FADEMGA Plena inclusión Galicia e as súas entidades membro, recibiron financiación destinada a diferentes programas e proxectos de investimentos, a través da Subvención da Consellería de Política Social destinada á "Realización de Programas de Interese Xeral para Fins de Carácter Social" con cargo á asignación tributaria do 0`7% do IRPF.
No caso dos proxectos de investimento, beneficiáronse un total de 20 entidades: AS BURGAS, JUAN XXIII, ASPABER, JUAN MARÍA (VALLE MIÑOR), SAN XEROME, ACEESCA, ASPAS, ASPANAS, AGASFRA, ASPAVI, SPECIAL OLYMPICS GALICIA, ASPNAIS, AMICOS, AUTISMO OURENSE, ASPRONAGA, ASPANANE, ASPANAEX, PRODEME, CON ELES, ASPADEZA, así como a propia federación FADEMGA Plena inclusión Galicia, a cal puido adquirir un vehículo con etiqueta Cero, mediante o proxecto denominado “Vehiculos sostibles e accesibles”.
En canto aos programas concedéronse un total de 5 proxectos que executarían as entidades BATA, RAIOLAS-LUGO, SAN XEROME EMILIANI, AUTISMO OURENSE E AMICOS.
Grazas a esta axuda, a Federación tamén poderá executar de xeito directo os seguintes programas: Collendo impulso cara a inclusión social, Cidadanía Activa e Accesibilidade Cognitiva, Apoio familiar e persoal, Respiro familiar, Apoio a Mulleres, Apoio á Inclusión social e laboral, Saúde mental e Envellecemento Activo e Formación e Organización do Voluntariado.