Ser muller con discapacidade intelectual marca unha traxectoria de triple discriminación e engade barreiras que dificultan o exercicio dos seus dereitos, a participación social así como o acceso á formación, ao emprego, á saúde e á autonomía persoal.
Por todo elo, dende FADEMGA Plena inclusión Galicia traballamos promovendo accións para o empoderamento das mulleres con discapacidade intelectual, fomentando actitudes cara á igualdade entre mulleres e homes, formando e apoiando a persoas con discapacidade intelectual ou do desenvolvemento para a prevención de situacións de violencia de xénero e concienciando aos poderes públicos e á sociedade en xeral da necesidade de incluír a perspectiva de xénero nas políticas sobre discapacidade e a perspectiva da discapacidade nas políticas de igualdade entre mulleres e homes.
Co fin de visibilizar a estas mulleres, lanzamos unha nova campaña de concienciación social, da que podadedes ver un adelanto neste vídeo, e que descucbriredes na súa totalidade o vindeiro 27 de novembro.