Máis Novas

Listen to this page using ReadSpeaker

A Xunta de Galicia, a través da orde do 23 de setembro de 2022, pola que se establecen as " Bases reguladoras para a concesión de subvencións destinadas á adquisición de vehículos que faciliten a prestación de servizos a persoas dependentes ou a persoas con discapacidade por entidades de iniciativa social da CCAA de Galicia", e ao abeiro do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia financiado pola Unión Europea- NextGenerationEU de conformidade co Regulamento (UE) número 2021/241, do 12 de febreiro de 2021, polo que se establece o Mecanismo de Recuperación e Resiliencia e se convocan para o ano 2023 (BS631C), ven de conceder á nosa Federación dúas novas furgonetas adaptadas. 

Estos novos vehículos foron adquiridos grazas á axuda que ascendeu a 83.234,15 euros, e posibilitarán que continuemos a facilitar un transporte adaptado, sostible e máis seguro para as persoas con discapacidade intelectual que participan nas actividades e servizos ofertados pola Federación; así como ás entidades federadas.