Máis Novas

Listen to this page using ReadSpeaker

 Dende marzo de 2020, cando se declara a situación de estado de alarma pola COVID-19, enfrentámonos a situacións sen precedentes. A pesar de que as consecuencias da pandemia son xerais, son as persoas que se atopan nunha posición máis vulnerable as que se están a ver máis afectadas. Este é o caso das persoas con discapacidade intelectual e do desenvolvemento  e as súas familias. 

Diferentes estudos afirman que: 

- Un 63% de familiares que pasaron o confinamento coa persoa con discapacidade intelectual e do desenvolvemento experimentaron máis estrés e ansiedade debido á sobrecarga de coidado e a dificultades para conciliar a vida familiar e laboral. 

- 1 de cada 3 familias de persoas con discapacidade intelectual e do desenvolvemento afronta a situación actual con sobrecarga, estrés e grandes dificultades emocionais. 

Este escenario fai necesaria a posta en marcha de accións para ofrecer ferramentas e estratexias de autocoidado as familias, e con este obxectivo xorde esta nova xornada, que tamén pretende ser un espazo de intercambio onde xerar novas relacións sociais e fomentar ferramentas positivas. 

COMO PARTICIPAR

A xornada celebrarase o 7 de outubro no salón de actos de FADEMGA Plena inclusión Galicia. Nesta ligazón podes descargar o plan de traballo así como a inscrición, que terás que enviar debidamente cumprimentada a Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. tendo e prazo ata o 30 de setembro. 

Unha vez rematado o prazo de inscrición, confirmaremos praza vía mail.


 

** Actividade enmarcada no Programa de saúde mental e envellecemento, a cargo do 0´7 % do IRPF