FADEMGA - Plena inclusión - Galicia Iniciamos o ano con forza, poñendo en marcha unha nova convocatoria de pilotaxes.

  Máis Novas

Listen to this page using ReadSpeaker

Como sabedes, as pilotaxes son programas que nacen para xerar micro transformacións, a través dunha temporalidade e metodoloxías concretas e mediante a creación de equipos específicos para desenvolvelos nas entidades.

Este ano, contamos con 2 novas convocatorias de pilotaxes:

- Proxectos cara a servizos centrados nas persoas en nas súas familias. (Servizos centrados na comunidade)

Moitos dos centros e servizos cos que contamos foron creados na visión do déficit, dende un enfoque centrado na discapacidade e nas limitacións da persoa.  Neste momento é urxente e prioritario desenvolver novos modelos de prestación de apoios e servizos, así como novas prácticas, que contribúan a avanzar cara a modelos de apoio e tipoloxías de servizos centrados nas persoas (cada persoa e a súa familia) co fin de promover e facilitar a inclusión na comunidade.

- Proxecto de educación inclusiva. 

 O proxecto de educación inclusiva persigue facilitar un proceso de transformación cara unha educación inclusiva. Promove o desenvolvemento de procesos de innovación na aula, implementando metodoloxías de aprendizaxe innovadoras e que actualmente están sendo aplicadas en entornos escolares ordinarios con bos resultados.

NESTE ENLACE dispoñedes de información relativa a cada unha destas pilotaxes, calendario coas principais actividades, os criterios de selección das entidades e a documentación a presentar (solicitude e compromiso de participación).

ENVÍO DE SOLICITUDES: Podedes enviar ás vosas solicitudes ó correo Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

PRAZO: O último día para enviar as solicitudes remata o xoves 23 de xaneiro