Máis Novas

Listen to this page using ReadSpeaker

Este domingo a localidade de Silleda acolle unha nova convocatoria de oposicións destinadas a persoas con discapacidade intelectual.

Con motivo do Día Internacional do Libro, FADEMGA Plena inclusión Galicia quere reivindicar o dereito á lectura e á cultura das persoas con discapacidade intelectual. Segundo a Organización Mundial da Saúde, 1 de cada 3 persoas ten dificultades de comprensión: trátase de persoas con discapacidade intelectual, maiores, persoas que non coñecen ben o noso idioma ou con baixa alfabetización... Todas elas necesitan apoios para poder entender o mundo que lles rodea e poder participar nel en igualdade de condicións que o resto de cidadáns.

Este ano a Federación pon o foco na necesidade de que a lectura fácil chegue tamén ás aulas, con contidos adaptados que faciliten o acceso a aprendizaxe daqueles escolares que contan con maiores dificultades (discapacidade intelectual, trastornos do espectro do autismo, TDAH…). Na maioría dos casos estes alumnos/as non contan con materiais adaptados que lles faciliten os contidos curriculares habituais, o que poden desembocar en último termo, no fracaso escolar.

O pasado venres, día 8, o Parlamento de Galicia acolleu unha nova sesión da “Comisión para o seguimento das políticas de discapacidade”, onde varias entidades do sector puidemos trasladar aos principais grupos parlamentarios a actualidade e reivindicacións dos nosos correspondentes colectivos.

Xa podedes anotarvos nunha nova edición do Curso de "Apoio Condutual Positivo (ACP). Nivel Experto" que nos axudará a profundizar nos puntos clave dos plans de ACP, como planificar a prevención ou realizar plans de aprendizaxe de habilidades alternativas. Tamén coñeceremos ferramentas de liderazgo práctico: entrevistas, monitorización e acompañamento dos equipos.  

En moitos momentos da nosa vida pasamos por procesos de dó e non sempre é fácil comunicar o que se sente tras un perda. O mesmo lles ocorre ás persoas con discapacidade intelectual ou do desenvolvemento. 

A morte está presente ao longo do ciclo vital de todas as persoas e aínda así, é un tema do que evitamos falar.

A pandemia da COVID-19 afectounos a todos, pero tamén nos deu conciencia de que a vida cambia nun instante, de que pode rematar en calquera momento. Conversar con alguén sobre elo, contribúe a que afrontemos ese medo en lugar de fuxir del.

Envellecer é un proceso individual, pero envellecer ben é un tema social. Hoxe en día atopámonos ante unha nova e urxente realidade: a prolongada etapa adulta das persoas con discapacidade intelectual ou do desenvolvemento e o seu proceso de envellecemento. 

Dende o Movemento Asociativo de Plena inclusión, continuamos a traballar na elaboración do 6º Plan estratéxico.

Este martes a sede da Federación acolleu a reunión do equipo de pilotaxe “Con Bos apoios” destinada a posibilitar accións e estratexias de coordinación e colaboración sociosanitaria dende un enfoque preventivo, persoalizado e comunitario que radiquen na mellora da calidade de vida das persoas con discapacidade intelectual con alteracións graves de conduta e/ou alteracións da saúde mental.

O traballo con familias experimentou nos últimos anos grandes cambios: modelos centrados na persoa ou centrados na familia, envellecemento das familias e das persoas usuarias, a crise do coronavirus...

Estas novas realidades requiren tamén de novas formas de facer e de pensar a relación coas familias e, sobre todo, dos recursos para acompañar os procesos emocionais que xeran estos cambios. 

Identidade, emprego, maternidade, saúde, sexualidade, prexuizos...

Con motivo do 8M estreamos "LILITH" unha proposta rompedora e alternativa, onde es tí quen debe sacar as conclusións sobre as diferentes realidades que aborda a curtametraxe; realidades que forman parte do día a día de moitas mulleres con discapacidade intelectual.

