Máis Novas

Listen to this page using ReadSpeaker

O vindeiro 18 de novembro volve un clásico da Federación, chamado a reactivar ás familias do Movemento Asociativo e a ofrecerlles un espazo onde compartir conversas e experiencias...

Volve o Encontro de Familias!

Un evento onde facer parroquia, que este ano terá como eixo vertebrador "a participación" pero no que tamén abordaremos outros temas de interese como o lecer inclusivo, as distintas "maneiras de vivir" ou as implicacións da nova Lei 8/2021. 

Todas aquelas persoas que vos queirades sumar a esta celebración debedes cubrir o formulario online que poñemos á vosa disposición.

Antes, recomendámosvos ler toda a información sobre dito encontro, onde resumimos prazos, costes e mesmo a posibilidade de solicitar transporte e servizo de respiro familiar durante o día, e no que tamén vos facilitamos a ligazón ao formulario de inscrición.  

DESCARGA AQUI O DOCUMENTO INFORMATIVO E PROGRAMA DA XORNADA

O prazo para que nos enviedes a vosa inscrición rematará o 10 de novembro. 

ESPERÁMOSVOS!