O vindeiro 27 de outubro, o Salón de actos do Hospital da Costa de Burela acollerá a "IV Xornada sobre saúde mental e discapacidade intelectual" organizada pola asociación ASPANANE de Viveiro así como pola propia Federación.
Nesta xornada, declarada de interese sanitario pola Consellería de Sanidade, poderemos escoitar a poñencia do doutor Anxel Carracedo, (investigador e coordinador da Fundación Pública de Medicina Xenómica do SERGAS) sobre a orixe da discapacidade intelectual a través da xenética.
Asemade, durante a sesión da tarde acompañaranos o doutor Luis Carlos Álvarez García, psicólogo clínico do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela (CHUAC), quen nos falará sobre o impacto emocional nas persoas con discapacidade intelectual ou do desenvolvemento e nas súas familias tras a diagnose dunha enfermidade rara, así como sobre a intervención psicolóxica na transición de xénero.
Podedes consultar o programa ao completo seguindo esta ligazón.
INSCRICIÓNS E PRAZO
Aquelas persoas interesadas en participar, deberes enviarnos a Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. a ficha de inscrición que podedes descargar AQUÍ.
O prazo de inscrición estará aberto ata o 20 de outubro.
AFORO LIMITADO.