Como é habitual nestas datas, abrimos unha nova convocatoria da bolsa de persoas auditoras. 

Qué é?

A bolsa de persoas auditoras e unha rede de contactos de auditores internos de calidade das entidades federadas.

As persoas auditoras que se inscriben, póñense a disposición para auditar internamente outra entidade e solicitar ser auditados por alguén da bolsa.

Dende a Confederación Plena inclusión lanzamos unha campaña de apoio ás vítimas da guerra que está asolando Ucraína, poñendo o foco en axudar ás persoas con discapacidade intelectual e do desenvolvemento, ás súas familias e ás entidades que as acollen.

O proxecto de "Pensamento libre" xa é unha realidade asentada en boa parte da nosa comunidade, pero queremos continuar medrando e por elo sacamos unha nova convocatoria para que vos anotedes nos grupos que formaremos este ano, que por primeira vez inclúen a cidade de Lugo.  

Sabemos que o estabades esperando e aquí chega!

Temos nova convocatoria do Programa de Vacacións – IMSERSO, que regresa coas pilas cargadas e a pleno rendemento! Unha a boa oportunidade para gozar do tempo de lecer e para socializar en contornas normalizadas; unha asignatura pendente para a sociedade e na que traballamos arreo, co fin de conseguir un ocio inclusivo e de calidade onde sexan as propias persoas con discapacidade intelectual as que decidan. Vacaciónate!

:: ÍMOS COA LETRA PEQUENA: CONVOCATORIA E PRAZOS

Na seguinte ligazón "Actuacións de Turismo IMSERSO - Plena inclusión España" podes atopar toda a documentación necesaria para realizar a solicitude.

Bulide que o prazo está aberto ata o 23 de febreiro!


:: OFERTA DE DESTINOS

 

Información en lectura fácil

 

En Fademga Plena inclusión Galicia

abrimos o prazo para participar

no Programa de Vacacións do IMSERSO. 

O IMSERSO é un organismo 

do Ministerio de Sanidade, Consumo e Benestar Social. 

 

Este programa serve para que persoas con discapacidade intelectual

podan gozar duns días de vacacións

noutras partes de España. 

 

Todo o mundo ten dereito a gozar das súas vacacións 

e do seu tempo libre

en igualdade de condicións. 

 

O prazo para inscribirte no Programa

xa está aberto. 

Ponte en contacto coa túa asociación

e alí informarante sobre como podes participar. 

 

Se non es membro dunha asociación

podes contactar directamente connosco

na seguinte dirección de correo

Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

ou chamando ao 981 519 650

e axudarémosche no que precises. 

Coñecer a importancia de usar Sistemas Alternativos de Comunicación (SSAAC) con persoas con discapacidade intelectual, e saber cales son os máis apropiados en cada caso é o obxectivo deste novo curso financiado a través do Programa 0,7% IRPF Estatal e dirixido a profesionais que den apoio ao colectivo. 

A comunicación é un dereito fundamental de toda persoa, polo que o uso dos Sistemas Alternativos de Comunicación non é unha moda ou unha estratexia de intervención máis: é a chave que pode abrir a moitas persoas a posibilidade de expresarse, decidir, comprender, elexir, rexeitar e compartir todo o que é importante para elas. Por este motivo, o curso pode axudar aos profesionais a coñecer estos sistemas, ou ben actualizar, mediante casos prácticos e claros, o coñecemento que xa teñen deles. 


Máis de 200 persoas con discapacidade intelectual que estiveron a recibir apoios da Federación, marchan este venres camiño da capital para presentarse ao proceso selectivo convocado polo Estado e destinado a cubrir 190 prazas, das cales 5 estarán en Galicia, concretamente dúas na Coruña, e unha en Bergondo, Lugo e Ourense.

