Máis Novas

Listen to this page using ReadSpeaker

A Delegación de FADEMGA Plena inclusión na provincia de Ourense ven de recibir unha nova axuda por parte da Deputación Provincial, por unha contía de 3.000 euros. 

Esta axuda destinarase a todas aquelas actividades centradas na mellora das habilidades prelaboráis das persoas con discapacidade intelectual así como a sensibilizar e coñecer o tecido empresarial da provincia, realizar actividades de inserción sociolaboral e a prestar todos os apoios necesarios para a consecución e mantemento do posto de traballo.