O pasado 10 de decembro tivo lugar unha segunda sesión de consultoría sobre plans de persoas Plena inclusión que foi dirixida Por Juan Fontela, director de persoal de ASPRONAGA que participou no equipo motor do modelo de Plans de persoas Plena inclusión e ten máis de dez anos de experiencia en implantación, mantemento e mellora segundo o modelo de plans de persoas de Plena inclusión.
En total son catro as entidades que están asistindo a estas sesións de consultoría; concretamente ASPANAS, ASPADEZA, ASPANAEX e AMIPA.
Nesta segunda sesión, as catro entidades compartiron as súas diagnoses respecto aos recursos humanos e plantexaron posibles liñas de traballo en relación a análise realizada. A execución do proxecto promovido por FADEMGA Plena inclusión Galicia, pode facerse realidade grazas a financiación da Fundación ONCE, a confederación Plena inclusión e esta impulsando que entidades federadas teñan un novo enfoque da dirección e desenvolvemento de persoas; considerando os recursos humanos como factor diferencial, en relación co seu entorno, e en relación coa finalidade e obxectivos das actuacións que desenvolven.
Os plan de persoas Plena inclusión pretenden acadar os seguintes obxectivos:
- Acadar unha visión compartida de tódolos membros do equipo de en que organización se está e para que.
- Ser un marco no que se deixe claro, e do xeito máis equilibrado posible, que é o que pide a organización aos seus profesionais, máis alá das tarefas propias da súa función, e que é o que lles ofrece, sempre nun marco de mellora continua.
- Lograr a corresponsabilidade de todos en que o equipo funcione ben. Elo é responsabilidade da dirección, pero tamén de todos e cada un dos membros.
- Facilitar a mellora individual e profesional dos membros do equipo a través da xestión das competencias, entendidas estas como un “Conxunto de coñecementos, aptitudes e actitudes que se deben aportar a un posto de traballo para realizalo co máis alto grao de eficiencia”.
- Promover a satisfacción laboral e a busca da máxima competencia profesional.