FADEMGA - Plena inclusión - Galicia Novo éxito no proceso selectivo de persoal funcionario subalterno

  Máis Novas

Listen to this page using ReadSpeaker

O pasado 26 de decembro publicábanse as notas do primeiro exercicio (celebrado o 1 de decembro en Silleda) do proceso selectivo para o ingreso na agrupación profesional do persoal funcionario subalterno da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, en prazas reservadas para seren cubertas por persoas que acrediten discapacidade intelectual.

Despois de que o tribunal establecera a nota corte en 45 puntos, pasaron á seguinte fase do proceso selectivo 113 persoas. Destas 113 persoas 101 pertencen a FADEMGA Plena inclusión Galicia, o que supón o 89,4%.

Dende a Federación queremos felicitar a tódolos alumnos polo seu esforzo e animámoos a continuar nesta liña de éxitos e superación que de seguro acabará na consecución dun emprego de calidade para todos eles.