Máis Novas

Listen to this page using ReadSpeaker

Como continuación da colaboración entre a Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade e a patronal AEDIGAL ponse en marcha unha nova formación dirixida ás entidades de atención a persoas con discapacidade intelectual e do desenvolvemento.

Trátase dun curso en liña sobre a "Prevención e tratamento do acoso sexual e por razón de sexo no traballo”, onde se abordarán conceptos como o acoso sexual e por razón de sexo e se facilitará a identificación de conductas que poden ser constitutivas do mesmo.

Aquelas persoas interesadas en participar, podedes realizar a vosa inscricións ata o 16 de marzo, seguindo esta ligazón

Trala realización desta formación, todas as persoas que obteñan o certificado de aproveitamento poderán realizar o "Curso teórico práctico para a protección integral da liberdade sexual e da integridade moral no traballo", onde se afondará sobre as novidades da lei orgánica 10/2022 que establece unha obrigación positiva para as empresas de promover condicións de traballo que eviten a comisión de delitos e outras condutas contra a liberdade sexual e a integridade moral no traballo. 

Descarga nesta ligazón o folleto informativo do curso.