A Deputación de Ourense ven de conceder á nosa Federación unha nova subvención pola contía de 3.150 euros, destinada aos nosos Servizos de emprego para persoas con discapacidade intelectual ou do desenvolvemento na provincia.
Grazas a estes apoios, FADEMGA Plena inclusión Galicia continuará a desenvolver actividades orientadas á mellora da empregabilidade do noso colectivo.