Máis Novas

Listen to this page using ReadSpeaker

AEDIGAL, Asociación empresarial para a discapacidade intelectual e do desenvolvemento pon en marcha a primeira "Xornada sobre contratación pública estratéxica e análise da eficiencia dos centros especiais de emprego de Galicia", que terá lugar o vindeiro 5 de outubro na sede de Afundación (Rúa do Vilar, 19. Santiago de Compostela). 

Este encontro contará con dous relatores expertos sobre cláusulas sociais en procesos de contratación pública así como na análise da eficiencia dos Centros Especias de Emprego galegos, temáticas que xogan un papel moi importante na sustentabilidade económica dos nosos centros e que se presentan como unha oportunidade para contar co apoio da Administración. 

:: INSCRICIÓNS

Se estás interesado/a en participar, achéganos esta inscrición debidamente cuberta e asinada a Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo., tendo de prazo para facelo ata o luns 3 de outubro.

A xornada terá lugar o día 5 de outubro na sede de Afundación (Rúa do Vilar, 19. Santiago de Compostela) dende as 9:00 horas ata as 14:15 horas.

Preme nesta ligazón para descargar o programa completo.