O obradoiro de apoio ao voto
quere axudar ás persoas
a recordar as cousas máis importantes
sobre as votacións.
O obradoiro será nas instalacións da asociación
e durará unhas 3 horas.
As persoas participantes terán un descanso.
O obradoiro será entre o mes de abril e o mes de maio.
Unha vez rematado o prazo de inscrición
poñerémonos en contacto coas asociacións admitidas
para poñer unha data para ir.
No obradoiro deberán participar un mínimo de 8 persoas
e un máximo de 15 persoas.
A persoa de apoio da asociación non conta como participante.
Para poder participar no obradoiro
debedes enviar as fichas de inscrición
ao correo Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
Podedes descargar a ficha de inscrición
pinchando nesta ligazón.
A persoa de apoio da asociación
tamén ten que enviar a súa ficha de inscrición.
O prazo para enviar a ficha de inscrición
remata o luns 27 de febreiro.
Para aclarar calquera dúbida
podedes chamar ao 981 51 96 50 (extensión 2008)
ou enviar un correo a Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.