Máis Novas

Listen to this page using ReadSpeaker

O vindeiro 25 de novembro a Facultade de Psicoloxía da USC en Santiago de Compostela acollerá a 16 edición do Seminario de discapacidade intelectual e saúde mental, que cada ano reúne a profesionais de toda Galicia coa finalidade de difundir os avances e desafíos no ámbito da discapacidade, ao tempo que proporcionamos un foro de encontro e discusión aberto a profesionais, voluntarios e estudantes que se están formando, traballan ou prestan apoios no ámbito da discapacidade intelectual e/ou do desenvolvemento.

Asemade, o Seminario axuda a fomentar a transferencia de investigacións e prácticas profesionais e organizacionais baseadas en evidencias, como o prototipo de redución de prácticas restritivas, e ofrece aos profesionais información e formación, teórica e práctica, sobre a creación de espazos emocionais. 

Seguindo esta liña temática, este ano o Programa inclúe un relatorio sobre como cambiar as crenzas coa dignidade como base e outro sobre como reducir as prácticas restritivas, finalizando cun último espazo destinado a aprender como coidar dos demáis pero tamén de nós mesmos. 

:: CÓMO PARTICIPAR

O prazo para realizar a vosa inscrición estará aberto ata o vindeiro 18 de novembro.

Lembrade que debedes enviar a inscrición debidamente cuberta e asinada a Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

Podedes descargar a inscrición e programa da xornada NESTE ENLACE.