FADEMGA Plena inclusión Galicia organiza a primeira “Xornada A Sexualidade das persoas con discapacidade intelectual ou do desenvolvemento”. Esta terá lugar o día 20 de outubro na Facultade de Psicoloxía (Rúa Xosé María Suárez Núñez, s/n. Campus Vida. Santiago de Compostela).
Grazas ó traballo do movemento asociativo das entidades, estase a observar un gran avance na mellora da calidade de vida das persoas con discapacidade intelectual, incluíndo a esfera afectivo-sexual.
O obxecto desta Xornada é mellorar o coñecemento nesta temática e poñer o foco de atención na importancia da sexualidade na vida das persoas. Referentes do sector, procedentes de diversas ramas profesionais, falarannos sobre a actualidade deste tema, da educación sexual adecuada, do papel das entidades e familias, a sexualidade das persoas con grandes necesidades de apoio, entre outras. Tamén coñeceremos as Boas Prácticas de entidades levadas a cabo en Galicia no eido da sexualidade.
Pola tarde, teremos a oportunidade de participar nun dos talleres simultáneos dinamizados por estes profesionais, que podedes ver na inscrición e no cartel desta Xornada.
Pincha aquí para descargar a inscrición da xornada.
E preme nesta ligazón para descargar o cartel e programa.
A xornada é gratuíta para entidades federadas, e ten un custo de 10€ para o resto de asistentes (entidades non federadas, estudantes, voluntariado etc).
No formulario de inscrición determinase información sobre o pago.
Entregarase un certificado de asistencia ao finalizar a xornada. A data limite para realizar a inscrición é o 10 de outubro.
Hai un límite de 60 prazas, 20 reservadas para persoas con discapacidade intelectual ou do desenvolvemento. As inscricións admitiranse por orde de chegada.
Para calquera dúbida ou consulta, chama ó 981519650 ou manda correo a Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.