Despois dunha última edición reducida por mor da crise sanitaria, regresa o Programa de Vacacións - IMSERSO, adaptado á nova realidade, pero a pleno rendemento!
Unha boa oportunidade para retomar as actividades de lecer e de socializar en contornas normalizadas; unha asignatura pendente na que traballamos arreo, co fin de conseguir un ocio inclusivo e de calidade onde sexan as propias persoas con discapacidade intelectual as que decidan.
Que mellor maneira de deixar atrás dous anos de aillamento? Vacaciónate!
Neste cadro podes ver os destinos ofertados este ano.
:: CONVOCATORIA E PRAZOS
No seguinte enlace "Actuacións de Turismo IMSERSO - Plena inclusión España" podes atopar toda a documentación necesaria para realizar a solicitude.
Lembra que o prazo estará aberto ata o 28 de febreiro.
INFORMACIÓN EN LECTURA FÁCIL |
En Fademga Plena inclusión Galicia
abrimos o prazo para participar
no Programa de Vacacións do IMSERSO.
O IMSERSO é un organismo
do Ministerio de Sanidade, Consumo e Benestar Social.
Este programa serve para que persoas con discapacidade intelectual
podan gozar duns días de vacacións
noutras partes de España.
Todo o mundo ten dereito a gozar das súas vacacións
e do seu tempo libre
en igualdade de condicións.
O prazo para inscribirte no Programa
está aberto ata o 28 de febreiro.
Ponte en contacto coa túa asociación
e alí informarante sobre como podes participar.
Se non eres membro dunha asociación
podes contactar directamente connosco
na seguinte dirección de correo
Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
ou chamando ao 981 519 650
e axudarémosche no que precises.