FADEMGA - Plena inclusión - Galicia "A responsabilidade penal das asociacións" tema protagonista dunha nova xornada formativa

  Máis Novas

Listen to this page using ReadSpeaker

Co obxectivo de que técnicos e directivos das entidades membro da federación se formen sobre a responsabilidade penal das nosas organizacións ante posibles actos delictivos, poñemos en marcha esta nova xornada que será impartida por Pilar Paz García (Avogada, mediadora e Compliance Officer).

A sesión formativa, de duas horas de duración, permitirá que nos acheguemos ao concepto de Compliance, así como á responsabilidade penal da persoa xurídica, aos delitos que desencadean dita responsabilidade penal, a identificación, análise e avaliación de riscos, ou a implantación, supervisión e monitorización dos programas de compliance.

Dita sesión celebrarase o 13 de novembro, na sede de FADEMGA Plena inclusión Galicia (Vía Pasteur, nº53-A. Poligono do Tambre. Santiago de Composela) en horario de 16.30 a 19:00 horas

Preme no seguinte enlace para descargar a Ficha técnica da sesión e Ficha de inscrición.

O prazo para anotarse rematará o vindeiro 5 de novembro de 2018.

As solicitudes deberán ser efectuadas polas asociacións ás que pertencen os interesados. Debe enviarse a ficha de inscrición asinada polos/as alumnos/as vía e‐mail a Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.