Dende FADEMGA Plena inclusión estivemos a preparar a un total de 17 grupos repartidos nas ciudades de Ourense, Vigo, Lugo, Santiago, Coruña e Narón (este último na entidade Nosa Señora de Chamorro) dos que formaron parte máis de 200 persoas que levan meses preparándose para esta oportunidade.

Despois da primeira (e ben exitosa) edición de 2021, retomamos os encontros de mulleres con discapacidade intelectual; uns espazos en liña para que mulleres de toda Galicia podan poñer en común as súas inquedanzas e preocupacións, creando así novos vínculos e alianzas que nos axuden a todas a avanzar nos nosos dereitos!

Temos novas publicacións sobre muller na web, e todas elas en lectura fácil!

Atentas ás novidades que aí van:

Dende FADEMGA Plena inclusión Galicia continuamos un ano máis co noso Servizo Xurídico, orientado a informar e aconsellar ás persoas con discapacidade intelectual e as súas familias nas dúbidas de carácter legal e xurídico que podan ter en temas como a adopción de medidas de apoio á capacidade xurídica (a denominada anteriormente como tutela), a elaboración do testamento, ou o patrimonio protexido. Un recurso se cabe máis necesario durante o 2022, despois da entrada en vigor da reforma civil e procesal en materia de discapacidade.  

Ofrecer bos apoios e xerar oportunidades de calidade para as persoas con discapacidade intelectual e as súas familias, require planificar unha serie de estratexias, basadas en valores e no empoderamento de cada persoa, co fin de axudala a construir o seu propio proxecto de vida. 

O "enfoque centrado na persoa" ofrécenos un marco útil para prestar estos apoios; unha ferramenta para apoiar a cada persoa a definir e vivir a vida que desexa, unha vida de calidade, baseada nas propias preferencias e desexos. 

Co obxectivo de reflexionar sobre o voluntariado no noso movemento asociativo e orientar ás entidades na consecución dun voluntariado inspirador, poñemos en marcha dúas conversas online a través de Zoom, que desenvolveremos os días 21 e 22 de decembro de 16:00 a 18:00 horas. 

O Comité de Entidades representantes de persoas con discapacidade de Galicia (CERMI Galicia) celebrou esta mañá un acto para dar a coñecer o Manifesto con motivo do Día Da Discapacidade, que se celebra mañá venres 3 de decembro.

FADEMGA Plena inclusión Galicia xunto con AEDIGAL queren animar e apoiar ás entidades a que deseñen e implanten os seus propios plans de igualdade. Este apoio consistirá na xestión de varias sesións de guía, acompañamento, asesoramento e resolución de dúbidas cunha consultora especializada na materia

A Facultade de Psicoloxía de Santiago, acolleu este venres o “15º Seminario sobre discapacidade intelectual e saúde mental”, organizado por FADEMGA Plena inclusión Galicia, coa colaboración do Grupo de Traballo de Trastornos Mentais e/ou alteracións de conduta. A Subdirectora Xeral de Atención Primaria do SERGAS, Sinda Blanco, destacou durante a inauguración da xornada a posición do Seminario “que se afianza cada ano como punto de reunión e intercambio dos avances na atención ás persoas con discapacidade intelectual”.

O presidente de FADEMGA Plena inclusión Galicia, Eladio Fernández, acompañado polo xerente e varios directivos da Federación, reuníronse o pasado martes coa Conselleira de Política Social, Fabiola García, co fin de abordar os temas de maior urxencia e actualidade para o colectivo de persoas con discapacidade intelectual.

A Xunta Directiva da Patronal Galega da Discapacidade Intelectual e do Desenvolvemento, AEDIGAL, visitou este luns o Consello Económico e Social de Galicia (CES) para manter un encontro co seu presidente, Agustín Hernández.

O vindeiro 10 de novembro acolleremos unha novidosa xornada centrada na innovación e na creatividade aplicada con Design Thinking. O "design thinking" é un método para xerar novas ideas que centra a súa eficacia en entender e dar solución ás necesidades reais dos usuarios. 

