Despois da súa presentación oficial o pasado mes de outubro, o novo sistema de "Calidade Plena" celebra a súa posta de largo en Galicia, coa xornada que terá lugar o vindeiro 20 de decembro no Hotel Oca - Porta do Camiño de Santiago de Compostela.
Neste encontro contaremos coa participación do Coordinador estatal da Rede de Calidade de Plena inclusión, Santos Hernández, así como coa Responsable federativa de Calidade, Bibiana Sieiro quenes nos explicarán en detalle en que consiste este novo sistema de avaliación. Asemade, tamén nos acompañará Ana Núñez, Responsable de Calidade de ASPANAS, (entidade ourensá que ven de recibir un recoñecemento por ser unha das 6 primeiras entidades acreditadas neste novo sistema), así como o Equipo de Avaliación de Calidade Plena, formado por diferentes perfís do club de persoas avaliadoras (persoas con discapacidade intelectual, familiares e profesionais).
CANDO E ONDE
A xornada terá lugar o 20 de decembro no Hotel Oca Porta do Camiño (Santiago de Compsotela), en horario de 9:45 a 13:45 horas.
COMO PARTICIPAR
Se estás interesado/a en participar, envíanos a túa inscrición debidamente cuberta e asinada a Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
Nesta ligazón podes descargar o PROGRAMA da xornada e a FICHA DE INSCRICIÓN