Máis Novas

Listen to this page using ReadSpeaker

Este domingo, coincidindo coa celebración do Día do Libro, a Federación facía públicas as persoas gañadoras do 3º Certame de relato curto, destinado a promover a creación literaria entre as persoas con discapacidade intelectual así como a promover a adaptación a lectura fácil dos contidos culturáis.

O Certame establecía dous premios para os mellores relatos en categoría individual e grupal, que recaeron respectivamente no relato “FELIX E LUCÍA” de Alberto Tallón Parapar (asociación ASPANANE de Viveiro), e “SOÑO” elaborado polo “Laboratorio de linguaxe” de ACEESCA (Porriño). En ambos casos, o xurado atendeu á orixinalidade e creatividade no plantexamento do relato, unido ao cumplimento das normas da lectura fácil.

Asemade, tamén se quixo facer unha mención especial mediante Accésit á obra “PALABRAS MÁXICAS” elaborada por Mónica Pita Molina (asociación CHAMORRO de Narón) polo seu fomento da lectura como experiencia compartida. Os relatos participantes poderán consultarse a través do libro que editaremos próximamente, recopilando todas as obras presentadas.

* * *

Dende FADEMGA Plena inclusión Galicia felicitamos ás persoas gañadoras e animamos a todos aqueles que non consiguechedes premio a intentalo de novo na vindeira edición do Certame, pois o nivel foi moi alto e se cadra a próxima edición pode ser a vosa!!

PREME NESTA LIGAZÓN E DESCARGA O FALLO DO XURADO