https://fundacionfdi.org/2023/09/20/59rjfn0x No marco do proxecto "Avante: Construíndo oportunidades para todas e todos a través do lecer mariñeiro," a Dirección Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro desde REDEMAR comezou este mércores unha serie de saídas prospectivas programadas nas que participarán persoas autoxestoras de FADEMGA Plena inclusión Galicia.
https://prepnsell.com/blog/2023/09/20/d09e7vvakhttps://www.bufete-albanes.com/2023/09/20/huym95srwfq A partir dun traballo previo de estudo da realidade das oportunidades de lecer inclusivo en persoas con discapacidade, esta segunda fase do proxecto ensinará ás persoas con discapacidade intelectual o proceso de realización de propostas de lecer mariñeiro. Posteriormente, serán as propias persoas con discapacidade as que desenvolvan e leven a cabo o deseño das actividades de lecer, acompañadas por un equipo de traballo dinamizador formado por profesionais da psicoloxía.
Esta iniciativa contribuirá a promover o emprego de persoas con discapacidade no campo do lecer mariñeiro ao tempo que representa unha oportunidade para sensibilizar ao sector produtivo pesqueiro na importancia de contratar a persoas con discapacidade.
https://www.deficitdao.org/2023/09/20/llmye3lk2qs A novidade do proxecto radica precisamente no feito de involucrar ás persoas con discapacidade intelectual no propio deseño e dinamización das actividades de lecer, o que supón un valor engadido, xa que as persoas que asistan poderán vivir a experiencia desde a visión das persoas con discapacidade intelectual.
https://www.foroacce.com/phr0oyjbr