Máis Novas

Listen to this page using ReadSpeaker

O proxecto de "Pensamento libre" xa é unha realidade asentada en boa parte da nosa comunidade, pero queremos continuar medrando e por elo sacamos unha nova convocatoria para que vos anotedes nos grupos que formaremos este ano, que por primeira vez inclúen a cidade de Lugo.  

Non coñeces os grupos de Pensamento Libre? Explicámosche: 

"Pensamento Libre" é un proxecto alternativo, onde pensamos en liberdade, e que está orientado a empoderar ás persoas con discapacidade intelectual.

As sesións de pensamento libre están dirixidas a persoas con discapacidade intelectual, familias, profesionais e voluntarios, co obxectivo de ofrecer un espazo para o pensamento e o diálogo con outros membros da sociedade, considerando que o pensamento exercido en liberdade, é unha das dimensións que nos constrúe como persoas.

Se aínda non formas parte da nosa familia de "librepensadores"... anímate a unirte! 

Documentación, inscrición e prazo

Agora que xa estás convencid@, accede neste link á información sobre o proxecto.

Cubre a ficha de inscrición e envíaa ao correo Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. antes do 22 de febreiro

 

INFORMACIÓN EN LECTURA FÁCIL

 

Fademga Plena inclusión Galicia

abre unha nova convocatoria

para participar nos grupos de Pensamento Libre.

 

O proxecto de Pensamento libre

está formado por grupos de persoas

con e sen discapacidade intelectual

que se reúnen para falar en liberdade

sobre temas que lles interesan. 

 

Os grupos de Pensamento libre

creceron moito nos últimos anos

e por primeirva vez vaise organizar un grupo

na cidade de Lugo. 

Tamén hai grupos nas cidades de Santiago e Pontevedra. 

 

Para participar nestes grupos

tes que cubrir a ficha de inscrición 

que podes descargar neste enlace: 

Ficha de inscrición 

 

Para saber máis sobre os grupos

podes descargar unha explicación con máis detalle

neste enlace: 

Grupos de Pensamento libre 2022