FADEMGA - Plena inclusión - Galicia Xornada para compartir avances, descubrimentos e retos nos procesos de transformación cara a servizos centrados nas persoas

  Máis Novas

Listen to this page using ReadSpeaker

Que nos leva a transformarnos?

Onde nos atopamos?

Cara onde imos?

Dirixido a persoas directamente implicadas en microproxectos e pilotaxes en Galicia, pero tamén a calquera persoa interesada en coñecer o proxecto de transformación de Plena inclusión, poñemos en marcha esta iniciativa a través da cal reflexionaremos xuntos sobre a transformación cara servizos centrados nas persoas.

Actualmente xa se están a desenvolver 23 proxectos de microtransformación así como novas metodoloxías de traballo mediante pilotaxes en Apoio Activo, Apoio Condutual Positivo, Planificación Persoal por Adiantado, Asistencia Persoal ou Transición á vida Adulta. 

Onde, cando e como participo?

A xornada terá lugar na Cidade da Cultura (Sala Einsenman) o vindeiro 16 de xullo de 10:00 a 18:00 horas

Para participar é necesario enviar a inscrición cuberta e asinada, xunto co xustificante de pago por e-mail a areasocial@fademga, ata o día 5 de xullo.

Descarga aquí tódala información e a inscrición da xornada.