Dende a Federación abrimos a convocatoria para a participación en dous novos seminarios, centrados nesta ocasión na educación sexual.
O obxectivo destes encontros é dotar aos participantes da información e das habilidades necesarias para poder contribuír, dende o papel de familiar, a que as persoas con discapacidade intelectual aprendan a coñecerse, a aceptarse e a expresar a súa sexualidade dunha maneira que lles xenere benestar.
Ambos seminarios celebraranse o 9, o 16 e o 23 de maio a cargo do formador Carlos de la Cruz, que neste vídeo dache algunhas das claves dos encontros.
Preme NESTA LIGAZÓN para coñecer as características e temáticas que se abordarán en cada seminario.
INSCRICIÓN
Para poder participar na formación é imprescindible enviar a ficha de inscrición cuberta e asinada a Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
O prazo para enviar a inscrición remata o 21 de abril, momento no que as persoas inscritas recibirán un correo coa ligazón que necesitan para conectarse á formación.
Se tes calquera dúbida podes contactarnos chamando ao 981 51 96 50 ou enviando un correo a Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.