O Concello de Vigo, a través da súa Concellería de Benestar Social, ven de concedernos unha nova axuda económica, no marco das "Subvencións a entidades e asociacións sen ánimo de lucro, para a realización de actividades na área dos servizos sociais no ano 2022" por unha contía de 2.161,92 euros.
Esta axuda destinarase ao noso Servizo de Emprego e Formación na provincia.