FADEMGA - Plena inclusión - Galicia "Míranos, escóitanos,apóianos"

  Máis Novas

Listen to this page using ReadSpeaker

Ser muller con discapacidade intelectual marca unha traxectoria de triple discriminación e engade barreiras que dificultan o exercicio dos seus dereitos, a participación social así como o acceso á formación, ao emprego, a saúde e á autonomía persoal.

Por iso desde a Federación poñemos en marcha esta xornada, -dirixida tanto a homes como mulleres- e orientada a visibilizar esta realidade e dar voz a estas mulleres que teñen moito que dicir e aportar á sociedade, e que nos ensinarán o vindeiro 27 de novembro que elas tamen contan.  

A través de pequenas pezas audiovisuais, falarannos sobre as súas propias experiencias de vida, abordando temas tan complexos como a discriminación, a importancia da autonomía e a independencia, o maltrato e a discriminación que sufriron algunhas delas durante a súa vida e mesmo a sexualidade e as relacións de parella.

Como parte desta xornada, tamén se levarán a cabo difrentes talleres simultáneos sobre:

- Prevención da violencia de xénero

- Promoción da igualdade entre homes e mulleres

- Educación afectivo-sexual

- Empoderamento

- Anatomía femenina

 

Como anotarte?

A xornada está dirixida tanto a homes como mulleres con discapacidade intelectual e profesionais das entidades federadas.

Se estás interesada/o en asistir, descarga esta FICHA DE INSCRICIÓN.

O prazo para anotarvos estará aberto ata o vindeiro 19 de novembro.

A inscrición no Seminario terá un custe de 11 € (a comida inclúese no prezo da xornada)

Cada entidade deberá facer un ingreso conxunto por todas as persoas interesadas.

Cada entidade deberá enviar as inscricións e o xustificante de pago a Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

O número de conta é o ES87 2080 0300 8930 4012 6857 (indicar no concepto do pago “Xornada muller e Nome da entidade”)


 

Descarga aquí:

A inscrición da xonada

O Programa da Xornada

O folleto sobre o Programa de Muller

O Cartel da Xornada