Máis Novas

Listen to this page using ReadSpeaker

Plena Inlusión comeza a probar a ferramenta LibRe, que busca reducir ou eliminar as restricións que se aplican a persoas dependentes

Dentro do proxecto europeo 'Transformación Dixital para a Inclusión', no cal colaboran oito federacións autonómicas e entre as cales se atopa Fademga Plena Inclusión Galicia, buscan corroborar a utilidade desta nova aplicación a través de profesionais, familias e persoas con discapacidade intelectual. LibRe é un instrumento de avaliación que vai dirixido ao persoal técnico de residencias e outros servizos públicos ou privados nos que adoitan traballar con restricións; concretamente, esta ferramenta de autodiagnóstico vai dirixido a profesionais de servizos que prestan apoios a persoas con discapacidade intelectual en ambientes institucionalizados, maiores en residencias, persoas con enfermidade mental ou menores en eidos restritivos.

Esta é unha iniciativa máis do proxecto ‘Transformación Dixital para a Inclusión’, que está financiado cos Fondos Europeos Next Generation e coordinada polo Ministerio de Dereitos Sociais e Axenda 2030 e forma parte do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia do Goberno de España. Así, Transformación Dixital para la Inclusión desenvolverá ata o 31 de decembro de 2023 unha ambiciosa lista de proxectos que relacionan tecnoloxía coa mellora no acceso a dereitos para as persoas con discapacidade intelectual e do desenvolvemento. Por exemplo: Formación sobre acceso a la tecnoloxía que pretende reducir a fenda dixital coa que se enfrontan as persoas con discapacidade intelectual. Unha alianza con empresas tecnolóxicas para incentivar a accesibilidade de miles de persoas á tecnoloxía. Unha aplicación en liña que informa sobre ofertas de emprego público para persoas con discapacidade intelectual e do desenvolvemento. En este proxecto europeo traballan 8 federacións autonómicas de Plena inclusión, entre as cales se atopa Fademga Plena Inclusión Galicia.