Ter unha visión global do apoio a persoas con discapacidade intelectual e do desenvolvemento que teñen problemas de saúde mental, a través dun enfoque bio- psico-social e baseado na personalización é o obxectivo principal desta nova oferta formativa que se desenvolverá en modalidade online entre os días 2 e 30 de novembro.

No marco do noso programa "Collendo impulso" estamos a organizar unha nova xornada centrada na discapacidade intelectual e os servizos de emerxencia social; unha ollada á dobre exclusión que sufre o colectivo así como aos recursos e servizos que podemos atopar na comunidade para paliar situacións de abuso ou maltrato, e así evitar o importante risco de exclusión que padecen moitas persoas con discapacidade intelectual. 

Hai 7 anos, a Fundación Galega de Medicina Xenómica e FADEMGA Plena inclusión Galicia iniciábamos unha importante colaboración co fin de avanzar na investigación sobre as bases xenéticas da discapacidade intelectual. Despois dun árduo traballo na selección de participantes, documentación e recollida de mostras, hoxe tivemos a honra de estar ao carón do doutor Ánxel Carracedo dando a coñecer ás familias participantes os primeiros resultados da investigación.

Apoiar a boa vellez das persoas con discapacidade intelectual ou do desenvolvemento, identificar os apoios que precisan e os cambios que se producen na persoa cunha idade avanzada son algúns dos obxectivos que nos marcamos na Federación. Para elo, dar unha formación continua aos profesionais que abordan estas realidades complexas é de vital importancia. 

A Conselleira de Emprego e Igualdade María Xesús Lorenzana e o seu equipo de traballo, reuníronse esta semana coa Xunta Directiva da nova Patronal Galega da Discapacidade Intelectual e do Desenvolvemento, AEDIGAL, co fin de coñecer de preto as liñas de traballo da mesma.

Dende o programa de accesibilidade cognitiva de FADEMGA

organizamos un curso en liña

sobre a creación de grupos de validación

de textos en lectura fácil.

Como cada ano por estas datas chega unha cita ineludible no calendario de FADEMGA plena inclusión Galicia: o encontro da irmandade galaica!

Poñemos en marcha unha nova acción formativa, destinada a aqueles profesionais que desexan mellorar a prestación de apoios a persoas con discapacidade intelectual nos seus plans persoais de vida, así como en activismo e participación comunitaria. 

Co espazo "Maneiras de vivir: unha reflexión para a transformación e a mellora de entornos residenciais" queremos ofrecer un espazo de reflexión compartida para contribuír á transformación das prácticas profesionais, os estilos de apoio e os factores culturáis de contextos residenciais e de vivenda, que nos permitan avanzar cara modelos centrados na persoa e na comunidade.

Co obxectivo de dotar ao colectivo da información e das ferramentas necesarias para unha busca activa de emprego así como para facilitar o seu acceso ao mercado laboral, abrimos a "Convocatoria de formación prelaboral 2021" que ademáis dos cursos básicos de formación, inclúe talleres específicos para a elaboración do curriculum vitae, aprender a abordar entrevistas de traballo, resolución de conflitos, brigadas de busca de emprego, manexo do euro ou habilidades comunicativas entre outros. 

Os profesionais que prestan atención a familias son os destinatarios da nova oferta formativa da Federación, que nesta ocasión ten como fin dar a coñecer con maior profundidade o Servizo de Apoio a Familias de Plena inclusión. 

FADEMGA organiza unha formación online

sobre a figura do Asistente Persoal.

Un Asistente Persoal é un profesional

que te pode axudar a ter unha vida máis independente.

Entre o 15 de setembro e o 15 de outubro terá lugar unha nova formación en liña, destinada a persoas responsables de voluntariado así como a persoas voluntarias de entidades sociais. 

