FADEMGA - Plena inclusión - Galicia "Katia: a miña filla"

  Máis Novas

Listen to this page using ReadSpeaker

En España hai 63.610 persoas con discapacidade intelectual ou do desenvolvemento que teñen grandes necesidades de apoio.

Son persoas con trastornos de saúde mental ou conduta, problemas de mobilidade, dificultades de comunicación ou outras discapacidades asociadas á súa discapacidade intelectual. Persoas invisibles das que apenas se fala nin se teñen datos, e que se caracterizan por necesitar apoios intensos nunha gran parte de actividades que supoñen o benestar de calquera persoa: o coidado persoal, a vida no fogar e na comunidade, as relacións sociais, a educación, o lecer, o emprego…

Por todo elo, en FADEMGA Plena inclusión traballamos para sensibilizar sobre a realidade destas persoas e a das súas familias, mostrando as súas diferentes situacións vitais e reivindicando o pleno exercicio dos seus dereitos.

:: A historia de Katia.

A través da experiencia de Katia, queremos poñer voz ás familias que afrontan cada día un importante desgaste físico e psicolóxico, e que requiren respostas firmes de apoio.

Dirixímonos a toda a sociedade, e especialmente a aqueles dos que dependen a felicidade e a vida digna e plena das persoas, como os políticos, os técnicos da administración, os medios de comunicación... A todos eles, querémoslles transmitir que estas familias non buscan unha resposta compasiva, senón xustiza e igualdade.

Dende FADEMGA Plena inclusión comprometémonos a avanzar tendo en conta a realidade de CADA persoa e de CADA familia, apoiándoas para que podan ter unha vida plena e en igualdade de dereitos ao resto da sociedade.

Mira aquí a historia completa de Katia: