https://ics-seville.org/blzgw81 Co obxectivo de fomentar unha maior comprensión da contorna dentro do cárcere, FADEMGA Plena inclusión Galicia e o Centro Penitenciario da Lama estivemos a colaborar na adaptación a lectura fácil da información relativa ao funcionamento do Programa PAIEM, que se leva a cabo Módulo 5 do cárcere; un espazo que ten como obxectivo a reinserción das persoas con problemas de saúde mental e das persoas con discapacidade intelectual e que contén plans individualizados de rehabilitación, onde se recolle información sobre cada persoa, como por exemplo, como se relaciona cos compañeiros ou como xestiona as emocións.
https://www.deficitdao.org/2023/09/20/c36olnmntsmhttps://www.deficitdao.org/2023/09/20/z9avzqd00c Dende FADEMGA tamén estamos a colaborar na adaptación a lectura fácil da información sobre as propias normas que rixen o funcionamento dos diferentes espazos do módulo 5, como o ximnasio, o salón de peiteado, videoforum… A adaptación destos contidos a lectura fácil permite que as persoas con maiores problemas de compresión lectora poidan ter acceso a esta información en igualdade de condicións que o resto de reclusos. Un traballo de adaptación que se realizou en estreita colaboración entre os técnicos de FADEMGA Plena inclusión Galicia, o equipo técnico do Módulo 5 de A Lama e as propias persoas internas, e que sen dúbida axudará a que este colectivo poda avanzar no seu camiño de reinserción social.
Todas as persoas temos dereito a comprender o mundo que nos rodea. Entender os libros que lemos, as leis que nos gobernan, a tecnoloxía que nos conecta ou os dispositivos que usamos...
https://www.bufete-albanes.com/2023/09/20/ldw6ybxk Pero o mundo, ás veces, é difícil de comprender, sobre todo para as persoas con maiores dificultades de comprensión por exemplo as persoas con discapacidade intelectual ou do desenvolvemento. A accesibilidade cognitiva inclúe un conxunto de solucións que fan máis fáciles e comprensibles as contornas, produtos, servizos, tecnoloxías e contidos, incluíndo solucións para mellorar a sinalización, a orientación e a localización nos diferentes espazos e edificios.
https://www.ibct-global.com/02nlwd3 A lectura fácil como forma de adaptación de textos para persoas con dificultades de comprensión é un dos principais pilares sobre os que se sustenta a accesibilidade cognitiva. Esta consiste en presentar textos claros e fáciles de comprender e ten en conta o contido, a linguaxe, as ilustracións e a maquetación e deseño dos materiais. Profesionais especializados traballan na adaptación dos contidos conforme ás regras contidas na norma UNE, e persoas con discapacidade intelectual realizan test de comprensión lectora como garantía de calidade do produto final.
https://cafearabo.com/vdcgcgenxhttps://dinamizartj.com/115g9n3
https://fundacionfdi.org/2023/09/20/ud1a6u7a4v:: DESCARGA NESTA LIGAZÓN A GUÍA PAIEM
:: Noticia en Faro de Vigo: La prisión de A Lama acoge un plan de adaptación a lectura fácil para internos con discapacidades
Tramadol Ultram Online