Máis Novas

Listen to this page using ReadSpeaker

Xa estamos a argallar unha nova edición do 17 Seminario sobre saúde mental e discapacidade intelectual e queremos contar contigo!

Este ano o encontro terá lugar o 24 de novembro na Facultade de Psicoloxía da Universidade de Santiago e durante a sesión matutina contaremos coa doutora Rocío García Castro (psicóloga clínica, especialista en mediación e procesos correctores comunitarios) que nos falará sobre como evitar o desgaste emocional das familias e sobre os aportes da metodoloxía ProCC (procesos correctores comunitarios). Contaremos tamén con Mar López Pérez, presidenta da "Fundación Vivir Un Buen Morir", que ofrecerá un relatorio sobre o acompañamento na última etapa, tamén para persoas con discapacidade intelectual e/ou do desenvolvemento.

O seminario completarase durante a tarde cunha mesa redonda de "Boas prácticas en primeira persoa" onde nos acompañarán profesionais e familiares das asociacións de Juan XXIII (Pontevedra), Aspadeza (Lalín) e do Centro de Atención a Persoas con Discapacidade (CAPD) de Redondela.

INSCRICIÓN E PROGRAMA

Aquelas persoas que queirades participar, deberedes enviarnos debidamente cuberta e asinada a FICHA DE INSCRICIÓN ao correo Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

Tedes de prazo para facelo ata o 17 de novembro. 

Nesta ligazón podedes consultar o programa completo do seminario. 

Esperámosvos!