A bolsa de persoas auditoras... que é?
A bolsa de persoas auditoras é unha rede de contactos de auditores e auditoras internas de calidade das entidades federadas. Inscribíndose, as persoas auditoras póñense a disposición para auditar internamente a outra entidade e solicitar que alguén da bolsa lles realice a auditoría interna.
Entre os beneficios desta bolsa cabe destacar a superación da rutina e costume que podería supor a realización de auditorías na propia entidade, facilitando que se identifiquen oportunidades de mellora ante outros métodos de traballo e fortalecendo a independencia e obxectividade da auditoría. Tampouco se pode obviar o importante intercambio de coñecemento e de conexións que se forman entre as entidades federadas.
Onde podo obter máis información?
A continuación achegamos varias ligazóns onde podes descargar toda a información relativa á bolsa de persoas auditoras e o seu funcionamento, así como a documentación necesaria para poder inscribirte. O prazo está aberto ata o 27 de xaneiro de 2023, e o día 31 deste mesmo mes daremos a coñecer o calendario co cruce de auditorías internas establecidas.
Se tes calquera dúbida ou cuestión ao respecto, podes contactarnos no teléfono 981 51 96 50, preguntando por Bibi ou Andrea, ou ben a través do mail Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.