A formación abordará a análise de casos prácticos sobre voluntariado dixital, así como ofertas e plataformas que poden axudarnos neste cometido. 

O pasado 21 de xullo a patronal galega da discapacidade intelectual, AEDIGAL, celebrou unha nova Xunta Directiva onde se aprobou a distribución definitiva de cargos directivos así como a incorporación dos 3 cargos de libre designación pola Federación.

Interésache o voluntariado?

Queres participar en actividades do noso Movemento Asociativo e contribuir coa túa aportación a mellorar a calidade de vida das persoas con discapacidade intelectual e as súas familias? 

Tanto se non puideches estar na nosa xornada sobre Asistencia Persoal como se queres recuperala para coller apuntes, xa podes acceder a través da nosa canle de youtube!

Despois de reiterados contactos con Xunta de Galicia, Consellería de Sanidade e Ministerio, o colectivo de persoas con discapacidade intelectual usuarios de centros de día e ocupacionais segue sen ser unha prioridade para a vacinación.

A pesar de que a semana pasada o Ministerio de Sanidade, dacordo coas Comunidades Autónomas, aprobaba a Estratexia 8 de vacinación, onde se recolle expresamente “A vacinación das persoas a partir de 12 anos de idade (ano de nacemento 2009 ou anterior) en situación de gran dependencia e aquelas en centros de persoas con discapacidade intelectual, centros tutelados e centros de educación especial” o colectivo continúa a ser ignorado polas autoridades sanitarias.

35 persoas con discapacidade intelectual das provincias de A Coruña e Pontevedra participaron este martes 29 e mércores 30 de xuño nas probas de Competencias Clave que tiveron lugar na sede de FADEMGA Plena inclusión Galicia.

Estas persoas son usuarios/as das asociacións federadas de ASPABER (Carballo), ACEESCA (Porriño) e Centro JUAN MARÍA (Nigrán), dos Servizos de Información e Orientación Laboral de FADEMGA de Vigo e Santiago e tamén da asociación non federada AMARAI (Boimorto).

Plena inclusión reclama que se active canto antes a vacinación de grandes dependentes e persoas con discapacidade intelectual dende os 12 anos.

Esta medida, que foi aprobada a semana pasada polo Ministerio de Sanidade de acordo coas comunidades autónomas, parece que aínda non é prioritaria para moitos dos gobernos rexionais según os datos que manexa Plena inclusión.

Arturo Parrado Puente, Director Xeral de Inclusión Social da Xunta de Galicia, Rosa María Hurtado Taboada, Xefa do Servizo de Atención ao Paciente, Luciano Fernández Pintor, Presidente do CERMI Galicia, e Fernando de Andrés Alonso, Secretario Xeral da Valedora do Pobo acompañaron este luns ao presidente de FADEMGA Plena inclusión Galicia Eladio Fernández Pérez na inauguración da xornada de presentación da “Guía de Servizos de Emerxencia Social en lectura fácil”, destinada a ofrecer en linguaxe claro e accesible os diferentes recursos que as persoas con discapacidade intelectual en risco de exclusión social poden atopar na Comunidade.

Como caracteriza a cada mes de xuño, FADEMGA Plena inclusión Galicia celebrou a súa Asemblea Xeral Ordinaria, na que se deron cita os directivos das entidades membro co fin de valorar o complicado ano 2020 que viviu o sector por mor da pandemia e poñer a mirada nas actividades e proxectos que están por vir.

Dende a Federación vimos de elaborar unha "Guía de emerxencia social en lectura fácil" para facilitar o acceso a servizos sociais a todas as persoas interesadas, pero especialmente pensando nas persoas con discapacidade intelectual e ou do desenvolvemento que puideran precisar esta información de maneira accesible. Trátase dunha guía elaborada como parte do noso programa "Collendo impulso", que está financiado pola Xunta de Galicia grazas ás persoas que marcan a "X Solidaria" na súa declaración da renda.