FADEMGA Plena inclusión Galicia crea a rede de accesibilidade cognitiva
FADEMGA Plena inclusión Galicia celebra o éxito obtido nos diferentes procesos de acceso ao emprego público
No último mes, un total de 46 persoas con discapacidade intelectual que recibiron apoios da federación conseguiron praza na Administración, o que supón un 83% sobre o total de prazas ofertadas
Xornada: "Mulleres con discapacidade ante a violencia, estamos protexidas?
O vindeiro martes, 10 de marzo, a Casa das Asociacións de Benestar Social (Cabes, Rúa Manuel María 6 – Salgueiriños) acollerá a xornada "Mulleres con discapacidade ante a violencia, estamos protexidas?"
A Secretaria Xeral de Igualdade, Susana López Abella, o Presidente do Cermi Galicia, Iker Sertucha Lista e a Concelleira de igualdade do Concello de Santiago, Noa Díaz Varela, inaugurarán esta xornada organizada polo CERMI Galicia, na que participaremos a través do relatorio "Mulleres con discapacidade ante a violencia"
Ler máis: Xornada: "Mulleres con discapacidade ante a violencia, estamos protexidas?
“Eu, ti, elas”, a mostra fotográfica de mulleres valentes que loitan polos seus dereitos
O Centro Abanca Obra Social, acollerá os próximos 6 e 7 de marzo a exposición de fotografías 'Eu, ti, elas', unha galería formada por varias imaxes, a través das que se mostrará o paralelismo que existe entre as mulleres con discapacidade intelectual ou do desenvolvemento na súa conquista de dereitos individuais con algunhas das grandes mulleres que conseguiron importantes fitos na historia.
Exemplos de mulleres con discapacidade intelectual que loitan a diario por conseguir estar e ser incluídas na sociedade, do mesmo xeito que xa o fixeron outras mulleres ao longo da historia.
Ler máis: “Eu, ti, elas”, a mostra fotográfica de mulleres valentes que loitan polos seus dereitos
A Asociación Autismo Ourense colabora na preestrea benéfica da película “ESPECIAIS”
A Asociación Autismo Ourense en colaboración coa produtora “Contracorriente Films” e a empresa “Coruña films Galicine en Ponte Vella”, colabora na preestrea benéfica da película “ESPECIAIS” dirixida polos directores Eric Toledano e Olivier Nakache, que xa realizaron a película “INTOCABLE”.
Ler máis: A Asociación Autismo Ourense colabora na preestrea benéfica da película “ESPECIAIS”
O 83% do total de prazas para a discapacidade intelectual ofertadas polo SERGAS, recaen en persoas que recibiron apoios de FADEMGA Plena inclusión Galicia
O pasado 8 de marzo de 2019, Silleda acollía o primeiro proceso selectivo do SERGAS convocado en exclusiva para persoas con discapacidade intelectual.
Un total de 218 persoas con discapacidade intelectual, presentábanse a esta quenda específica do SERGAS, das cales 153 (o que supón un 69,86% do total) recibiron apoios de FADEMGA Plena inclusión Galicia (en concreto, 70 persoas da provincia da Coruña, 21 persoas de Lugo, 20 de Ourense e 42 de Pontevedra).
Este mércores, a Federación ven de coñecer que das 30 prazas convocadas para discapacidade intelectual, 25 recaeron en persoas que recibiron apoios de FADEMGA Plena inclusión Galicia, o que supón o 83.3% do total.
O “Grupo de Traballo de Trastorno Dual” de FADEMGA Plena inclusión Galicia celebra a súa primeira reunión anual
O noso Grupo de traballo sobre trastornos de conduta e/ou alteracións da saúde mental, formado por profesionais na atención ás persoas con discapacidade intelectual de toda Galicia, celebrou a primeira reunión anual orientada a facer balance das actividades do pasado ano e poñer en común novas propostas e casos de abordaxe para 2020.
Durante o encontro, o grupo puido facer un repaso polos casos abordados ata agora, así como polos principais fitos entre os que cabe destacar o proxecto Aténdeme-Enténdeme, un proxecto de mellora da atención nas consultas de medicina primaria ás persoas con discapacidade intelectual ou do desenvolvemento, onde o grupo destacou o interese e boa acollida que está a ter a iniciativa, así como os novos “aliad@s” que se están a xerar entre o persoal médico involucrado.
1ª Feira virtual de familias
O vindeiro venres, 21 de febreiro dende as 9:45 h. ás 13:00 horas, persoas expertas da Universidade Ramón Llull e da Universidade Católica de Valencia contarannos as súas experiencias sobre Calidade de vida familiar e Enfoque centrado na familia.
Nesta "Feira virtual" tamén participarán federacións de Plena inclusión de diferentes Comunidades Autónomas.
Novo curso de "Enfoque centrado na persoa"
Poñemos en marcha unha nova edición deste curso que ten como obxectivo xerar coñecementos básicos sobre o "Enfoque centrado na persoa" e as súas implicacións a nivel individual; un novo modelo de traballo que permite mellorar as competencias dos profesionais, familiares e doutros axentes implicados no proceso de planificación centrada na persoa.