FADEMGA - Plena inclusión - Galicia Galicia participará no 2º encontro de prácticas admirables con 11 boas prácticas

  Máis Novas

Listen to this page using ReadSpeaker

En total, a este encontro presentáronse máis de 200 experiencias nacionais e internacionais, pero só 12 optarán a ser valoradas como Prácticas Admirables e 3 optarán a Prácticas Excelentes.

Plena inclusión celebra os próximos 26 e 27 setembro o “2º Encontro de Prácticas Admirables”. Co lema “Ao contraxeito, construímos comunidades inclusivas” este encontro recollerá as prácticas mellor valoradas no traballo pola loita dos dereitos das persoas con discapacidade intelectual e as súas familias.

Pechado o prazo para a presentación das Prácticas, Galicia participará este ano cun total de 11 Boas Prácticas que podedes ver a continuación:

 

FADEMGA PLENA INCLUSION GALICIA / Aténdeme-enténdeme

FADEMGA PLENA INCLUSION GALICIA / Irmandade Galaica en acción

JUAN XXIII / Programa de Acompañamento en Momentos Vitais Críticos

ASPRONAGA / Coruña ao teu alcance. Tí eres Coruña.

ASPADEZA / Voluntariado en residencia de maiores

ASPADEZA / “Eu tamén quero opinar, decidir e implicarme”: Incorporación dunha persoa con discapacidade intelectual á Xunta Directiva

BATA / Experiencias de Vida Adulta

BATA / Coñezo os meus dereitos

RAIOLAS LUGO / Lugo fala FALA

AMICOS / Eu guíote, eu guíome

ACEESCA / O meu pasaporte ao mundo

 

Prácticas sobre accesibilidade cognitiva, tecnoloxía, emprego, saúde, voluntariado e muller, son as máis numerosas nesta ocasión. Pero por riba de todos, o ámbito con máis experiencias é o de educación.

Este ano, como novidade, abriuse a posibilidade de que se presenten prácticas asociacións ou empresas que non pertenzan ao movemento asociativo Plena inclusión. FADEMGA Plena inclusión Galicia, Federación de asociacións en favor das persoas con discapacidade intelectual, conta na actualidade con 40 entidades galegas federadas que prestan servizo a 4.409 persoas con discapacidade intelectual, e 8.269 socios.