Apoiar a boa vellez das persoas con discapacidade intelectual ou do desenvolvemento, identificar os apoios que precisan e os cambios que se producen na persoa cunha idade avanzada son algúns dos obxectivos que nos marcamos na Federación. Para elo, dar unha formación continua aos profesionais que abordan estas realidades complexas é de vital importancia.
Con esta finalidade poñemos en marcha unha sesión de traballo que pretende ser un espazo de intercambio e reflexión para adquirir coñecementos, habilidades e actitudes para apoiar as persoas maiores con discapacidade intelectual ou do desenvolvemento e que está dirixida a profesionais, familias e/ou voluntarios.
A sesión terá lugar o vindeiro 22 de outubro, en horario de 10:00 a 14:00 e de 15:30-18:30 horas no salón de actos de FADEMGA Plena inclusión Galicia.
Se tedes interese en participar, o prazo para enviar a vosa inscrición estará aberto ata o 15 de outubro. Podedes descargar NESTE ENLACE a inscrición e enviala a Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
Consulta aquí o PROGRAMA ao completo.
*Actividade enmarcada no Programa de saúde mental e envellecemento activo e financiado grazas a todas aquelas persoas que marcan o X Solidario na súa declaración da renda