Máis Novas

Listen to this page using ReadSpeaker

Co obxectivo de visibilizar o talento das persoas con discapacidade intelectual e de promover a cultura e a elaboración de información accesible, FADEMGA Plena inclusión Galicia convoca a segunda edición do concurso de relato curto. 

CATEGORÍAS CATEGORIA A: relatos individuais.

CATEGORIA B: relatos grupais.

OS PARTICIPANTES

Poderán concursar tódalas personas con discapacidade intelectual ou do desenvolvemento que o desexen (pertenzan ou non a unha entidade federada), de maneira individual ou en grupo, e poderán contar co apoio dun profesional, voluntario, familiar para a realización do relato (os apoios poderán ser de maneira telemática)

O RELATO

- O relato deberá ter unha extensión mínima de 4 follas e máxima de 10.

- O tema será libre e deberá estar escrito en galego.

- Admitirase un máximo de 2 obras por autor/es en cada modalidade.

- Tódalas obras constarán de título e estarán asinadas cun pseudónimo.

- Deberán ser orixinais e inéditas (Non ter sido presentadas nin premiadas noutro certame)

- Os e as participantes cederán os dereitos das obras así como da súa difusión en exclusiva a FADEMGA Plena inclusión Galicia.

COMO E ATA CANDO PRESENTALA?

Dentro dun sobre incluirase o traballo orixinal, asinado co pseudónimo do autor/es e a categoría (A ou B). Dentro dese sobre, incluirase outro sobre pechado no que figurarán o nome e apelidos dos autores, así como a súa entidade, idade, domicilio e teléfono de contacto. Este sobre soamente se abrirá unha vez seleccionados os traballos gañadores.

O prazo para enviarnos as obras a concurso foi ampliado ata o 15 de setembro de 2020.

Deberán enviarse á seguinte dirección e co seguinte asunto:

FADEMGA Plena inclusión Galicia

“2º CERTAME LITERARIO DE RELATO CURTO”

Vía Pasteur, nº53-A. Polígono do Tambre.

Santiago de Compostela, 15890. (A Coruña)

 

XURADO E AGASALLOS

O xurado estará composto por xunta directiva, profesionais da Federación e persoas con discapacidade intelectual con experiencia no ámbito da validación de textos.

O fallo darase a coñecer o 1 de outubro de 2020 mediante a nosa web e redes sociais.

Outorgarase un Primeiro Premio composto por un lote de libros adaptados a lectura fácil así como dúas Mencións de Honra en cada categoría.

O xurado resérvase a posibilidade de declarar deserto o concurso, no caso de que as obras non cumpran as bases do mesmo.

 

DESCARGA AQUÍ AS BASES DO CONCURSO

DESCARGA AQUÍ AS BASES EN LECTURA FÁCIL