Máis Novas

Listen to this page using ReadSpeaker

Conscientes de que a creación e o fomento dunha contorna laboral diversa e inclusiva contribúe de forma esencial á consecución dos obxectivos da Federación, FADEMGA Plena inclusión Galicia ven de asinar coa representación sindical (CCOO, UGT e CIGA) o primeiro Plan de Igualdade que nos permitará continuar fomentando os principios de igualdade de oportunidades e diversidade dos equipos de traballo, potenciar a presenza de mulleres e reforzar as medidas de conciliación da vida persoal e profesional.

Entre os obxectivos xeráis que se inclúen neste primeiro plan, cabe destacar o impulso de políticas igualitarias e de conciliación entre a vida persoal, familiar e laboral das persoas traballadoras da organización, o fortalecemento da sensibilización e da formación en igualdade de xénero, a incorporación da perspectiva de xénero de forma transversal nos diferentes programas e comunicacións da Federación, o reforzo no uso dunha linguaxe inclusiva e non sexista, a promoción do emprego igualitario e mesmo a erradicación de calquera posible fenda salarial por razón de sexo ou de xénero entre outros.

Asemade, cada unha das áreas de actuación conta cun cronograma de implantación, cunha persoa responsable da súa execución e con indicadores de seguimento para constatar o correcto cumprimento das diferentes medidas acordadas.

A vixencia do Plan será de 4 anos (ata 2027), e someterase a unha avaliación intermedia e unha final, (aos 2 anos de vixencia e ao seu cumprimento ós 4 anos respectivamente) calculando a evolución dos indicadores e o grao de cumprimento das medidas.

A este documento únese a publicación do "Protocolo de prevención do acoso sexual e por razón de sexo", que ven a completar o noso compromiso pola creación de contornas de traballo seguras, saudables, diversas e inclusivas, nas que non ten cabida ningún tipo de discriminación. Nas seguintes ligazóns podes consultar e descargar os documentos:

1º Plan de Igualdade de FADEMGA Plena inclusión Galicia

Protocolo de Prevención do acoso de FADEMGA Plena inclusión Galicia

Protocolo de Prevención do acoso de FADEMGA Plena inclusión Galicia (EN LECTURA FÁCIL)