Máis Novas

Listen to this page using ReadSpeaker

Dende FADEMGA Plena inclusión Galicia continuamos un ano máis co noso Servizo Xurídico, orientado a informar e aconsellar ás persoas con discapacidade intelectual e as súas familias nas dúbidas de carácter legal e xurídico que podan ter en temas como a adopción de medidas de apoio á capacidade xurídica (a denominada anteriormente como tutela), a elaboración do testamento, ou o patrimonio protexido. Un recurso se cabe máis necesario durante o 2022, despois da entrada en vigor da reforma civil e procesal en materia de discapacidade.  

Como ven sendo habitual, a través deste servizo ofrecemos durante o ano dúas modalidades de consulta:

a) As charlas xurídicas: a través destas charlas pretendemos achegar temas xurídicos de relevancia dun xeito ameno e próximo ás persoas con discapacidade intelectual ou do desenvolvemento e ás súas familias. Ofrecemos dúas posibilidades para a súa organización: por un lado pódese solicitar unha charla presencial, que tería lugar no espazo que facilite a asociación, e por outro lado está a posibilidade da charla online, a través da plataforma zoom. 

b) As consultas individuais: estas consultas están pensadas para resolver dúbidas persoais tanto das propias persoas con discapacidade intelectual como das súas familias. A nosa avogada poderá atender as consultas presencialmente ou a través de videochamada de WhatsApp.

Preme neste enlace e descarga a información ao completo deste Servizo así como os documentos de solicitude das charlas e consultas individuais. 

 


 

VERSIÓN EN LECTURA FÁCIL

 

Fademga ofrece ás persoas con discapacidade intelectual 

e ás súas familias

a posibilidade de pedir apoio en temas legáis

que poden resultar dificiles de comprender. 

 

Este apoio axuda a resolver dúbidas de tipo legal

como por exemplo as herdanzas, as tutelas 

ou todo o relacionado con novas leis de discapacidade. 

 

Este apoio pode solicitarse de dúas formas diferentes. 

Podes pedir apoio mediante unha charla xurídica

ou mediante unha consulta individual. 

 

A charla xurídica pode ser presencial na túa entidade

ou a través da plataforma Zoom. 

Estas charlas fanse en grupo con familias

e con persoas con discapacidade intelectual. 

 

Tamén podes solicitar unha consulta individual. 

A consulta individual sirve para que podas plantexar

dúbidas máis persoais. 

 

Neste enlace podes consultar toda a información completa

sobre o Servizo Xurídico

e tamén podes descargar a documentación

para solicitar as charlas ou a consulta individual. 

 

Se tes algunha dúbida, 

podes escribir un correo electrónico a Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.