Máis Novas

Listen to this page using ReadSpeaker

Co obxectivo de que a sociedade abra as portas á inclusión e deixe atrás os estereotipos que históricamente afectaron ás persoas con discapacidade intelectual e ás súas familias, poñemos en marcha a nova campaña de comunicación, na que contamos coa colaboración das persoas autoxestoras de FADEMGA así como de usuarios e usuarias da asociación ASPAS de Santiago de Compostela. 

Deste xeito, a campaña pon o foco nalgúns dos principais eidos que abordamos dende a Federación, como a necesidade de contar con máis información en lectura fácil, de romper estereotipos e visibilizar a aquelas persoas que teñen maiores necesidades de apoio, de impulsar o envellecemento activo e mesmo de promocionar a saúde mental e benestar persoal. 

Todo elo dende unha perspectiva positiva, que invite á sociedade a sumarse á nosa causa!

Anímate e abre a túa porta!

 

A CAMPAÑA EN IMAXES: 

 :: Abre a porta á confianza

:: Abre a porta á experiencia

:: Abre a porta á accesibilidade cognitiva

:: Abre a porta aos apoios

:: Abre a porta ao talento 

 

:: Abre a porta á inclusión