FADEMGA - Plena inclusión - Galicia Xa podes inscribirte na bolsa de auditores/as de FADEMGA Plena inclusión Galicia

  Máis Novas

Listen to this page using ReadSpeaker

Un ano máis, poñemos en marcha a convocatoria da bolsa de auditores/as de FADEMGA Plena inclusión Galicia

Qué é?

A bolsa de auditores/as e unha rede de contactos de auditores internos de calidade das entidades federadas.

As persoas auditoras que se inscriben, póñense a disposición para auditar internamente outra entidade e solicitar ser auditados por alguén da bolsa.

O obxectivo é xerar un intercambio do coñecemento entre as entidades federadas, aprender o que se fai noutras organizacións e identificar melloras para a propia asociación, ao tempo que ensinamos o que facemos na entidade e aportarmos posibles solucións.

Asimesmo, supérase a rutina e costume que podería supor a realización de auditorías na propia entidade, facilitando que se identifiquen oportunidades de mellora ante outros métodos de traballo e fortalecendo a independencia e obxectividade da auditoría.

 

Onde podo obter máis información?

Podedes atopar tódala información sobre esta convocatoria nos seguintes enlaces:

Díptico da Bolsa de auditores/as internos FADEMGA Plena inclusión Galicia.

Ficha de inscrición na Bolsa de auditores/as internos/as

Compromiso da Bolsa auditores/as internos

 

Ata que día podo apuntarme?

O prazo está aberto ata o 22 de Febreiro de 2019

 

Cando coñecerei quen me auditará e a quen auditarei?

O 1 de marzo de 2019